Paguroideos: Superfamilia de crustáceos decápodos

Os paguroideos (Paguroidea) son unha superfamilia de crustáceos decápodos da infraorde dos anomuros.

Paguroideos
Paguroidea
Paguroideos: Taxonomía, Características, Alimentación
Cangrexo ermitán (Pagurus bernhardus)
Aquarium Finisterrae da Coruña
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Anomura
Superfamilia: Paguroidea
Latreille, 1802
Familias
    Véxase o texto

Taxonomía

A superfamilia foi creada en 1802 polo naturalista francés Pierre André Latreille.

Familias

Segundo o WoRMS, a superfamilia dos paguroideos comprende as seguintes familias:

  • Coenobitidae Dana, 1851
  • Diogenidae Ortmann, 1892
  • Paguridae Latreille, 1802
  • Parapaguridae S. I. Smith, 1882
  • Pylochelidae Bate, 1888
  • Pylojacquesidae McLaughlin & Lemaitre, 2001

Algúns autores consideran, ademais, a familia fósil:

  • Parapylochelidae Fraaije et al., 2012.

Características

Existen no mundo ao redor de 500 especies de paguroideos, sendo a maioría deles acuáticos, pero tamén hai algúns terrestres.

Estes crustáceos teñen en común o uso de cunchas de caracois para cubrir o seu pleon (abdome), que é máis brando que o doutros cangrexos. Este tipo de relación interespecífica que manteñen coas cunchas de moluscos mortos denomínase tanatocrese, e son dos poucos animais que a realizan.

Só a parte dianteira (o cefalotórax) está cuberta por un exoesqueleto ríxido. Para protexerse agóchanse dentro de cunchas baleiras de moluscos. O abdome está enroscado para que poida coller dentro da cuncha; ademais, as súas pinzas e patas marchadoras permítenlles bloquear a entrada. A medida que o cangrexo medra debe cambiar de casa. Empeza por inspeccionar detidamente coas súas pinzas as cunchas baleiras e, cando encontra a adecuada, cámbiase rapidamente. Para os paguroideos encontrar unha cuncha baleira é cuestión de vida ou morte, polo que son frecuentes as loitas entre eles cando hai poucas dispoñíbeis.

Alimentación

Aliméntanse de todo. Aínda que son basicamente preeiros, tamén inclúen na súa dieta caracois acuáticos, mexillóns, vermes, pequenos crustáceos e diversas larvas, así como algas.

Reprodución

Os paguroideos xeran centos de crías, aínda que o número depende do tipo de casca que teña o cangrexo e das substancias que absorba.

Xeralmente a femia leva os óvulos baixo o abdome e, unha vez fecundados, libera os ovos ao mar onde, ao eclosionar, as pequenas larvas, chamadas zoeas, forman parte do zooplancto.

Aparéanse dúas veces ao ano.

Desenvolvemento

Os paguroideos, ao iren medrando, van sufrindo metamorfoses e mudas, até que lles saen as súas catro antenas e as dúas pinzas. Entón xa están listos para buscar unha cuncha que protexa o seu abdome e saír ás praias, onde vivirán case toda a súa vida adulta.

Co paso do tempo, o cangrexo crece e necesita outra casca, para o cal absorbe auga nunha proporción de case o 70 % do seu peso e así, inchado, produce o rompemento da vella casca (écdise).

O inconveniente deste sistema de crecemento é que no lapso que transcorre entre que se desprende da casca vella e se lle endurece a nova, o animal queda indefenso e a mercede dun gran número de depredadores que buscan esa oportunidade para comelo.

A cuncha na que se alberga retén auga, o que lle resulta moi útil ao cangrexo para a respiración branquial cando queda descuberto.

Algúns paguroideos non se conforman coa protección da cuncha e asócianse simbioticamente con anemones que escorrentan os depredadores cos seus tentáculos urticantes (ao tempo que as anemones se benefician dos desprazamentos que lles proporcionan os cangrexos).

Gastronomía

Nas illas Baleares moitos pescadores cociñan os paguroideos á brasa, adubados con limón e pementa. Cócenos coa cuncha e as anemones asociadas a ela, ás cales chaman coloquialmente "figues" (en catalán, "figos"). A estas últimas fanlles un corte lateral para facilitar a limpeza da area que adoitan reter na súa cavidade gastrovascular, e cócenas até que están moi feitas. Ao limpalas débese ter especial coidado en non levar a man á cara (e especialmente aos ollos), xa que poden producir irritacións debido ás súas células urticantes.

O abdome dos paguroideos é brando, e a súa carne ten un sabor moi característico. De feito, é a única parte realmente apreciábel, xa que o cefalotórax é moi duro e contén pouca carne.

Os paguroideos tamén se poden engadir ás paellas e aos arroces, aínda que non hai demanda nas peixarías, xa que a súa gastronomía é pouco coñecida fóra dos mariñeiros e, polo tanto, o seu consumo moi reducido.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Paguroideos TaxonomíaPaguroideos CaracterísticasPaguroideos AlimentaciónPaguroideos ReproduciónPaguroideos DesenvolvementoPaguroideos GastronomíaPaguroideos NotasPaguroideos Véxase taménPaguroideosAnomurosCrustáceosDecápodosFamilia (bioloxía)Orde (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Quim BarreirosMarta DarribaCharles PéguyIndependenciaSulfato de cobre (II)Ku Klux KlanLlanesRoko (actriz)SalviaElizabeth TaylorAngkor WatAutoritarismoVicente RiscoAppleTalkLista de episodios de Doraemon2004Jorge C. AlonsoXarda.geRubén RiveraMadagascarCarlos III do Reino UnidoMasculino e feminino en galegoForrest GumpCaliforniaRío UllaDecímetroFerrolLondresJSONBenito KamelasAscanio CondiviAlaine AgirreFragas do EumeA CoruñaCoímbraRamón Otero PedrayoLugoMandiocaHard GZParadoxo de TeseoDemocraciaGerardo Pardo de VeraFrei Basilio Río BrenllaAno (astronomía)TesalónicaEva Iglesias MiguénsCopa LibertadoresFútbol americanoLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingGreta ThunbergLista de filmes con versión en galego/CClara AndradaRaquel AtanesCSSRepública Social ItalianaIlyushin Il-76Fillas de CassandraLerma, BurgosNicomedes Pastor DíazA EstradaFinados en 2024Reino de GaliciaHeptosaDragon Ball ZDeportivo da CoruñaEzio Flavio BazzoImperio españolSegar's RollGheadaPolíticaCroaciaMegasaContact🡆 More