Partido Independente Socialdemócrata De Alemaña

O Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (en alemán: Unabhängige Sozialdemokratische Partei Deutschlands, USPD) foi un partido da esquerda socialista formado pola esquerda do SPD oposto ao apoio que daba este partido á participación de Alemaña durante a primeira guerra mundial.

A súa orixe está no voto en contra de 20 parlamentarios do SPD para autorizar créditos para o financiamento da guerra, o que enfrontou á tendencia pacifista dirixida por Hugo Haase coa dirección e que acabou na expulsión da fracción pacifista o 24 de marzo de 1916 e a fundación da USPD o 6 de abril de 1917, no novo partido integrouse a Liga Espartaquista pero mantendo a súa autonomía. Formou parte do goberno durante a breve experiencia da Revolución de Novembro (1918) e durante ese tempo a Liga Espartaquista deixou a USPD para con outros grupos fundar o Partido Comunista de Alemaña. Nas eleccións do 19 de xaneiro de 1919 tivo o 7.6% dos votos e 22 escanos, o seu apoio ao goberno dos concellos no canto do parlamentario atraeu cara ao partido a moitos militantes do SPD chegando a 750.000 afiliados en 1920 e obtivo o 17.9% dos votos nas eleccións de 6 de xuño de 1920 e 81 escanos, mais o debate sobre a entrada no Komitern dividiu ao partido, o 4 de decembro de 1920 a esquerda da USPD con 400.000 militantes uniuse ao KPD mentres o resto mantivo as siglas da USPD pero xa defendendo a democracia parlamentaria, e o 24 de setembro de 1922 o USPD uniuse de novo ao SPD, un pequeno grupo continuou coas siglas pero con escasa influencia social, en 1931 formou con disidentes do SPD o Partido Socialista dos Traballadores de Alemaña.

Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña
Logo
Partido Independente Socialdemócrata De Alemaña
AcrónimoНСДПГ e USPD
Tipopartido político
IdeoloxíaMarxismo Centrista, Socialismo democrático e pacifismo
Data de fundación1917
Data de disolución1920
Presidente/a
Theodor Liebknecht (pt) Traducir (1919-1931) Editar o valor em Wikidata
eline|Traducir|link=https://www.wikidata.org/wiki/Q75677?uselang=gl]] (1917-1919)
Hugo Haase (pt) Traducir (1917-1919) Editar o valor em Wikidata
Eventos/Actividadessen etiquetar
PaísReich alemán
editar datos en Wikidata ]

Tags:

19161917192024 de marzo4 de decembro6 de abril6 de xuñoAlemañaLiga EspartaquistaPartido Comunista de AlemañaPrimeira guerra mundialRevolución de NovembroSPD

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GuerraLucía VeigaThe Good DoctorXosé Luís Franco GrandeDaniel Castro GarcíaProvincias de EspañaRefraneiro galego sobre o panSantiago de CompostelaCelso Emilio FerreiroArqueasParlamento de GaliciaRocco SiffrediRamón Otero PedrayoSoraya ArnelasLista de voces dos animaisOcéano ÍndicoPriscilianoAsalto do bou EvaCLuís Pérez BarralBipartito galegoCorea do NorteCantabriaLingua inglesaMarçal MolinéAngelina MangoEva MejutoHistoria de AlbaniaDeadmau5Lingua portuguesaDavid BowieLista de palabras galegas de orixe celtaFillas de CassandraMatriz cadradaCatedral de OurenseNino BravoApolonio de Atenas (orador)Exeria (escritora)Masculino e feminino en galegoAna PeleteiroGame Boy ColorAna María Fernández MartínezGalicia estremeiraPrimeira guerra mundialCela 211Sonia FerrerClub dos 27Malores VillanuevaJoselu MatoApioHistoria de ArmeniaVerínLista de WikipediasKarlos ArguiñanoTaylor SwiftCoprofiliaLagarto arnalAdejeMexacánCirrioThe ArtistCesc FàbregasLuis Mateo DíezDon Quixote da ManchaFala de EstremaduraEsvásticaMickey MouseLista de nomes masculinos en galegoXesús Alonso MonteroPoesíaLuka ModrićSancho GraciaQBetanzosPedro Feijoo🡆 More