MESSENGER (acrónimo de Mercury Surface, Space Environment, Geochemistry and Ranging) é unha sonda espacial da NASA pertencente ó programa Discovery e lanzada o 3 de agosto de 2004 mediante un foguete Delta 7925H desde a rampla 17B do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.
MESSENGER | |
---|---|
Representación artística de MESSENGER en órbita de Mercurio. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | En órbita de Mercurio. |
Data de lanzamento | 3 de agosto de 2004, 6:15:56 UTC |
Foguete portador | Delta 7925H |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 17B |
Obxectivo da misión | Estudo de Mercurio. |
NSSDC ID | 2004-030A |
Masa | 485,2 kg (baleiro), 1108 kg (cargado con propelente) |
Dimensións | Caixa de 1,27 m x 1,42 m x 1,85 m cun parasol semicilíndrico de 2,5 m de alto e 2 m de ancho e dous paneis solares que lle dan unha envergadura de 6 m. |
Potencia | 450 vatios |
MESSENGER foi lanzada cara Mercurio co fin de estudar as características e a contorna do primeiro planeta a partir do Sol. Mercurio só fora visitado previamente pola sonda Mariner 10 na década de 1970, realizando tres sobrevoos sobre o planeta. MESSENGER foi deseñada para medir a composición química da superficie mercuriana, a súa historia xeolóxica, a orixe do seu campo magnético, o tamaño e estado do núcleo do planeta, as posibles substancias volátiles dos seus polos e a orixe e composición da súa exosfera. A duración inicial da misión ía ser dun ano terrestre.
A viaxe de MESSENGER cara Mercurio durou case sete anos, nos que sobrevoou a Terra unha vez (2 de agosto de 2005), Venus dúas (24 de outubro de 2006 e 5 de xuño de 2007) e Mercurio tres veces (14 de xaneiro e 6 de outubro de 2008 e 29 de setembro de 2009) antes da inserción orbital, que ocorreu ás 00:45 UTC do 18 de marzo do 2011 tras un encendido do motor da nave de 15 minutos de duración. Durante a viaxe, MESSENGER usou o seu motor tamén durante cinco manobras de espazo profundo para axustar a súa órbita antes de chegar a Mercurio. Os diferentes sobrevoos aproveitáronse para recoller datos científicos.
A nave ten forma de caixa cunhas dimensións de 1,27 m x 1,42 m x 1,85 m. Un dos lados está protexido por un escudo solar de forma semicilíndrica de 2,5 m de alto e 2 m de ancho. A alimentación eléctrica é proporcionada por dous paneis solares que sobresaen da nave. O magnetómetro está situado nun mastro de 3,6 m de longo. A masa total da nave, incluíndo 607,8 kg propelente, era de 1093 kg. A estrutura da nave está formada por dous paneis verticais que soportan os dous tanques de combustible e por outros dous paneis verticais que conteñen o tanque de oxidante e un panel cos tubos de interconexión. Os catro paneis verticais forman a columna central da nave e na súa parte inferior están unidos por un adaptador de aluminio. O panel superior alberga o motor principal e os propulsores menores, os tanques de helio e de combustible auxiliar, os seguidores de estrelas e a batería.
O motor principal é bipropelente e ten un pulo de 645 Newton e un impulso específico de 317 s. Compleméntase con catro propulsores monopropelente de 22 N de pulo e dez propulsores monopropelente de 4 N para control de actitude, que se complementa cun sistema de volantes de inercia. A determinación da posición da nave ten lugar grazas a un sistema de cámaras seguidoras de estrelas, unha unidade de guía inercial e seis sensores solares. Os paneis solares, capaces de rotar sobre si mesmos, proporcionan ata 450 vatios de potencia na órbita de Mercurio. Están formados por un 70% de reflectores que disminúen a súa temperatura e un 30% de células solares de arseniuro de galio e xermanio. A enerxía eléctrica almacénase nunha batería de níquel-hidróxeno.
As comunicacións principais da sonda coa Terra teñen lugar en banda X a través de dous conxuntos de antenas fixas por aliñamento de fase e mediante varias antenas de media e baixa ganancia en distintas partes da nave. O control térmico é pasivo grazas ó escudo térmico cerámico e a varios radiadores situados no corpo da sonda, así como ó illamento multicapa que cobre partes da nave. O escudo, na órbita de Mercurio, chega aos 370 °C mentres mantén a nave a menos de 20 °C. A órbita de MESSENGER está deseñada para que a radiación visible e infravermella devolta pola superficie do planeta non exceda os límites soportables pola nave, aínda que leva a bordo quentadores para asegurarse de que certos compoñentes non baixen das súas temperaturas operativas.
O sistema de control da nave usa electrónica redundante, cada sistema con dous procesadores funcionando un a 25 MHz e outro a 10 MHz.
MESSENGER leva sete instrumentos científicos a bordo, que en total non superan os 50 kg:
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Messenger |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Messenger (sonda espacial), which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.