Krishna: Deus hindú, encarnación de Vishnu

Krishna (en sánscrito: कृष्ण, Kṛṣṇa) é unha das deidades fundamentais do hinduísmo.

É adorado como o oitavo avatar de Vishnu e tamén como o Deus supremo por dereito propio. É o deus da protección, a compaixón, a tenrura e o amor e é unha das máis populares e veneradas das divindades indias. O aniversario de Krishna celébrano cada ano os hindús no Krishna Janmashtami segundo o calendario lunisolar hindú, que cae a finais de agosto ou principios de setembro do calendario gregoriano.

Krishna: Nomes e etimoloxía, Notas, Véxase tamén
Estatua de Krishna no templo Sri Mariamman, Singapur.

As anécdotas e as narracións da vida de Krishna normalmente chámanse Krishna Leela. É unha personaxe central no Mahabharata, no Bhagavata Purana, no Brahma Vaivarta Purana e no Bhagavad Gita, e é mencionado en moitos textos filosóficos, teolóxicos e mitolóxicos hindús. Retrátano en varias perspectivas: un neno-deus, un bromista, un amante modelo, un heroe divino e como o ser supremo universal. A súa iconografía reflicte estas lendas e móstrano en diferentes etapas da súa vida, como un bebé que come manteiga, un rapaz tocando a frauta, un rapaz con Radha ou rodeado de mulleres devotas ou como un carreteiro amigable que lle dá consello a Arjuna.

O nome e os sinónimos de Krishna remontánse á literatura e aos cultos do primeiro milenio a.C. Nalgunhas subtradicións, Krishna é adorado como Svayam Bhagavan (o Deus Supremo) e ás veces coñécese como krishnaísmo. Estas subtradicións xurdiron no contexto do movemento bhakti da época medieval. A literatura relacionada con Krishna inspirou numerosas artes do espectáculo como Bharatanatyam, Kathakali, Kuchipudi, Odissi e a danza Manipuri. É un deus panhindú, mais é venerado especialmente nalgúns lugares como Vrindavan en Uttar Pradesh, Dwarka e Junagadh en Gujarat; o aspecto Jagannatha en Odisha, Mayapur en Bengala Occidental; en forma de Vithoba en Pandharpur, Maharashtra, Shrinathji en Nathdwara en Rajasthan, Udupi Krishna en Karnataka, Parthasarathy en Tamil Nadu e Guruvayoorappan en Guruvayoor en Kerala. Desde a década de 1960, o culto a Krishna tamén se estendeu ao mundo occidental e a África, en gran parte debido ao traballo da Sociedade Internacional para a Conciencia de Krishna (ISKCON).

Nomes e etimoloxía

O nome "Krishna" procede da voz sánscrita Kṛṣṇa, que é principalmente un adxectivo que significa "negro", "escuro" ou "azul escuro". A lúa minguante chámase Krishna Paksha, relacionado co adxectivo que significa "que se escurece". O nome tamén se interpreta ás veces como "todo atractivo".

Como un nome de Vishnu, Krishna é listado como o 57.º nome no Vishnu Sahasranama. Baseado no seu nome, Krishna, ás veces represéntase coma un ídolo de pel negra ou azul. Krishna tamén se coñece con outros nomes, epítetos e títulos que reflicten as súas moitas asociacións e atributos. Entre os nomes máis comúns están Mohan "encantador"; Govinda "xefe gandeiro", Keev "bromista" e Gopala "protector do Go", que significa "alma" ou "as vacas". Algúns nomes para Krishna teñen importancia rexional; Jagannatha, que se atopa no templo de Puri, é unha encarnación popular no estado de Odisha e rexións próximas da India oriental.

Krishna pode tamén referirse a Vāsudeva-Krishna, Murlidhar e Chakradhar. O título honorario "Sri" ou "Shri" adoita empregarse diante do nome de Krishna.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Krishna Nomes e etimoloxíaKrishna NotasKrishna Véxase taménKrishnaAvatarCalendario gregorianoCalendario hindúDeidadeHinduísmoLingua sánscritaVishnu

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O Barco de ValdeorrasLista de xentilicios de concellos galegosMarcos MaceiraOrlando BloomTeresa RiberaXosé Luís BernalFederico García LorcaJoseba ApaolazaMiguel Ángel MuñozAtenasLuz Pozo GarzaLista de nomes femininos en galegoMaría JamardoLeopoldo RubidoBurgosNacho CastañoGonzalo Torrente BallesterContactCeroRoberto Vidal BolañoSoraya ArnelasPaleolíticoNintendo 64Manuel Curros EnríquezPierre Simon LaplaceWiiAlexandre o GrandeBloque Nacionalista GalegoRebeliom do InframundoXogo de apostaAP-9Deus, porque es tan fato!Nikola TeslaFrancisco FrancoCosta da MorteO lobo da xenteJavier CasqueiroMeg RyanAlmudena ChacónXosé Rubia BarciaListenbourgPaulo CarrilTerraRelación sexual humanaOs pronomes persoais galegosJosé Antonio Primo de RiveraPolieno (química)AquilesJ. R. R. TolkienXesús Alonso MonteroVacaSanta CompañaAlbert EinsteinSetaJorge Sanz MirandaGalego-portugués2015Pilar AbellaLista de ríos de GaliciaLingua casteláIrmandiñosÁlvaro CunqueiroBilbaoFrancisco FumegaGonzalo LouzaoMegasaLista de presidentes da República PortuguesaFlora invasora de GaliciaSobreiraFrancisco Castro VelosoKeanu ReevesUnión EuropeaNova narrativa galegaHistoria de AlbaniaYouTube🡆 More