Consellería De Cultura, Lingua E Xuventude: Antiga consellería da Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da cultura, así como da protección do patrimonio, a promoción e protección de lingua e da promoción de políticas de cara á mocidade.

Noutros tempos encargouse do fomento do deporte, da área de turismo e estivo fusionada coa consellería de Educación. O seu actual titular é José Carlos López Campos.

Consellería De Cultura, Lingua E Xuventude: Historia, Notas, Véxase tamén
Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura e Turismo entre 2018 e 2020

Historia

A consellería de Cultura viviu ao longo dos anos diversas modificacións, tanto en competencias como en denominacións. Os principais elementos de variación foron o turismo (unha área que tamén correspondeu á consellería de Industria e o deporte (que ás veces correspondeu a outras consellerías, como Familia e outras veces dependeu directamente do presidente da Xunta co rango de secretaría xeral. O primeiro conselleiro foi Xosé Filgueira Valverde, en calidade de asesor especial do presidente Xerardo Fernández Albor. Posteriormente consolidouse como unha das consellerías fundamentais. Ademais, durante o período dun ano ao remate da era Albor, asociouse con Benestar social.

Ademais. entre 1983 e 1986 foi integrada na estrutura da consellería de Educación, fusión que volveu repetir a partir de 2012. Dende 2018 ata 2020 recupera a súa independencia como Cultura e Turismo, pasando a partir de 2020 a ser fusionada de novo con Educación e Universidade. En 2024 recuperou a súa independencia como Cultura, Lingua e Xuventude.

Conselleiros

  1. Xosé Filgueira Valverde (1982–1983). Como conselleiro adxunto ao presidente en materia cultural. A partir de finais de 1982 fíxoo co nome de conselleiro para a Cultura.
  2. Alejandrino Fernández Barreiro (1986–1987). Como conselleiro de Cultura e Benestar Social: .
  3. Alfredo Conde (1987–1990). Como conselleiro de Cultura e Deportes.
  4. Daniel Barata Quintas (1990–1993). Como conselleiro de Cultura e Xuventude.
  5. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (1993–1996). Como conselleiro de Cultura.
  6. Xesús Pérez Varela (1996–2005). Como conselleiro de Cultura e Comunicación Social. A partir de 1997 como conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
  7. Ánxela Bugallo (2005–2009). Como conselleira de Cultura e Deporte.
  8. Roberto Varela (2009–2012). Como conselleiro de Cultura e Turismo.
  9. Xesús Vázquez Abad (2012-2015). Como conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  10. Román Rodríguez González (2015-2020). Como conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (2015-2018), conselleiro de Cultura e Turismo (2018-2020) e conselleiro de Cultura, Educación e Universidade (2020-2024)
  11. José Carlos López Campos (2024- ). Como conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Consellería De Cultura, Lingua E Xuventude HistoriaConsellería De Cultura, Lingua E Xuventude NotasConsellería De Cultura, Lingua E Xuventude Véxase taménConsellería De Cultura, Lingua E XuventudeConselleríaCulturaDeporteJosé Carlos López CamposLinguaTurismoXunta de Galicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rakel WinchesterAs leis de CelavellaVerzaYouTubeAlcumeArnold SchwarzeneggerCataluñaCentauroJesús Vázquez AlmuíñaMarie Maynard DalyPaís VascoRepública ChecaAnxo González GuerraPepe CarreiroVento feridoWatergateArandoLeonardo da VinciRibeiraAbertzaleEleccións municipais de 2023 en GaliciaAníbal MalvarNapoleón I de FranciaGoogleLois PereiroSpice GirlsEurasiaMaruxa MalloUnión SoviéticaPraza da QuintanaJane GoodallEsther F. CarrodeguasCastro de Santa TregaAndoni OrtuzarTom Jones (cantante)Os ÁnxelesIsabel Díaz AyusoLois DiéguezXogo da chaveMartin Luther KingAlgaIdade MediaUxío Novoneyra+CuñadosXosé Manuel PiñeiroContido libreXogos popularesOurenseCill GhallagáinLa Voz de GaliciaProfeta Habacuc (Donatello)UJude BellinghamAires da miña terraRaquel AtanesSímbolos matemáticosJosé Calvo SoteloChimpínListenbourgHLA-CMeg RyanMondoñedoLingua galegaAvespa asiáticaReal Club Celta de VigoHelena MuñozIsmael RamosXoanqui AmeixeirasFrancisco Castro VelosoAbrilBugalloDios ke te crewBulgaria🡆 More