Pacific League

A Pacific League (パシフィック・リーグ, Pashifikku Rīgu?) ou Liga do Pacífico, tamén coñecida como Pa League (パリーグ, Pa Rīgu?), é unha das dúas ligas profesionais que constitúen a Nippon Professional Baseball, a máis importante competición de béisbol do Xapón.

O gañador desta liga xoga anualmente contra campión da Central League nas Nippon Series para decidir o campión nacional. Actualmente está formada por seis equipos de todo o país, sendo o máis laureado os Seibu Lions. Ao contrario que na Central League, e do mesmo xeito que a Liga Americana da MLB, esta liga permite o uso de bateador designado.

Pacific League
Pacific League
Fundación1949
RexiónPacific League Xapón
Equipos6
Actual campiónOrix Buffaloes (13º título)
Máis laureadoSeibu Lions (22 títulos)
Sitio webnpb.jp/pl

Historia

A Liga do Pacífico foi fundada como Taiheiyo Baseball Union en 1949, nome que mantivo até 1980 cando adoptou a actual nomenclatura. O primeiro presidente desta liga foi Masaichi Nagata, propietario dos Daiei Stars. A competición comezou a súa andaina con sete equipos, catro procedentes da anterior Liga Xaponesa de Bésibol (Hankyu Braves, Nankai Hawks, Daiei Stars e Tokyu Flyers) e tres nos novos equipos (Kintetsu Pearls, Mainichi Orions e Nishitetsu Clippers). En 1954 entrou na liga un novo equipo, os Takahashi Unions, incrementando así o número até oito. A pesar de ser un equipo formado con xogadores cos que non contaban o resto de equipos da Liga, os Unions conseguiron unha series de segundos postos consecutivos até a fusión en 1957 cos Daiei Stars para formar os Daiei Unions, reducindo así de novo o número até sete equipos. Con todo, os novos Unions acabaron en último lugar na súa primeira temporada. Na seguinte temporada, fusionanse de novo, esta vez cos Mainichi Orions para formar os Daimai Orion. A liga ficaba así reducida a seis equipos, número que se mantén na actualidade.

Entre 1973 e 1982, a Liga do Pacífico tivo un formato de competición dividido en dúas partes, de forma que o campión da primeira parte se enfrontaba ao campión da segunda para determinar o posuidor do título de Liga. En 1975 a Liga comezou a utilizar a regra do bateador designado, seguindo así a estela da Liga Americana da Major League Baseball (MLB). Cando no ano 2005 se comezaron a xogar partidos entre equipos da Liga do Pacífico e da Liga Central, a regra do bateador designado é utlizada en función da liga na que compita o equipo local. Na temporada 2004 os Orix BlueWave e os Osaka Kintetsu Buffaloes fusionáronse para formar os Orix Buffaloes. Para manter os tradicionais seis equipos, entraron na liga os Tohoku Rakuten Golden Eagles. A partir desa mesma temporada foi introducido un sistema de eliminatorias (as Series de Campionato da Liga do Pacífico) para determinar o campión e participante nas Series do Xapón.

Equipos

Equipo Nome xaponés Localización Estadio Patrocinador
Pacific League 
Chiba Lotte Marines 千葉ロッテマリーンズ
Chiba Rotte Marīnzu
Chiba
Pacific League  Chiba
ZOZO Marine Stadium
30.348 espectadores
Lotte
Pacific League 
Fukuoka SoftBank Hawks 福岡ソフトバンクホークス
Fukuoka Sofutobanku Hōkusu
Fukuoka
Pacific League  Fukuoka
Fukuoka Yahuoku! Dome
40.178 espectadores
SoftBank
Pacific League 
Hokkaido Nippon-Ham Fighters 北海道日本ハムファイターズ
Hokkaidō Nippon-Hamu Faitāzu
Sapporo
Pacific League  Hokkaido
Sapporo Dome
40.476 espectadores
Nippon Ham
Pacific League 
Orix Buffaloes オリックス・バファローズ
Orikkusu Bafarōzu
Osaca
Pacific League  Osaca
Kyocera Dome Osaka
36.477 espectadores
Orix
Pacific League 
Saitama Seibu Lions 埼玉西武ライオンズ
Saitama Seibu Raionzu
Tokorozawa
Pacific League  Saitama
MetLife Dome
33.556 espectadores
Seibu
Pacific League 
Tohoku Rakuten Golden Eagles 東北楽天ゴールデンイーグルス
Tōhoku Rakuten Gōruden Īgurusu
Sendai
Pacific League  Miyagi
Estadio de Miyagi
30.508 espectadores
Rakuten

Estatísticas

Equipo Campión Subcampión Terceiro
Saitama Seibu Lions 22 12 14
Fukuoka SoftBank Hawks 19 16 7
Orix Buffaloes 13 15 8
Hokkaido Nippon-Ham Fighters 7 8 15
Chiba Lotte Marines 5 8 14
Osaka Kintetsu Buffaloes 4 9 8
Tohoku Rakuten Golden Eagles 1 1 2
Daiei Unions 0 0 2
Takahashi Unions 0 0 0

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Pacific League HistoriaPacific League EquiposPacific League EstatísticasPacific League NotasPacific League Véxase taménPacific LeagueAxuda:XaponésBéisbolCentral LeagueLiga AmericanaMLBNippon Professional BaseballNippon SeriesSeibu LionsXapón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ElopidaeXenebra, Suíza2008Xogos popularesHomosexualidadeMaioJimmy GaroppoloRomaníaXinzo de LimiaRMS TitanicCarles PuigdemontXogo de apostaOsloAna María Fernández MartínezEmilio Antón IboleónRaposoMesía1961CaralloDeportivo da CoruñaLuís SeoaneCoalaMitoAxoloteFoliadaRicardo Varela SánchezBidueiroBubelaJusto González BallestaAlexandra Fernández GómezReconquista de VigoCerrote1979Linguas indoeuropeasColocación do pronome átono en galegoLista de ríos de GaliciaMelania CruzCarlos PajaresCogomeloInstituto de Montes do PennBaionaMoeda da Antiga RomaTVGO vento que axita o orxoJosé Manuel Baltar BlancoSeychellesPenafielFerreiriño abelleiroRexurdimentoJosé Luis Vergara5Santa Uxía de Asma, ChantadaEleccións municipais de 2015 en GaliciaAXeneAmesCharles BronsonCaixa de HockettPorscheTrisónRomaSão PauloLuísa VillaltaNarónFacultade de Ciencias da CoruñaBelén RegueiraAs crónicas do sochantreVladimir GudeljMoinantePili Pampín79Escherichia coliKBaiuca (banda)Camiño de Santiago🡆 More