A pragmática é un subcampo da lingüística adicado ao estudo do modo en que o contexto inflúe na interpretación do significado.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
O contexto debe entenderse como situación, xa que pode incluír calquera aspecto extralingüístico. A deíxe é unha expresión usada para referirse a estes aspectos extralingüísticos cuxa interpretación pode variar dependendo de determinados factores que forman parte do contexto.
A referencia é un acto realizado por un comunicante que envía unha mensaxe (xa sexa falada, escrita ou mediante outros códigos lingüísticos) para identificar algo. Para este fin utiliza determinadas expresións. Así e todo, a inferencia é un acto que debe ser realizado polo receptor da mensaxe (oínte, lector...) para interpretar correctamente a referencia. As palabras en si non refiren, senón que o que refire é quen as emprega.
O principio cooperativo, tamén coñecido como Máximas de Grice foi redactado polo filósofo Paul Grice co propósito de describir as regras pragmáticas que rexen a conversación en linguaxe natural.
Porén, con frecuencia estas máximas non se cumpren. De feito, adóitanse romper de forma intencionada para transmitir información de forma non literal (mediante a ironía, por respecto etc.)
As implicaturas son significados adicionais que o receptor dunha mensaxe infere cando o emisor parece estar violando unha das máximas do principio cooperativo.
O filósofo inglés J. L. Austin, elaborou nos anos sesenta unha teoría que se coñece como Teoría dos Actos de Fala. Nela defende que falar non é soamente "informar" senón tamén "realizar" algo. A proposta foi coñecida a través do seu libro (publicado por primeira vez en 1962) How to do things with words. A súa postura ía en contra das aproximacións máis tradicionais que vían a linguaxe en función da mera transmisión de información. Centrouse no estudo dos que denominou verbos "performativos" como prometer, demandar, xurar, acusar etc. Para Austin, o acto de fala ten tres niveis, ou se realiza a través de tres actos conxuntos, o acto locutivo, que consiste en enunciar a frase en cuestión, o acto ilocutivo, que consiste en levar a cabo algo a través das palabras (prometer, ameazar, xurar, declarar) e o acto perlocutivo que consiste en provocar un cambio no estado de cousas ou unha reacción no interlocutor.
Moitos investigadores continuaron traballando coa teoría de actos de fala. O máis destacado foi un discípulo de Austin, John Searle.
As presuposicións, segundo Strawson, son un tipo de inferencia pragmática baixo as seguintes condicións:
O símbolo >> emprégase para expresar a relación de presuposición. De tal forma que «a >> b», significa «a presupón b».
Infírense de expresións posesivas ou determinativas xa que en calquera delas se asume a existencia do expresado polo emisor. Por exemplo:
This article uses material from the Wikipedia Galego article Pragmática, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.