Nacións Celtas

O termo nacións celtas fai referencia a uns territorios (nacións a maior parte das veces sen estado propio) do oeste da Europa Occidental que comparten o uso de linguas celtas e/ou trazos culturais atribuibles á devandita cultura.

Neste contexto, o termo "nacións" cobra significado entendendo este como un colectivo étnico de persoas asociado historicamente a un territorio raíz e que comparten unha identidade común propia, manifestada ben na lingua, ben na cultura ou na mentalidade propia común.

Nacións Celtas
As sete nacións celtas, acorde ao celtismo galego histórico:      Escocia      Irlanda (máis Irlanda do Norte)      Illa de Man      Galiza      País de Gales      Cornualla      Bretaña

Historia e características

Este concepto político-cultural derivou nos séculos XIX e XX, nun movemento reivindicativo e que ten a súa maior expresión naqueles pobos (conformados ou non como estados) que de xeito maioritario se autoproclaman celtas ou de identidade celta e que finalmente se recoñecen a si mesmos como nacións celtas, aludindo a que a súa filiación étnica-cultural repousa especialmente neste pobo/cultura, e que recibe o nome de "celticidade".

Nacións Celtas 
Bandeira intercéltica.

Os países considerados como "celtas" modernos, varían dependendo do punto de vista e do momento histórico. Así, nos inicios das primeiras reivindicacións celtas, no século XIX, eran cinco as nacións que de xeito maioritario se proclaman como celtas, sendo: Irlanda, País de Gales, Escocia, Bretaña e Illa de Man. A partir de 1920, o Celtic congress tamén aceptará a entrada de Cornualla, e deste xeito quedarían configuradas seis nacións. En Galiza, desde o século XX, e de xeito paralelo ao que se desenvolvía nas Illas británicas, tamén comeza un celtismo de base histórica, arqueolóxica, cultural despois e finalmente política. Con todo, a pesar dos esforzos de achegamento e das incipientes pontes que importantes galeguistas de comezos do século XX van tender cos homónimos irlandeses, bretóns e escoceses, o golpe de estado de 1936, e a imposición dunha ditadura de base fascista, acabará por rachar os contactos entre Galiza e os tradicionais países celtas, non chegando Galiza a pertencer formalmente ás recoñecidas sociedades celtistas do momento. Porén, Galiza atópase incluída en numerosos actos de expresión e reivindicación da cultura celta (como por exemplo o Festival intercéltico de Lorient), igual que Asturias, o que unido a consideracións de carácter histórico e cultural, así como lingüístico xa que en Gallaecia se falou unha lingua celta que desapareceu coa chegada dos romanos, fan que se tome Galiza e Asturias en ocasións como nacións celtas.

Terminoloxía

Nacións Celtas 
George Buchanan. Retratado por Arnold Bronckorst, 1581. National Gallery of Scotland.

O termo nacións celtas deriva dos estudos filolóxicos que durante o século XVI levou a cabo o erudito escocés George Buchanan, e que máis tarde tamén empregaría o humanista galés Edward Lhuyd. Como arquiveiro e despois director do Museo Ashmolean, en Oxford (1691-1709), Lhuyd viaxou intensivamente por Gran Bretaña, Irlanda e Bretaña a finais do século XVII e comezos do XVIII, observando a semellanza entre as lingua bretoa, a córnica e o galés, e que faría descender dunha única póla lingüística que el había chamar "celta-P" ou britónica, oposto ás linguas gaélicas de Irlanda, a Illa de Mann e Escocia, que chamou de "celta-Q", ou simplemente Goidélico. Todo isto levou a Lhuyd a publicar no ano 1707 a súa obra Arqueoloxía de Britania un relato das linguas, historias e costumes de Gran Bretaña, a través de estancias no País de Gales, Cornualla, a Bretaña, Irlanda e Escocia. Na súa Archaeologia Britannia concluíu que todas aquelas seis linguas derivaban dunha mesma raíz. Lhuyd teorizou que sobre a linguaxe raíz e a relacións destas, coas linguas faladas polas tribos da Idade de Ferro da Galia, e que escritores gregos e romanos chamaron Celtas. Tendo definido as linguas destas áreas como Celtas, as persoas que viven neles e falan estas anteditas linguas, poden recibir tamén a denominación de "Célticos". Aínda que existen controversias arredor da teoría de Lhuyd, o termo "celta" para describir as linguas e os pobos da Bretaña, de Cornualla e do País de Gales, Irlanda, a Illa de Man e Escocia é totalmente aceptada desde o século XVIII, sendo amplamente utilizada hoxe.

O Romanticismo cultural

Nacións Celtas 
Os delegados do Congreso Pan-Celta, Caernarfon, 1904. Fila de atrás: Maggie Jones (harpista de Arfon); deputada Gruffydd Richards (harpista principal de Gwent), David Roberts (harpista cego do Mawddwy), Gwyneth Vaughan. Fila de diante: James Pedwr, Hamonic Émile, Lena Botrel, Théodore Botrel e o profesor Paul Barbier.

