Muralla Da Coruña

A muralla da Coruña é un conxunto de fortificacións que se construíron na Coruña entre os séculos XIV e XVIII.

Foron declaradas Ben de Interese Cultural en 1949.

Muralla da Coruña
Ben de Interese Cultural
Muralla Da Coruña
Muralla do Xardín de San Carlos
Localización
PaísGaliza Galiza
ConcelloA Coruña
ParroquiaA Coruña
Datos xerais
Data09-11-1944
CategoríaMonumento
CódigoRI-53-0000011
ConstruciónSéculo XIV - Século XVIII
Mapa de localización

Historia

Muralla Da Coruña 
Muralla dos séculos XVI-XVII.

A orixe das murallas da Coruña é a repoboación ordenada por Afonso IX en 1208. Nos anos 1370 e 1386 a cidade foi atacada polos portugueses e os ingleses e as murallas tiveron que ser reparadas en 1397. Esta segunda muralla permaneceu inalterada ata o ataque de Drake en 1589 decidiuse construír o castelo de Santo Antón e arranxar as murallas. Construíuse o novo baluarte do Santo Espírito (sobre o que se levantou o Hospital Real entre 1608 e 1612) e derrubouse parte da antiga muralla.

En 1625 comezou a construción da Fronte de Terra, no barrio da Pescadería segundo o proxecto de Tiburcio Spanochi, formado por cinco baluartes. Este proxecto non se completaría por falta de fondos.

O 3 de abril de 1658 estoupou a polvoreira da Fortaleza Vella, matando máis de duascentas persoas e destruíndo ademais outros edificios próximos, coma o Convento de San Francisco e o Hospital do Bo Suceso. A fortaleza non se reconstruíu e sobre os restos da polvoreira creouse o Xardín de San Carlos.

Muralla Da Coruña 
Plano da Fronte de Terra (1810).

A principios do século XVIII iniciouse unha fase de mellora e ampliación das murallas seguindo a idea de B. Renau, dándoselle a esta área o nome de Fronte da Pescadería. O director do novo Corpo de Enxeñeiros Francisco Montaigú iniciou as obras entre 1721 e 1731 dun proxecto máis simplificado. O seu sucesor, La Ferriere, continuou o proxecto modificado, que foi completado en 1746 cando se temía un novo ataque inglés. Sete anos despois Francisco Llovet proxectou por primeira vez a enchedura da praia do Parrote para a construción de estruturas militares, mais non se levou a cabo ata o século XX.

Os proxectos de amurallamento continuaron ata 1776-1779 coa muralla da Dársena que non se rematou. En 1840 a raíña Isabel II autorizou o derribo da Fronte da Pescadería, que separaba a Cidade Vella da Pescadería. Este proceso durou dúas décadas. Sobre os restos da antiga muralla levantouse a praza de María Pita.

En 1869 comezou o derrubamento da Fronte de Terra, facilitando a unión do Cantón Pequeno e Garás e o deseño do Primeiro Ensanche.

Descrición

Muralla Da Coruña 
Muralla inacabada na dársena.

Consérvanse varios tramos da muralla:

  • O tramo que serve de base ao Xardín de San Carlos é o máis antigo e foi levantado no século XIV. Formaba parte da chamada Fortaleza Vella e nela instalouse en 1954 a porta do antigo Hospital de San Andrés. Tamén é da mesma época unha parte da muralla do xardín do Palacio de Capitanía.
  • Dende a Capitanía Xeneral existe un lenzo no que se abren as Portas do Parrote e do Cravo. Estas portas foron mandadas abrir polo Capitán Xeneral Pedro Pablo Jiménez de Urrea, conde de Aranda en 1676. A porta do Parrote está decorada co escudo real e mais coas armas do Conde de Aranda. Nela aparecen as datas de construción e reforma (1749) e unha cruz que a remata é dun calvario construído polos monxes franciscanos. Famosos personaxes coma Carlos I e Filipe II atravesaron a Porta do Parrote[Cómpre referencia].
  • O último tramo rodea o Hospital Abente y Lago. Nel ábrese a porta de San Miguel (1607), que foi levantada no lugar que ocupou outra porta anterior do século XIV. Está decorada cos escudos do Reino de Galicia, o escudo real e o de don Diego das Mariñas.
  • Existen outros tramos na "Maestranza de Artillería", no Campo da Estrada e nos Pelamios.
  • Da Fronte de Terra consérvase o baluarte do Caramanchón, coiraza que separa as praias do Orzán e de Riazor.

