Pobos Inuit: Grupo étnico das rexións árticas de América do Norte

Os inuit (en inuktitut: ᐃᓄᐃᑦ, o pobo) son un grupo de pobos indíxenas con grandes semellanzas culturais que habita na rexión do Ártico en Groenlandia, Canadá, e Alasca.

Inuit é unha palabra en plural, sendo o singular Inuk. As linguas inuit están clasificadas na familia esquimó-aleutiana, e a lingua de signos inuit é unha lingua illada empregada en Nunavut.

Pobos inuit
Pobos Inuit: Grupo étnico das rexións árticas de América do Norte
Qamutik tradicional (zorra), Cabo Dorset, Nunavut
Poboación
Poboación total:
118,426
Rexións principais:
Groenlandia Groenlandia51 365
Pobos Inuit: Grupo étnico das rexións árticas de América do Norte Canadá50 480
Estados Unidos de América Estados Unidos16 581
Aspectos culturais
LinguaLinguas inuit, dinamarqués, inglés, francés, Inuiuuk e outras
RelixiónRelixión inuit, cristianismo
Grupos
relacionados
Aleutianos e iupik

Nos Estados Unidos e no Canadá o termo "esquimó" foi empregado comunmente para describir ós inuit, ós iupik de Alasca e ós inupiaq. "Inuit" non está aceptado como termo para describrir ós iupik, e "esquimó" é o único termo que inclúe ós iupik, inupiaq e inuit. Porén, os pobos aborixes do Canadá e os groenlandeses ven o termo "esquimó" como pexorativo, e "inuit" fíxose máis común. No Canadá, as seccións 25 e 35 da Acta de Constitución de 1982 chaman "inuit" a un grupo distintivo de aborixes canadenses que non están incluídos nas Primeiras Nacións ou nos Métis.

Os inuit viven no Ártico canadense, no territorio de Nunavut; "Nunavik" no terzo norte do Quebec; "Nunatsiavut" e "NunatuKavut" en Labrador; e en varias partes dos Territorios do Noroeste, particularmente arredor do océano Ártico. Estas áreas son coñecidas en inuktitut como "Inuit Nunangat". Nos Estados Unidos, os inupiaq viven no norte de Alasca e na illa Diomedes Menor. Os inuit de Groenlandia son descendentes de migracións dende o Canadá e son cidadáns de Dinamarca, mais non forman parte da Unión Europea.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

AlascaCanadáGroenlandiaIndíxenaLingua illadaLingua inuktitutLinguas esquimó-aleutianasLinguas inuitNunavutÁrtico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Toniña comúnIrene FerrerasLista de castelos de PortugalSílvia OrriolsDonald TrumpProvincias de EspañaInfinitivo conxugadoConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesBloque Nacionalista GalegoTito VilanovaInglaterraGoizuetaTransformador Lista de exónimos en galegoO incerto señor Don HamletThe ArtistCaraveleiraMiguel Ángel Zabalza BerazaFiúnchoXavi HernándezLingua casteláMaruxa MalloMommy Dead and DearestJoan Manuel SerratLontreiraAC-141Papuxa das amorasArmando BlancoRomariz, Riós, RiósLavandaVangardasRepública Democrática do CongoOrdesConcellos de GaliciaNormativa oficial do galegoPosición aconchegadaRoberto BautistaRéptilesNacionalismo galegoAntiga CartagoSobreiraGran Guerra IrmandiñaEleccións municipais en SadaEduardo IndaCuarzoDavid PerdomoFrancisco PazosTCarlos CasaresPalmaCinema pornográficoThe HivesSonia MéndezEmilio Aragón BermúdezMark WahlbergArantzaExaculaciónBubelaAC-456MéxicoBrasilJulio Iglesias RedondoRibeiraTotó GarcíaBella ciaoc70mgAna RomaníContactÁlvaro Porto DapenaAlfonso RuedaBeteluArxentinaEmilio Aragón ÁlvarezXunta Suprema do Reino de Galicia🡆 More