Acorde ao romanticismo cultural (dado en Europa arredor do século XVIII, e XIX) que buscaba afondar nas orixes diferenciais dos pobos fronte aos estados imperialistas da época, é nos países máis occidentais, eminentemente rurais e cunha cultura moi similar, onde o termo "Celta" vai ser adoptado como unha etiqueta de auto-identificación na que, por unha banda, reinvindícase unha diferenciación cultural histórica, e por outra banda ponse de manifesto un interese mutuo por aqueles outros pobos que comparten tal sentimento ou cultura.

Paradoxalmente, a exaltación da celticidade en termos políticos, nace no século XIX, da man dos nacionalistas franceses, que trataron de exaltar a heroicidade dos galos contra o Imperio Romano, como primeira manifestación do pobo francés unido ante un inimigo. As loitas de Vercingetorix foron descritas como un predecesor nacional das batallas en defensa do nacionalismo francés, incluíndo as guerras dos dous Napoleóns (Napoleón I e Napoleón III) durante o século XIX. Os libros de historia franceses enfatizaron as formas nas que os galos poderían ser vistos como un exemplo de asimilación cultural, no entanto, a noción que os libros de historia franceses comunmente dan, comezan coa célebre frase "Nos Ancêtres les Gaulois ..." ("Os nosos devanceiros os galos ...") non podendo ser sostida de todo, pois como tal o propio nome de "Francia" significa de feito "terra de francos".

O uso similar de celticidade para o nacionalismo do século XIX foi feita en Suíza, cando os suízos foron vistos como orixinarios da tribo celta dos helvecios, un enlace que aínda se pode atopar na designación latina oficial de Suíza, "Confœderatio Helvetica", a fonte do código CH é o nome usado en selos postais (Helvética).

As linguas celtas actuais

Nacións Celtas 
As nacións celtas que conservan na actualidade linguas celtas, e recoñecidas pola Celtic League:      Escocia      Irlanda      Illa de Man      País de Gales      Cornualla      Bretaña
Nación Nomes propios Linguas Pobo Poboación Falantes nativos competentes Porcentaxe de poboación
Nacións Celtas  Irlanda Éire Gaélico irlandés
(Gaeilge)
Pobo irlandés
(Éireannach)
6,000,000 República: 355,000 (nativos)
1,660,000 (competentes)
República: 42%
Norte: 10.4% (ollar nota )
Nacións Celtas  País de Gales Cymru Galés
(Cymraeg)
Pobo galés
(Cymry)
2.958.600 611,000 21.7%
Nacións Celtas  Bretaña Breizh, Bertaeyn Lingua bretoa
(Brezhoneg)
Pobo bretón 4,000,000 200,000 3%
Nacións Celtas  Illa de Man Ellan Vannin Manx
(Gaelg)
Pobo manx
(Manninee)
70,000 1,700 2.2%
Nacións Celtas  Escocia Alba, Scotland Gaélico escocés

(Gáidhlig)

Pobo escocés 5.116.900 92,400 1.2%
Nacións Celtas  Cornualla Kernow Córnico
(Kernewek)
Pobo córnico
(Kernowyon)
513.527 2000 0.1%

Liña cronolóxica do pan-celtismo

Notas

Tags:

Nacións Celtas Historia e característicasNacións Celtas TerminoloxíaNacións Celtas O Romanticismo culturalNacións Celtas As linguas celtas actuaisNacións Celtas Liña cronolóxica do pan-celtismoNacións Celtas NotasNacións CeltasCulturaEuropa OccidentalLingua

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SionismoBufo realArma nuclearLista de ríos de GaliciaLinguas xermánicasFátima PegoEva Iglesias MiguénsMediana (xeometría)MSt. LouisKingston, OntarioAustraliaMasturbación coas mamasVisbyEscualenoCastrelo do ValAntônio Carlos JobimHistoria da filosofía occidentalProxyCameloSegunda República EspañolaMúsicaPiñorPiñeiroSalgueiroBuchnera aphidicolaFermentaciónEster ExpósitoKuopioÁcido esteáricoPrimeira guerra mundialMaría I de InglaterraAd libitumRuth BrownBeadeParafiléticoAmazonOca (xogo)LunfardoRafael NadalMúsica das películas de Chano PiñeiroGran Premio de España de 2013App StoreMiguel HernándezO Canon da MedicinaParasitismoHesperornithesCarballeda de ValdeorrasArnold SchwarzeneggerAncaraPonte das PíasJuan Carlos Rodríguez CebriánEtanolDamascoRusiaBeta-oxidaciónConcepción ArenalBantengÁcido fosfatídicoEd O'BrienEleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016EnemaIllas CookComunicación celularLogaritmoCoelloPosicións sexuaisEurocopa de FútbolCarotenoBananaTerceira dinastía de ExiptoChikungunyaPigmento biolóxicoLingua coreanaDitea🡆 More