Lago Ladoga

O lago Ladoga ou lago Ládoga, en ruso, Ладожское озеро (Ládozhskoie ózero), en finés, Laatokka, é un lago de auga doce situado en Carelia e o óblast de San Petersburgo, pretiño da fronteira con Finlandia.

Cunha superficie de 17.700 km², é o maior lago de Europa e o décimo quinto do mundo. No seu interior áchanse 660 illas cunha superficie de 435 km². A maioría destas illas están próximas da costa noroeste, incluíndo as coñecidas illas Valaam. O lago desemboca no Golfo de Finlandia (Mar Báltico) a través do río Nevá.

Lago Ladoga
Mapa do Lago Ladoga
Lago Ladoga
Mosteiro de Valaam.

A área da súa cunca é de 276.000 km². Esta conca inclúe uns 50.000 lagos e 3.500 ríos cunha lonxitude superior aos 10 km. O 85% da auga do lago provén dos seus tres principais afluentes:

  • Río Svir, proveniente do sueste do lago Onega, cunha lonxitude de 224 km e unha conca de 83.200 km²;
  • Río Vuoksi, proveniente do oeste desde o lago Saimaa, en Finlandia, cunha lonxitude de 162 km e unha conca de 52.400 km²;
  • Río Vóljov, proveniente do sur, do lago Ilmen, cunha lonxitude de 224 km e unha conca de 80.200 km²;

Outros afluentes de importancia son os ríos Olonka e Syas.

O lago Ladoga ten a súa propia especie endémica de foca anelada, chamada foca do Ladoga.

Historia

Lago Ladoga 
Localización do lago de Ladoga.

O lago era parte importante da ruta comercial que unía aos varegos co Imperio bizantino. A capital rusa máis antiga, Stáraya Ládoga, toma o seu nome do lago.

O antigo mosteiro de Valaam fundouse na illa de mesmo nome (en finés: Valamo), a máis grande do lago, abandonado entre 1611 e 1715, restaurado no século XVIII e evacuado a Finlandia durante a Guerra de Inverno en 1940. A actividade monástica foi reanudada en 1989. Outros claustros próximos son os mosteiros de Konevets e de Alexandr-Svirsky.

Entre 1617 e 1721, o lago formaba a fronteira entre Rusia e Suecia, e posteriormente, entre 1812 e 1940, a fronteira entre Finlandia e Rusia.

Durante o sitio de Leningrado (1941-1944), o lago de Ladoga supoñía o único acceso á cidade. Grazas a isto, toneladas de alimentos chegaron a Leningrado, con camións durante o inverno (polo coñecido como "Camiño da Vida"), e durante o verán mediante barcos.

Despois da guerra, Finlandia perdeu a rexión da República de Carelia a favor da URSS. A maioría dos finlandeses foron obrigados ao exilio, aínda que algúns nativos puideron ficar alí.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Auga doceEuropaFinlandiaGolfo de FinlandiaLingua finesaLingua rusaMar BálticoRepública de CareliaRío NevaSan PetersburgoÓblast

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BidueiroGerardo Pardo de VeraUniversidade de Santiago de CompostelaJéssica BouzasSabela (Operación Triunfo)Camilo Nogueira RománMadridLista de programas de Televisión EspañolaGabriel RufiánEsperantoPanteón de Galegos IlustresDeportivo da CoruñaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoGolfiño comúnLuis Mateo DíezCopia por contactoContactorNacho CastañoOurenseAna Luísa BouzaSete SabiosScarlett JohanssonEspañaBrasilLorenzo VarelaMauro ScaloniVicente RiscoPapuxa das amorasRembrandtAC-456Ramón Otero PedrayoCarles PuigdemontRebel MoonAbril na cultura popular galegaCubaXosé Ramón GayosoRepública ChecaJulio Iglesias RedondoProxyAs dúas MaríasEditorial GalaxiaAmy WinehouseIndonesiaClara CampoamorPablo PicassoAs aves na cultura popular galegaRefraneiro galego sobre o mes de maioXestaBeteluManuel Gago MariñoPontevedraBilbaoArantzaSusana FortesCalorMalena AlterioTonhito de PoiJosé Luís Valladares FernándezLesakaBritney SpearsEmilio Aragón BermúdezElena CandiaGuerraLuís Pérez BarralPaulino PereiroÁlvaro Porto DapenaRosario Porto OrtegaVila de CrucesNeptunoAsteraceaeVilagarcía de ArousaVictoria Núñez LópezEduardo MendozaForcareiFollas novas🡆 More