Existencia

Existencia (existentia, en Latín).

En filosofía este termo ten dous significados básicos. Un sentido xeral asociado principalmente á filosofía cristiá medieval e outro máis específico propio das filosofías da existencia do século XX. No primeiro caso a existencia oponse á esencia e significa o feito de que algo sexa real. Neste sentido a existencia é aplicable a calquera ente ou propiedade dun ente que efectivamente esta aí, é dicir, que aparece aí como dado. Por exemplo, “esta árbore que está aí”. A filosofía existencial, en cambio, usa o termo existencia unicamente para referirse á realidade humana. Esta última é unha realidade sempre individual e constantemente facéndose a si mesma, polo que non sería definible do mesmo xeito que se definen os outros entes. En consecuencia, respecto da existencia humana non ten sentido preguntar qué é, senón só cómo é. A primeira pregunta apuntaría á esencia, sempre fixa, compartida por todos os individuos dunha mesma especie. Pero a existencia humana, posto que a súa condición é a dunha realidade sempre inacabada, non pode nunca definirse como un caso particular dunha esencia común. Toda existencia humana é peculiar, propia de cada un e, como tal, só experimentable polo propio individuo no seu propio existir. Nisto residiría a condición fundamental do ser humano. De aí que a definición dun ser humano calquera afecte só a el, reflectindo a súa peculiaridade. No caso do ente humano, polo tanto, ou ben a súa esencia vén dada pola pura existencia (Martin Heidegger), ou ben a existencia precede á esencia (Jean-Paul Sartre).

O estudo da existencia humana efectuado por Heidegger en Ser e tempo recibe o nome de hermenéutica existencial, e o efectuado por Sartre en O ser e o nada foi acuñado por este co nome de existencialismo.

Tags:

EnteEscolástica (filosofía)EsenciaEspecieFilosofíaJean-Paul SartreMartin Heidegger

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Literatura infantilCabo Norte, NoruegaÁlvaro MorataCessna T-37 TweetTransformador (modelo de aprendizaxe automática)ProxyManuel Otero MartínezMoulin RougeXestaSelección de fútbol de GaliciaThe HivesToxo arnalEmilio Pérez TouriñoPaparazziGonzalo Pérez JácomeVladimir PutinSan PetersburgoFrancisco Porto MellaMáquina comecartosRevolución dos CaraveisFrancisco Varela OuroPosición do misioneiro invertidaSantiago de CompostelaJohannes VermeerRebeliom do InframundoChorimaPemento de PadrónLuís Pérez BarralXosé Manuel PiñeiroLorenzo VarelaTorre de HérculesUcraínaLista de xentilicios de concellos galegosFrancisco PazosCubaGuerra civil españolaMoción de confianzaMaría JamardoJennifer LopezYolanda DíazTarragonaOllos de augaÁngel CarracedoImperio BritánicoLino LópezMichael JacksonVincent van GoghAmaia Martínez GrisaleñaDavid BeckhamFerroAtlánticaFran AlonsoCristina MaróDepartamento de ApurímacMimosaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoThe ArtistISBNLeninismoTito VilanovaMar MediterráneoMeigaBella ciaoAWStatsReal Academia Galega2015Traxe galegoSuízaBeraDeserto do SáharaGeorgia O'KeeffeAciñeiraSecretaría Xeral de Política LingüísticaOurense🡆 More