Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán.
Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país. Mostrouse especialmente crítico cos partidos políticos cataláns antes, durante e despois da transición española, sendo considerado decote un referente e intelectual da esquerda independentista.
Manuel de Pedrolo
Nome orixinal
(ca) Manuel de Pedrolo i Molina
Biografía
Nacemento
(ca) Manuel de Pedrolo Sanchez i Molina 1 de abril de 1918 L'Aranyó, España
Estudou o bacharelato en Tàrrega até 1935, cando foi a Barcelona. Co estoupido da guerra civil española abandonou os estudos de Medicina e afiliouse á CNT e á FAI, indo traballar como mestre a Fígols de les Mines. Foi artilleiro no Exército Popular, estando nas frontes de Falset, Figueres e Barcelona. En 1943 casa e instálase definitivamente en Barcelona. Trala fin do conflito, foi recluído nun campo de concentración.
Iniciouse no mundo literario en 1950 cun poemario. A súa primeira novela, Es vessa una sang fàcil, publicouse en 1953. En 1954 gañou o Premio Joanot Martorell, e desde entón converteuse nun dos valores máis firmes da novelística catalá.
Procurou incluír innovacións nas súas novelas. Independentemente da temática, reflectía sempre cun gran realismo a aventura da persoa suxeita á súa condición humana, con todas as contradicións que iso implica. Fixo algunha aproximación á literatura do absurdo.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Manuel de Pedrolo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses. ®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.