María del Pilar Sánchez Luque, nada en Coria del Río (Sevilla) o 28 de setembro de 1978 e coñecida artisticamente como Pastora Soler, é unha cantante española, famosa por combinar copla, flamenco e canción española con sons pop.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pilar Sánchez Luque 28 de setembro de 1978 (45 anos) Coria del Río, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Pastora Soler |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante , presentadora de televisión , compositora |
Período de actividade | 1994 - |
Xénero artístico | Música pop |
Lingua | Lingua castelá |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
2012 | Festival de Eurovisión 2012 |
Premios
| |
Pastora é unha artista precoz que empezou cantando coplas e cancións flamencas cando tan só tiña oito anos. En 1994 editou o seu primeiro traballo Nuestras coplas, un disco onde fixo as súas versións de grandes clásicos da canción española. O seu primeiro grande éxito non chegou ata o seu terceiro álbum Fuente de luna, cuxo primeiro single, Dámelo ya, logrou alzarse co número 1 na lista de vendas españolas.
En 2001 lanza ao mercado Corazón congelado, co que logrou consolidar o éxito alcanzado no seu anterior traballo. A canción que dá nome a este álbum é elixida entón como sintonía da Volta Ciclista a España de 2001. Tras moverse en sons máis dance no seu seguinte disco, Deseo, da man de Carlos Jean, Pastora cambia de discográfica e firma por Warner Música España. Con ela publicará os seus últimos traballos: Pastora Soler, Toda mi verdad e Bendita locura. En 2010, a cantante sevillana celebrou as súas 15 anos no mundo da música co lanzamento do seu primeiro traballo en directo, 15 años. Ao ano seguinte publicou o seu noveno álbum de estudio, Una mujer como yo.
Con noves discos de estudo no mercado, Pastora conseguiu 3 discos de platino e 4 discos de ouro. Ao longo da súa carreira, tamén recolleu importantes premios dentro do seu gremio como o Premio da Música ou o Micrófono de ouro. Entre as súas colaboracións atópanse artistas consolidados como Alejandro Sanz, Armando Manzanero, Malú, David Bustamante ou Miguel Poveda, entre outros moitos.
En decembro de 2011 foi designada por Televisión Española para representar a España no Festival de Eurovisión 2012, que se celebrou en Bakú, a capital de Acerbaixán. A sevillana acabou en décima posición coa súa canción Quédate conmigo.
En 2013 forma parte do xurado da segunda edición do programa musical El número uno de Antena 3.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pastora Soler |
Predecesor: "Que me quiten lo bailao" Lucía Pérez | España no Festival de Eurovisión 2012 | Sucesor: "Contigo hasta el final" El Sueño de Morfeo |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Pastora Soler, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.