Outras estruturas defensivas

Muralla Da Coruña 
Batería de Oza.

No Inventario de Monumentos de Arquitectura Militar de 1968 recóllense na Coruña, ademais das murallas, o castelo de Santo Antón (cárcere militar), o castelo de Santo Amaro, o castelo de San Diego e a batería de Durmideiras. Porén, ningún dos tres últimos se conserva:

  • O castelo de Santo Amaro, posiblemente construído despois do ataque de Drake, estaba en ruínas xa no século XVIII; sobre os restos construíuse o "Club del Mar de San Amaro".
  • A batería de Durmideiras, formada por oito canóns e dependencias para a tropa foi destruída pola canteira que se explotou para construír o dique de abrigo (1948).
  • O castelo de San Diego, construído na década de 1630, foi derruído en 1963 para ampliar o porto. Para protexer o castelo construíuse no século XVII o Forte Valparaíso, que foi confundido co castelo de Eirís e que posiblemente estaba situado no Montiño.

Na área próxima á Torre de Hércules existían tamén a batería de Pragueiras (posiblemente só unha zona explanada), a batería da Costa Oriental da Enseada do Orzán (abandonada a finais do século XIX ou principios do XX, e situada onde hoxe está o Aquarium Finisterrae) e unhas trincheiras que aparecen recollidas en mapas dos séculos XVIII e XIX e que serían simples gabias escavadas no terreo.

A batería de Oza aparece citada en 1639, mais os restos conservados foron construídos cara a 1797 segundo o proxecto de Blas Gil de Bernabé. Sobre a batería construíuse posteriormente o faro.

O castelo de Santa Cruz, en Liáns, Oleiros tamén formaba parte da defensa da praza forte.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Muralla Da Coruña HistoriaMuralla Da Coruña DescriciónMuralla Da Coruña Outras estruturas defensivasMuralla Da Coruña Galería de imaxesMuralla Da Coruña NotasMuralla Da Coruña Véxase taménMuralla Da CoruñaA CoruñaBen de Interese Cultural

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Colocación do pronome átono en galegoAndorraLugares de ArteixoBieito RubidoPonte das PíasJoan Manuel SerratQuercusCeleste CaeiroLiga Feminina de BaloncestoAndoriñaVigoColiseum da CoruñaRaquel Sánchez-SilvaAlejandra MurguíaPaís neutralXestión de dereitos dixitaisTeléfonoWikipediaLibrary of Congress Control NumberSayenHTML5Game Boy AdvanceRoberto SalgueiroRamadánAspiradoraAterínidosJuan MagánNapoleón I de FranciaChe GuevaraJosé Luís Valladares FernándezIslandiaAllarizLuísa VillaltaBull terrierMelgachoFran AlonsoMiguel SolísCarlos CuerpoHoliCádizElla Baila SolaPío BarojaA Pobra do CaramiñalEleccións municipais de 2015 en GaliciaGatipedroRevolución dos caraveisBala (grupo musical)ArxentinaGaliciaCaixa Rural GalegaEstados Unidos de AméricaGonzalo MellaSistema operativoWAndrés PajaresXurxo GonzálezZakat al-FitrAranoArredor de siCanle (comunicación)Couselo (planta)António de Oliveira SalazarGrupo RompenteLos MotoresBurroOrraca de Galicia, Castela e LeónMiguel de CervantesCharles de GaulleReal Academia GalegaMads MikkelsenXabier DíazXapónAna BotellaXeración NósEstadio Municipal de BalaídosGallaeciaLedicia Costas🡆 More