Monte Camerún

9°10′21″L / 4.2166666666667, 9.1725

O Monte Camerún ou Fako e Mongo ma Ndemi ("monte da grandeza") en banto (chamado durante a época da colonización alemá Albertspitze) é un volcán activo, sito na provincia do Suroeste no Camerún. A súa altura alcanza os 4.095 metros sobre o nivel do mar . É o cume máis elevado do país e da África Occidental subsahariana.

Monte Camerún - Fako
Cráteres na cima do Fako
Cráteres na cima do Fako
Altitude 4.095 m
Rexión Camerún
Montaña Macizo do Camerún
Primeiro ascenso 1861 por Richard Francis Burton e Gustav Mann.
Tipo de volcán Estratovolcán, activo
Monte Camerún
Localización do Fako preto da costa do Camerún

Xeoloxía

O Fako forma parte dunha ampla zona de actividade volcánica, coñecida como a Liña Volcánica do Camerún, que se estende desde as illas de San Tomé e Príncipe até as montañas do Tibesti, no Chad. Esta liña inclúe o lago Nyos, onde unha súbita liberación de gases provocou en 1986 a morte de polo menos 1.800 persoas nas aldeas veciñas.

Nas ladeiras do volcán e máis nas áreas circundantes existem máis de 100 conos parasitos, algúns de grandes dimensións, dispóndose ao longo de liñas de fractura. A estrutura total do Fako estímase que alcanza un volume de 1.400 km3, o que fai del un supervolcán ou, cando menos, un dos grandes volcáns da Terra.

Unha segunda zona de erupción, máis antiga e agora inactiva, denominada Monte Etindi (tamén dito Pequeno Camerún), localízase no flanco sur, próximo á costa. O Etindi atinxe os 1.715 m de altitude.

O volcán Fako ten producido, esencialmente, materiais basálticos e traquibasálticos, formando un horst volcánico sobre as rochas metamórficas do Precámbrico, recubertas logo por sedimentos que datan do Cretáceo ao Cuaternario, preexistentes na rexión.

Erupcións

Están documentadas erupcións do Fako nos anos seguintes: 1650, 1807, 1825, 1838, 1852, 1865, 1866, 1871, 1909, 1922, 1925, 1954, 1959, 1982, 1999 e 2000.

Escaladas

A primeira ascensión por europeos tivo lugar en 1861. Nese ano o explorador británico sir Richard Francis Burton e o botánico alemán Gustav Mann alcanzaron a súa cima. Mary Kingsley, en 1895, converteuse na primeira muller que pisou a súa cima.

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SandroFran AlonsoLekunberriPratos combinadosSuleiman IOs EoasEstadio Municipal de BalaídosXurxo SoutoGooglePombo torcazFidel CastroAspiradoraDani PedrosaProvincia da CoruñaDinís de PortugalXestión de dereitos dixitaisJason StathamBaby ReindeerBieito RubidoEscudo de GaliciaCantiga de amigoIria Carreira PazosLibrary of Congress Control NumberArxentinaJorge MiraMontse DopicoÁureoMela CasalRamón María del Valle-InclánMasculino e feminino en galegoA HabanaReino de GaliciaGuestrarEleccións municipais de 2015 en GaliciaDomingo García-SabellSeverino Barros de LisBerrogüettoJosé López CamposCervo comúnGarcía II de GaliciaApp Store (iOS)CarballoXunta de GaliciaManuel Jesús González CapónXabier DíazPablo ArangüenaFranciaPili PampínContactAntonio Muñoz MolinaRoberto VerinoColiseum da CoruñaJuan Carlos Rodríguez CebriánPonte das PíasLeitzaldeaDiáspora galegaAranésMúsica dos países islámicosPaulino PereiroXosé Luís Méndez FerrínSemeO porco de péCándido Conde-PumpidoNovialCastelo de PambreSete Sabios da Fraga de BambúImmanuel KantNico HülkenbergLareira25 de abrilXosé Ramón Fernández-OxeaRaoul VázquezJude BellinghamAgulla (peixe)Bull terrierEduardo Valencia FernándezFernando Álvarez Lamelas🡆 More