Luís Bará: Político galego

Xosé Luís Bará Torres, nado en Vilaboa o 9 de maio de 1965, é un político, filólogo e profesor galego.

Infotaula de personaXosé Luís Bará Torres
Luís Bará: Traxectoria, Vida persoal, Publicacións
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de maio de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Vilaboa, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
Luís Bará: Traxectoria, Vida persoal, Publicacións   Concelleiro de Mobilidade e Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra
Período2011 – 2016
Luís Bará: Traxectoria, Vida persoal, Publicacións  Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Período2005 – 2009
Luís Bará: Traxectoria, Vida persoal, Publicacións  Concelleiro de Pontevedra
Período1995 – 2019
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
IES Sánchez Cantón Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónFilólogo, profesor, político
Partido políticoBloque Nacionalista Galego
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: luis.baratorres Twitter: LuisBaraGz Instagram: luisbaratorres Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Carreira profesional

Estudou o Bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, formando parte da 1ª promoción que estudou Lingua Galega e Literatura no curso 1979-1980. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Lingua Galega e Literatura no IES Torrente Ballester desde 1988 ata 1999.

Carreira política

En 1999, deixou o ensino ao pedir unha excedencia e pasar a formar parte da corporación municipal trala elección de Miguel Anxo Fernández Lores coma alcalde de Pontevedra, se ben xa viña exercendo como concelleiro na oposición desde 1995. Coma concelleiro en Pontevedra, impulsou a creación da Feira Franca de Pontevedra, apoiado polo traballo de documentación por parte do seu equipo de colaboradores. Tamén traballou na declaración do Ano Castelao (premio Voces de Pontevedra 2000), no Ano da Música (premio da Crítica de Galicia), no Salón do Libro infantil e Xuvenil e na Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL).En 2005, ao formarse o Bipartito na Xunta de Galicia, foi designado Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura. En 2009, ao non acadarse o suficiente número de escanos para manter o Goberno nas eleccións ao Parlamento, foi destituído do seu cargo, sendo nomeado concelleiro non electo en Pontevedra (2009-2011).

Tralas eleccións municipais de 2011 continuou no goberno grazas á coalición do BNG e do PSdeG. Nas municipais de 2015 repetiu como concelleiro asumindo as áreas de Mobilidade, Patrimonio cultural e etnográfico e Centro Histórico, pero dende a súa elección coma deputado no Parlamento de Galicia polo BNG, tralos comicios de 2016, as súas competencias quedaron reducidas a Patrimonio e Memoria Histórica. No ano 2019, tralas eleccións municipais, abandonou a súa acta de concelleiro para continuar o seu labor como deputado, que vén exercendo ata actualidade trala reelección nas eleccións autonómicas de 2020, onde encabezou a lista electoral pola provincia de Pontevedra, nas que o Bloque Nacionalista Galego obtivo uns resultados históricos.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.

Colaboracións

Colabora na recuperación da memoria histórica, primeiro desde o seu cargo de Director Xeral de Creación e Difusión Cultural e despois continuou o labor a través do seu blog. Forma parte do colectivo de recuperación de memoria histórica A Regaduxa. Colabora con artigos na publicación dixital Pontevedra Viva e tamén no Nós Diario.

Vida persoal

Luís Bará é o pai do poeta Diego Bará, así coma de Sabela Bará Louro e María Bará Louro.

Publicacións

Luís Bará: Traxectoria, Vida persoal, Publicacións 
Presentación de Feminicidio de Carme Adán na Casa das Campás o 31/01/2018. Coa autora e Malores Villanueva.

Limiar de: Cegoñas no fondo da ría (Manuel Lourenzo González, 2015)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Luís Bará TraxectoriaLuís Bará Vida persoalLuís Bará PublicaciónsLuís Bará NotasLuís Bará Véxase taménLuís Bará19659 de maioFiloloxíaGaliciaPolítico, políticaVilaboa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de ríos de GaliciaRusiaBibTeXVicente RiscoRede privada virtualDiglosiaSistema operativoMedoPobo palestinoVietnamMercedes QueixasLista de ósos do esqueleto humanoThe HivesXurxo AyánPaparazziCristiano RonaldoBoyanka Kostova (grupo musical)José Luís Valladares FernándezHarry StylesAntiga CartagoCamiño de SantiagoLista de emperadores romanosXosé Manuel PiñeiroDiego Rivas RegoTito ValdésPaulino PereiroContactorVox populiEsencia de trementinaEcce HomoIgantziEstanislao FiguerasNoelia ReyNormativa oficial do galegoUniversidade de ManchesterLugoBolboretaLista de xentilicios de concellos galegosLiteratura infantilGoretti SanmartínShinovaJesús Vázquez AlmuíñaBigues i Riells del FaiRepública Democrática do CongoToxo arnalAna Luísa BouzaRamón Otero PedrayoArantzaLista de estacións de tren de GaliciaRibeiraGame Boy Advance SPCarlomagnoOtelo Saraiva de CarvalhoEscudo de GaliciaJacinto BenaventeÁlvaro Morata2024Santiago de CompostelaDos arquivos do trasnoGalería de imaxes de arañas de GaliciaPatricia VázquezHomosexualidadeMerloCatedral de Santiago de CompostelaISBNDigital object identifierRastroEmilio Pérez TouriñoTwitter🡆 More