Jiddu Krishnamurti

Jiddu Krishnamurti, nado o 11 de maio de 1895 e finado o 17 de febreiro de 1986, foi un orador de orixe india sobre temas filosóficos e espirituais.

A súa carreira tivo dúas etapas claramente diferenciadas. Na primeira, foi alumno e, finalmente, líder do novo movemento relixioso chamado Teosofía. Na segunda, rexeitou a Teosofía e todas as crenzas asociadas a ela, dicindo: "Manteño que a verdade é unha terra sen camiños, e non te podes achegar a ela por ningún atallo, por ningunha relixión, por ningunha seita".

Infotaula de personaJiddu Krishnamurti
Jiddu Krishnamurti
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(te) జిడ్డు కృష్ణ మూర్తి Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 12 de maio de 1895 Editar o valor em Wikidata
Madanapalle (Raj Británico) Editar o valor em Wikidata
Morte17 de febreiro de 1986 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Ojai, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDominio da India (1947–1950)
India (1947–)
Raj Británico (–1947) Editar o valor em Wikidata
RelixiónIrrelixión Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversité Paris-Sorbonne Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor em Wikidata
AlumnosHarold Lehman (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioK Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua telugu e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor
Premios

Páxina webjkrishnamurti.org Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: a4d51195-b322-4a14-950d-2b08b727f012 Discogs: 1617488 WikiTree: Krishnamurti-1 Editar o valor em Wikidata

Teosofía

Krishnamurti naceu no seo dunha familia brahmán na que entón era a India británica. No inicio da adolescencia, tivo un encontro casual co destacado ocultista e teósofo de alto rango Charles Leadbeater nos terreos da sede da Sociedade Teosófica en Madrás (agora Chennai). Posteriormente foi criado por Annie Besant e Leadbeater, líderes daquela Sociedade. Crían que era un "vehículo" para un esperado Mestre do Mundo. Mentres era novo, Besant controlou a súa vida e gañou un proceso xudicial pola custodia de Krishnamurti e o seu irmán.

Liberdade

Cando era novo, Krishnamurti renegou da Teosofía e disolveu a organización mundial (a Orde da Estrela en Oriente) creada para apoiala. Renunciou aos distintos trusts e outras organizacións que estaban afiliadas á Orde da Estrela e á Sociedade Teosófica. Devolveu os cartos e propiedades doadas á Orde, entre elas un castelo nos Países Baixos e 5 000 acres (20 km2) de terra, aos seus doadores. A partir de entón Krishnamurti non aceptou seguidores nin adoradores, pensaba que a relación entre o discípulo e o gurú fomentaba dependencia e a explotación, porén si aceptou apoio económico que lle ofreceron persoas inspiradas no seu traballo e continuou con xiras de conferencias e publicación de libros durante máis de medio século. Contou entre as súas amizades a persoas diversas do mundo da arte, a literatura e a ciencia como George Bernard Shaw, Henry Miller, Aldous Huxley, Van Morrison e David Bohm.

Rexeitou a fidelidade a ningunha nacionalidade, casta, relixión ou filosofía. Logo da disolución da Orde da Estrela pasou o resto da súa vida viaxando polo mundo, falando con grandes e pequenos grupos e individuos. Foi autor de moitos libros, entre eles The First and Last Freedom, The Only Revolution e Krishnamurti's Notebook. Moitas das súas charlas e debates foron transcritas e publicadas.

Instou constantemente á xente a pensar de forma independente e invitounos a explorar e discutir temas específicos xunto con el. A súa temática incluía: a revolución psicolóxica, a natureza da mente, a meditación, a investigación, as relacións humanas e o cambio na sociedade. Subliñou a necesidade dunha revolución na psique de todo ser humano e subliñou que esa revolución non pode ser provocada por ningunha entidade externa, sexa relixiosa, política ou social.

Hoxe en día, algunhas organizacións sen ánimo de lucro na India, Gran Bretaña e Estados Unidos supervisan varias escolas baseándose nas súas opinións sobre a educación. Continúan transcribindo e distribuíndo os seus miles de charlas, discusións en grupo e individuais e escritos en diversas linguas e formatos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Jiddu Krishnamurti TeosofíaJiddu Krishnamurti LiberdadeJiddu Krishnamurti NotasJiddu Krishnamurti Véxase taménJiddu Krishnamurti11 de maio17 de febreiro18951986IndiaNovos movementos relixiosos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Universidade de Santiago de CompostelaRudaReino de BorgoñaCarlos II de EspañaFernando Fernández RegoCoveloAlejandro Fernández ÁlvarezAristótelesLista de concellos de LugoJosé Luis Rodríguez ZapateroAntonio García FerrerasFilipe II de EspañaÑSinfonía n.º 9 (Beethoven)Mario CaneiroAlberto Núñez FeijóoGalileo GalileiCantigas de Santa MaríaCinema pornográficoMaribel VerdúXohana TorresNarónRoko (actriz)Manuel Vázquez OuteiriñoTristán UlloaLuz Pozo GarzaParroquias de GaliciaIslandiaHistoria da lingua galegaItxu DíazEmilia Pardo BazánLos IribarnesOTANTonhito de PoiCamilo Díaz BaliñoPere AragonèsRepública ChecaÁreas lingüísticas do galegoAciñeiraManuel FragaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoDos arquivos do trasnoPrestigeOs dous de sempreFrancisco Vázquez VázquezUxío NovoneyraNósISBNRafael DiesteLista de medallistas olímpicos galegosRosario Porto OrtegaXosé Manuel PiñeiroOs PinosArzúaRaquel Sánchez-SilvaProvincia de LugoChiariAndrea MaceirasBruce WillisEspañaLeninismoOriginRexina VegaVehículo aéreo non tripuladoAna RomaníLugoFentoContactEduardo PondalBurgundiosSílvia OrriolsSalibandy Club ClassicLiteratura galega do século XXJuan Muíños Iglesias🡆 More