Kimi no Na wa.
Foi producido por Noritaka Kawaguchi e Genki Kawamura, con música composta por Radwimps. Kimi no Na wa. conta a historia dunha moza adolescente do Xapón rural e un rapaz de Toquio que intercambian os seus corpos. Está protagonizado polas voces de Ryunosuke Kamiki, Mone Kamishiraishi, Masami Nagasawa e Etsuko Ichihara. Unha novela homónima escrita por Shinkai foi publicada un mes antes da estrea do filme.
Kimi no Na wa. | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 君の名は。 |
Director | Makoto Shinkai |
Produtor |
|
Guión | Makoto Shinkai |
Intérpretes |
|
Música | Radwimps |
Fotografía | Makoto Shinkai |
Montaxe | Makoto Shinkai |
Estudio | CoMix Wave Films |
Distribuidora | Toho (Xapón) |
Estrea | Anime Expo: 3 de xullo de 2016 26 de agosto de 2016 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación, romance |
Recadación | $358 000 000 |
Na rede | |
http://www.kiminona.com/ | |
|
Kimi no Na wa. foi distribuído por Toho. Estreouse na convención Anime Expo 2016 dos Ánxeles o 3 de xullo de 2016, e no Xapón o 26 de agosto de 2016. Recibiu a aclamación da crítica, que alabou a animación e o impacto emocional do filme, e foi un grande éxito comercial, converténdose no cuarto filme con maior recadación na historia do Xapón, o sétimo filme de animación tradicional, e o quinto filme de fala non inglesa con maior internacionalmente, cun total de $355 millóns. Gañou o premio do Festival de Cine de Sitges, o LAFCA e no Festival de Mainichi o premio de mellor filme animado, así como un nomeamento nos Premios da Academia Xaponesa á mellor animación do ano.
Taki e Mitsuha, dous adolescentes, descobren un día que mentres dormen os seus corpos se intercambian, e comezan a comunicarse entre eles por medio de notas e cos teléfonos móbiles. Ela é unha estudante dunha pequena vila que renega da vida rural e desexa vivir na cidade; el, un tímido estudante de Toquio cun traballo a tempo parcial nun restaurante italiano. A medida que conseguen superar a sorpresa inicial, créase entre eles unha ligazón que pouco a pouco vai convértendose en algo máis.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Kimi no Na wa., which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.