Mensaxe: Unidade da comunicación

Unha mensaxe, no senso máis xeral, é o obxecto da comunicación, a secuencia que prové información, e que pode referirse tamén a esa información en si e ao seu formato.

Máis precisamente, na Teoría da Comunicación, unha mensaxe é unha información conformada por unha secuencia de sinais que corresponden a regras de combinación precisas, que é enviada por un emisor a un (ou varios) receptores, por medio dunha canle que serve de soporte físico á transmisión. A forma de transmisión varía conforme a natureza do sistema de comunicación e o código usado: ondas sonoras, luces, movemento, impulsos mecánicos ou eléctromagnéticos etc.

Dependendo do contexto, o termo mensaxe pódese ver aplicado tanto ao contido transmitido como á forma no que se transmite. Na Teoría da Comunicación, o significado da mensaxe non se considera pertinente, xa que o que se transmite é unha forma e non un sentido. Esa substancia da mensaxe chámase información.

Diferenza entre código e mensaxe, e entre lingua e fala

Do xa dito dedúcese que a lingua constitúe un código e que cada unha das expresións que os seus falantes formulan con ese código é unha mensaxe. Un código é un conxunto de símbolos ou signos con regras para a súa correcta utilización. A Mensaxe é o resultado de cada acto realizado polos usuarios dunha lingua empregando o código da mesma.

Moi semellante á distinción entre código e mensaxe, se ben máis empregada polos lingüistas, é a oposición entre lingua e fala: A lingua é o sistema, o código; a fala, a actualización da lingua en emisións concretas.


Mensaxe: Unidade da comunicación 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

InformaciónTelecomunicacións

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

John HerschelPablo VioqueXosé Luís Franco GrandeHenrique López VeigaHadriánDe catro a catroZoe SaldanaThe Times of IndiaEvaristo CalvoJosé Manuel Baltar BlancoAciñeiraMelónEl LuísCucoCódigo QRPortada3OCeutaEsgonzo comúnMaría Vázquez11Dornelas, MosTamar NovasLimoCindy CrawfordJosé María Bello ManeiroArzúaCágadoCervo comúnTomás Notario VacasJusto Martínez MartínezJorge BlassFamilia CaamagnoBatalla de CacheirasXunta de GaliciaD2003SarriaVila de CrucesGRoko (actriz)PauletaJanica KostelićOrixe das avesHidrografía de GaliciaReal Academia GalegaÁlvaro MuñizCogomeloGatoCadela de fradeBodystockingApp Store (iOS)FentoLucía VeigaCarrizo (paxaro)Flora invasora de GaliciaLaura AñónCitania de SanfinsNordés (vento)ProxyLorbé, Dexo, OleirosBrañaRichard GereArroazFrancisco FrancoBrais LamelaEManuel Taboada VigoAbel Caballero8Pimpín comúnLa Voz de GaliciaAntía OteroLuís Álvarez PousaXosé MonteagudoBoimorto🡆 More