O Cego De Pumardedón: Obra literaria de Francisco Fernández del Riego

O cego de Pumardedón é un libro, de 25 capítulos e 163 páxinas, do escritor galego Francisco Fernández del Riego, publicado por Ir Indo Edicións en 1992.

Inclúe na cuberta unha pintura de Antón Pulido Novoa.

O cego de Pumardedón
Autor/aFrancisco Fernández del Riego
CubertaAntón Pulido Novoa
OrixeEspaña
Lingualingua galega
ColecciónNarrativa
Tema(s)Guerra civil española, cegueira
Xénero(s)novela
EditorialIr Indo Edicións
Data de pub.1992
Páxinas163
ISBNISBN 84-7680-077-0
Depósito legal: VG-258-92
editar datos en Wikidata ]

En 1985 publicáronse dous capítulos (o número 22 e o 23) da, daquela, inédita novela, na revista Grial.[1]

Descrición

O Cego De Pumardedón: Descrición, Sinopse, Notas 
Francisco Fernández del Riego na fronte de guerra. Salamanca. 1937.

Toda a narración está centrada nos acontecementos vividos polo protagonista durante a Guerra civil española e as consecuencias pertubadoras que lle ocasionaron na súa existencia actual.[2]

A figura do cego é metafórica da perda de valores en que quedou a sociedade e a cegueira na que os protagonistas daquela triste historia da loita civil se viron obrigados a vivir despois do alborexar galeguista dos últimos anos da República.

Noia 1993. p. 131.

A xeración que fixo a guerra está representada simbolicamente polo protagonista, un home que quedou cego tras o estalido dunha granada: esa cegueira metaforiza a imposibilidade de dar unha visión integral e obxectiva do sucedido.

Vilavedra 2011. p. 5.

Sinopse

   Durante a noite caeu unha grande bategada. Despois da bategada da noite, clarea gris, mollado, empozado, invernizo… Vén a mañá en ondas frescas, alagando a escuridade. As cousas non dan aínda sombra. As sombras son esleíntes, esborranchadas, coma luz batida, coma humidade de sal. Asubía, único, nunha árbore follosa, un paxariño invisíbel. Asubía con dozura de auga prateada. Vai crarexando mais. Na casa de Pumardedón, o patio cadrado durme aínda. Unha tella saídiza queda contando pingas azuis. As pingas brousan sobre unha pucharca que, embaixo, baila buxainas líquidas...

— Capítulo XXII, p. 139

I. Mauro, un home cego, esperta durante a noite en Pumardedón (Pumar de Don, lugar da parroquia de Santa María, no concello de Lourenzá) onde leva unha vida retirada, lonxe do mundo urbano. El criárase na cidade, entre libros, altas casas de pedra, automóbiles e asfalto. Sae da casa e coincide co vello caseiro.

II. Pasea polo xardín e lembra os faladoiros da cidade. Despois volve á casa, onde o saúdan a súa muller Laura (coa que casou despois da guerra) e o seu irmán. Alí senta no seu asento habitual.

III. Toma coñac. Escoita unhas campás fúnebres que lle espertan a evocación dun convoi ferroviario militar, ateigado de soldados, onde, entre outros, van el, Roxelio (compañeiro universitario de Mauro) e Lourezo (un rapaz imberbe). Noutra lembranza, Mauro chega como combatente de refresco ás trincheiras. Xunto a el ten a Lourenzo e a Roxelio.

[...]

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

O Cego De Pumardedón DescriciónO Cego De Pumardedón SinopseO Cego De Pumardedón NotasO Cego De Pumardedón Véxase taménO Cego De Pumardedón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fernando AlonsoDistritos de PortugalJAzorHTML5Kanye WestCopia por contactoRaposo comúnFilipe II de EspañaHarry PotterCurtisMario CaneiroManuela ReyVilariño de ConsoBorja Fernández Fernández (1981)Discoverer EnterpriseCarlos II de InglaterraAmieiro1869Gerardo Pardo de VeraSantiago de CompostelaRiba-roja de TúriaXosé Manuel PiñeiroLalínCarcasonaGrupo EroskiYouTubeAutoritarismoPalas de ReiBadalonaImperio españolÁngel Alvariño SaavedraChile (pemento)Amancio OrtegaRobert OppenheimerLista de palabras galegas de orixe celtaNoite de San Xoán (Fonoteca 92)Ku Klux KlanCronoloxía da segunda guerra mundialSegar's RollMandiocaNacionalsocialismoO hobbitTarazonaEstado de emerxenciaRosalía de Castro1401América do NorteMichelle ObamaJean-Claude Van DammeMarianneContactCatedral de Santiago de CompostelaMarco Vipsanio AgripaNoelia ReyLontreiraBob MarleyAlfonso SotoLionel MessiÑBidueiroLingua casteláAntolín FaraldoMiguel Ángel Zabalza BerazaLatitudeFlorentino PérezCanle (comunicación)Segunda República EspañolaRefreyCallitriche hamulataAscanio CondiviManuscrito Voynich🡆 More