Ácido Graxo Omega-3

Os ácidos graxos omega-3 (ω-3) son un grupo de ácidos graxos poliinsaturados de cadea longa e de cadea moi longa que se atopan en alta proporción nos tecidos de certos peixes e mariscos; e nalgunhas fontes vexetais tales como o aceite de soia, o aceite de colza, as noces e as sementes de liñaza.

Caracterízanse por ter un dobre enlace entre os carbonos 3 e 4 contando desde o final da molécula.

Ácido Graxo Omega-3
Aínda que os ácidos graxos omega-3 atópanse no peixe azul, ás veces tómanse en forma de suplemento dietético.
Ácido Graxo Omega-3
No mundo vexetal e cunha porcentaxe do 58-65% en omega-3, as sementes de chía posúen a concentración máis alta de omega-3 coñecida até o momento.

Características dietéticas

Demostrouse experimentalmente que o consumo de grandes cantidades de omega-3 aumenta considerablemente o tempo de coagulación do sangue, o cal explica por que en comunidades que consomen moitos alimentos con omega-3 (inuit, xaponeses, etc.) a incidencia de doenzas cardiovasculares é sumamente baixa. Outro estudo concluíu que a inxesta dietética de ácidos graxos ω-3 reduce modestamente o curso da arteriosclerose coronaria en humanos.

Algunhas experiencias suxiren que o consumo de omega-3 ten efectos beneficiosos sobre o cerebro. Tamén hai estudos que suxiren que o consumo de omega 3 durante do embarazo pode ter unha boa influencia no bebé. Altas cantidades poderían diminuír os efectos da depresión, e mesmo grupos de nenos en idade escolar aumentaron notablemente o seu rendemento despois de inxerir pastillas con aceite de peixe rico en omega 3.

O omega-3 é un compoñente engadido a certos alimentos funcionais que son enriquecidos artificialmente con omega-3 como pode ser o leite, o leite de soia, os ovos, etc.

Lista de ácidos graxos omega−3

Nesta táboa aparecen os ácidos graxos omega−3 máis comúns atopados na natureza.

Nome común Número lipídico Nome químico
Ácido hexadecatrienoico (HTA) 16:3 (n−3) Ácido todo-cis-7,10,13-hexadecatrienoico
Ácido α-linolénico (ALA) 18:3 (n−3) Ácido todo-cis-9,12,15-octadecatrienoico
Ácido estearidónico (SDA) 18:4 (n−3) Ácido todo-cis-6,9,12,15-octadecatetraenoico
Ácido eicosatrienoico (ETE) 20:3 (n−3) Ácido todo-cis-11,14,17-eicosatrienoico
Ácido eicosatetraenoico (ETA) 20:4 (n−3) Ácido todo-cis-8,11,14,17-eicosatetraenoico
Ácido eicosapentaenoico (EPA) 20:5 (n−3) Ácido todo-cis-5,8,11,14,17-eicosapentaenoico
Ácido heneicosapentaenoico (HPA) 21:5 (n−3) Ácido todo-cis-6,9,12,15,18-heneicosapentaenoico
Ácido docosapentaenoico (DPA)
(ácido clupanodónico)
22:5 (n−3) Ácido todo-cis-7,10,13,16,19-docosapentaenoico
Ácido docosahexaenoico (DHA) 22:6 (n−3) Ácido todo-cis-4,7,10,13,16,19-docosahexaenoico
Ácido tetracosapentaenoico 24:5 (n−3) Ácido todo-cis-9,12,15,18,21-tetracosapentaenoico
Ácido tetracosahexaenoico
(ácido nisínico)
24:6 (n−3) Ácido todo-cis-6,9,12,15,18,21-tetracosahexaenoico

Notas

Tags:

Aceite de soiaColzaDobre enlaceLiñazaMariscoNogueira comúnVexetalÁcido graxo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AXosé Antonio Ventoso MariñoAdiós, MaríaMalores VillanuevaGuerschon YabuseleHimno de DaguestánCicerónGalería de imaxes de arañas de GaliciaMuiñeiraFonteita, O CorgoFentoRevolución galega de 1846Jesús Vázquez AlmuíñaA Escravitude, Cruces, PadrónYouTubeJosé Benito Pardo RodríguezA Star Is Born (filme de 2018)Reino de GaliciaHTTPXunta de GaliciaIgnacio CodesidoBukkake29 de abrilCelso Emilio FerreiroBandeSésIván Puentes RiveraXogo da chaveAmanda LearManuel López PoyTonhito de PoiKAsa ga KuruBenito KamelasHenrique López VeigaXosé Luís BernalPena Verde, Rebordondo, CualedroLingua castelá64Coalición GalegaEucaliptoTeixugoAnniken HuitfeldtGrupo RompenteO CarrabouxoMera, OleirosArquitectura gótica en GaliciaO incerto señor Don HamletEl Progreso (xornal)Mofa e BefaJosé Manuel Rodríguez PuenteVíctor DupláFoliadaMelónDugongoBracara AugustaFiúnchoAlfonso LáuzaraMadridYÁngel García SeoaneVilalbaFreixoAníbal MalvarEleccións municipais en Ribeira2023Alejandra SilvaÁlvaro Muñiz2Moncha FuentesParque Nacional das Illas AtlánticasLady GagaIulia DrúninaFerreiriñoCira, Silleda🡆 More