Juan Vázquez De Mella

Juan Vázquez de Mella Fanjul, nado en Cangas de Onís o 8 de xuño de 1861 e finado en Madrid o 26 de febreiro de 1928, foi un político tradicionalista, escritor e filósofo católico español.

Infotaula de personaJuan Vázquez de Mella
Juan Vázquez De Mella
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Vázquez de Mella y Fanjul Editar o valor em Wikidata
8 de xuño de 1861 Editar o valor em Wikidata
Cangas de Onís, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de febreiro de 1928 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Paseo del Prado, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Juan Vázquez De Mella Deputado das Cortes
10 de marzo de 1904 – 10 de xaneiro de 1918
Circunscrición electoral: Agoitz, Pamplona, Oviedo
Juan Vázquez De Mella Deputado das Cortes
12 de marzo de 1893 – 16 de marzo de 1899
Circunscrición electoral: Lizarra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , escritor , filósofo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoComunión Tradicionalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Juan Vázquez De Mella Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo de Juan Vázquez de Mella Varela, tenente coronel retirado natural de Boimorto, e de Teresa Fanjul, nada en Cangas de Onís. Quedou orfo de pai con seis anos. Estudou no seminario de Valdediós entre 1874 e 1877, e rematado o bacharelato trasladouse coa súa nai a Boimorto. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela onde dirixiu o periódico El Pensamiento Galaico. De elocuente palabra, portentosa memoria e brillante capacidade para a oratoria e a política, abrazou a causa do carlismo. Deputado ás Cortes de 1893 a 1916, elixido polos distritos de Aoiz, Estella e varias veces por Pamplona. Cando presentou a súa candidatura a deputado por Oviedo foi derrotado pola coalición que reformistas e socialistas presentaron contra os conservadores. Presentou ás Cortes de Madrid unha vigorosa petición solicitando que fose declarada ilegal, facciosa e traidora á Patria a Masonería, eliminando dos empregos públicos aos masóns. Participou no Congreso antimasónico de Trento en 1896.

Vázquez de Mella era xermanófilo o que o conduciu a unha soada separación con Xaime de Borbón, que ademais de pretendente á coroa era aliadófilo. Xaime de Borbón, que fora confinado polos austríacos no seu castelo próximo a Viena, publicou en 1918 un manifesto dirixido aos tradicionalistas españois desautorizando aos que tivesen exteriorizado os seus sentimentos xermanófilos: Vázquez de Mella opúxose ao documento e nese cisma orixinouse a escisión que o levou a fundar en 1918 o Partido Católico Tradicionalista.

Coa ditadura de Primo de Rivera apártase da política, debido tamén a problemas de saúde.

Pensamento

As ideas centrais no seu pensamento eran a Tradición, a monarquía, a unidade de España a través do rexionalismo e do foralismo e a concepción orgánica da sociedade onde se reclama a soberanía non para o Estado senón para a sociedade a través das súas organizacións naturais: a familia, o municipio, a rexión.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lira, Osvaldo, Nostalgia de Vázquez de Mella, Difusión Chilena [Colección Verbo], Santiago de Chile 1942, 239 páxs. 2ª edición, Editorial Andrés Bello, Santiago de Chile 1979, 363 páxs.
  • Arduengo Caso, José, Juan Vázquez de Mella y Fanjul. (Pensamiento filosófico), 1984.
  • Sevilla Benito, Francisco, Sociedad y regionalismo en Vázquez de Mella. La sistematización doctrinal del carlismo, 2008.

Ligazóns externas

Tags:

Juan Vázquez De Mella TraxectoriaJuan Vázquez De Mella PensamentoJuan Vázquez De Mella NotasJuan Vázquez De Mella Véxase taménJuan Vázquez De Mella1861192826 de febreiro8 de xuñoCangas de OnísMadrid

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rías Baixas (serie de televisión)Lista de siglas e acrónimosMalena AlterioTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Alexander VórticeAntiga CartagoEuropaA chave das nocesSystem of a DownJesús Vázquez AlmuíñaAustraliaXabier DíazManuel RivasIgnacio Rivera QuintanaAWStatsPontellaJuan Jacobo Durán LorigaXosé Luís Méndez FerrínFentoDaniel BasteiroAC-141José María Barreiro GómezDiglosiaFiúnchoVox populiLPobo palestinoIrmandiñosXosé Luís BernalXXX edición dos Premios GoyaBárbara ReyParlamento de GaliciaVacaIsaac NewtonMoción de confianzaO GroveHenrique VIII de InglaterraXavi HernándezDavid MellaJavier CasqueiroCambadosMoinanteManuel Curros EnríquezLuís Pérez BarralElena CandiaHarvey WeinsteinAliança CatalanaJosé Manuel Rodríguez PuenteMarçal MolinéEditorial GalaxiaAires da miña terraSabela (Operación Triunfo)María Jesús MonteroTradescantia fluminensisSalgueiro MaiaIndonesiaAs aves na cultura popular galegaSonsoles EspinosaA gaita gallega (libro)TeixugoFrancisco Varela OuroXXXTentacionConceyu BableFernando Salgado VarelaLuís CíliaRafael NadalMerloMaría Antonieta de AustriaCarbohidratoVincent van Gogh2015UcraínaPalmaRocco SiffrediConvento do Carme de Padrón🡆 More