Lume Grego

O denominado lume grego era unha arma naval usada polo Imperio Bizantino, supostamente inventada por un refuxiado cristián sirio chamado Calínico, orixinario de Heliópolis cara a 671 ou 673.

Algúns autores pensan que Calínico recibiu o segredo do lume grego dos químicos de Alexandría. Lanzaba un chorro de fluído ardente, e podía empregarse tanto en terra como no mar, aínda que se utilizou preferentemente no mar.

Lume Grego
Uso do lume grego, segundo un manuscrito bizantino.

Grazas a ela, a mariña do Imperio conseguiu rexeitar un masivo ataque naval dos árabes, constituíndo así un freo ás intencións expansionistas do islam, e salvando, literalmente, a Europa Occidental.

Fabricación

Consistía no lanzamento dunha mestura viscosa que segundo estudos recentes estaba composta de sete ingredientes:

  • petróleo en bruto, ou
  • nafta, para que flotase sobre a auga,
  • xofre, que ao entrar en combustión, emite vapores tóxicos,
  • cal vivo, que prende ao entrar en contacto coa auga,
  • resina, para activar a combustión dos ingredientes,
  • graxas para aglutinar todos os elementos,
  • nitrato potásico, salitre, que desprende osíxeno ao prender, permitindo desta forma que o lume continúe ardendo baixo a auga.

Tras lanzar a mestura a través duns longos tubos instalados na embarcación, a mestura entraba en ignición ao contacto coa auga, incendiando as embarcacións inimigas.

O motivo polo que se descoñece a súa composición é moi simple: a mariña bizantina da Alta Idade Media era, moitísimo, a dona do Mediterráneo Oriental, e na posesión do lume grego estaba unha das claves da súa superioridade, de maneira que esta arma considerábase un segredo.[Cómpre referencia]

Algúns historiadores ingleses din que a Armada Invencible sucumbiu ante Francis Drake, que ideou unha fileira de barrís de lume grego incendiados xusto ao atravesalos na batalla do Canal da Mancha.

Tags:

671673AlexandríaHeliópolisImperio Bizantino

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Traxe galegoGuerschon YabuseleA Cure for WellnessLista de nomes femininos en galegoMalpica de BergantiñosPoallaK77Aníbal MalvarEleccións municipais en RibeiraHorteláAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoBrais LamelaOurizo cachoLorbé, Dexo, OleirosDios ke te crewManuel Lois GarcíaFollaXaime Isla CoutoLParadigmas dos verbos irregulares galegosPotaBandeira de GaliciaRío UrumeaBrañaRevolución galega de 1846Confessions of a Teenage Drama QueenProvincia da CoruñaDaniel DomínguezZO Cuco de VelleCoia, VigoMona SimpsonLíbanoREC (filme)VigoPontedeumeMoncha FuentesCastroverdeBillardaWayback MachineValentín Alfonsín SomozaDinahostingMaría Xosé QueizánNarónAs aves na cultura popular galegaToquioEspañaLeymaAnniken HuitfeldtLenda das SereasFontao, A TeixeiraPegaÁreas sanitarias de GaliciaCulleredoPosición do misioneiro invertidaJosé Benito Pardo RodríguezAlmorzoCervo comúnLa Voz de GaliciaDiane LaneMarta Fernández-TapiasIrene GonzálezCira, SilledaXosé Luís BaltarRastroLago NessOrchataEscáncerSantuario de Nosa Señora da PenedaElena CandiaRibeiraFonteita, O CorgoJuan Copa🡆 More