Instituto Nacional De Técnica Aeroespacial

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial é un organismo público de investigación de España, especializado na investigación e desenvolvemento tecnolóxico aeroespacial, que depende do Ministerio de Defensa.

Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial
Logo
AcrónimoINTA
Tipocentro de investigación e Organismos Públicos de Investigación
Campo de traballospace program of Spain e Aeronáutica
Data de fundación1942
Nº de empregados1.493 (2020) Editar o valor em Wikidata
Organización matrizSecretariat of State of Defence of Spain
Organización subsidiariaCentro de Astrobiología, El Arenosillo, Instituto Tecnológico «La Marañosa», General Marvá laboratory, Maspalomas Station e Madrid Deep Space Communication Complex
SedeTorrejón de Ardoz e Moguer
PaísEspaña
40°29′32″N 3°28′37″O / 40.492222222222, -3.4770833333333
Na rede
http://www.inta.es/
Facebook: Instituto-Nacional-de-T%C3%88cnica-Aeroespacial-INTA-1115693671859126/ Twitter: intaespana Youtube: UCwGLSuAERYMR_dKBuWy2fVg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Funcións

  • A adquisición, mantemento e mellora continuada de todas aquelas tecnoloxías de aplicación no ámbito aeroespacial.
  • A realización de todo tipo de ensaios para comprobar, homologar e certificar materiais, compoñentes, equipos, subsistemas e sistemas de aplicación no campo aeroespacial.
  • O asesoramento técnico e a prestación de servizos a entidades e organismos oficiais, así como a empresas industriais ou tecnolóxicas.
  • Actuación como centro tecnolóxico do Ministerio de Defensa.

Actividade

A actividade científico-técnica do Instituto articúlase en torno a un centenar de proxectos de investigación, dos cales unha terceira parte se renova anualmente. Máis da metade dos recursos económicos do INTA (aproximadamente o 60%) destínase á realización de actividades de desenvolvemento tecnolóxico, unha terceira parte a investigacións aplicadas, e o resto a accións de investigación básica.

Tecnoloxía

As áreas tecnolóxicas fundamentais desenvolvidas polo INTA están relacionadas coa tecnoloxía aeronáutica (40%) e a tecnoloxía espacial (46%), repartíndose o resto entre diferentes tecnoloxías dos ámbitos da enerxía, o medio ambiente, a automoción e a seguridade no transporte, aos que, en conxunto, se destina o 14% do orzamento.

Entre os seus programas de alta tecnoloxía conta:

Servizos á industria

Instituto Nacional De Técnica Aeroespacial 
Robledo de Chavela, Madrid.

O INTA proporciona asesoramento técnico e presta servizos a organismos públicos e empresas industriais e tecnolóxicas. Os ingresos procedentes destas actividades financian a quinta parte do orzamento do Instituto.

Destes ingresos, a terceira parte provén dos contratos con entidades estranxeiras, maioritariamente europeas, primordialmente a Axencia Espacial Europea. O resto dos ingresos proceden dos traballos realizados á industria española, aproximadamente outra terceira parte, e a outros organismos da AGE, principalmente ao Ministerio de Defensa.

Persoal

O cadro de persoal do INTA está formado por máis de 1.200 persoas, das cales aproximadamente un millar se dedica a actividades de I+D. Máis do 40% do persoal do Instituto ten acreditada algunha titulación universitaria.

Ademais, o Instituto leva a cabo un intenso labor de formación de técnicos e científicos, tanto do seu propio persoal coma de bolseiros, nunha cantidade que supera o centenar, a maioría titulados superiores e, aproximadamente, a metade doutores.

Participación en empresas

Co obxecto de flexibilizar a súa actividade no campo industrial, o INTA ten a propiedade total da compañía INSA, que proporciona servizos técnicos especializados en campos da máis alta tecnoloxía, desenvolvendo actividades relacionadas coa enxeñería aeronáutica e espacial.

Ademais, como instrumento do Ministerio de Defensa, tamén participa en empresas privadas do ámbito espacial. Así, forma parte da empresa Hispasat, cun 16,42%, e das novas empresas creadas para facer posible o futuro sistema de comunicacións por satélite para a Defensa, HISDESAT e XTAR, cunhas porcentaxes respectivas do 37,6% e do 16,3%.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Instituto Nacional De Técnica Aeroespacial FunciónsInstituto Nacional De Técnica Aeroespacial PersoalInstituto Nacional De Técnica Aeroespacial Participación en empresasInstituto Nacional De Técnica Aeroespacial Véxase taménInstituto Nacional De Técnica AeroespacialEspañaMinisterio de DefensaTecnoloxía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Raquel Sánchez-SilvaNapoleón I de FranciaDjalminhaPenélope CruzVerbos galegos facer, dicir e haberLuís MenorEstripeiroGoogleLicenciado MolinaIsabel PantojaLorbé, Dexo, OleirosHoliPío BarojaNieves NeiraDavid SilvaIdade MediaMoisés Rodríguez PérezCristina LosadaRefraneiro galego sobre o mes de maioHerba de namorarManuel Lugrís FreirePegaXXX edición dos Premios GoyaModelo OSIÁnxel CasalSandroA viaxe de ChihiroGoizuetaCarlos III do Reino UnidoAngelina JolieLista de WikipediasVivir sin permisoAlfonso Basterra CamporroMalvares de MoscosoXinzo de LimiaMontse DopicoDiego Martínez PenasPeer-to-peerIasir ArafatSete Sabios da Fraga de BambúTuiLa RegiónLugares de ArteixoSanta CompañaShan TaoCayetana Guillén CuervoHLA-DOEudoxo de CnidoDavid PerdomoRiro KāingaCarlos CuerpoNegueira de MuñizRedondelaToledoArmando RequeixoXohán Xabier Baldomir CabanasCristiano RonaldoAciñeiraRonda de NelleFernando EstesoEva GonzálezMontañésSydney SweeneyBull terrierMarta Fernández-TapiasGrupo de teatro O FachoSalvador García-BodañoRepública Popular da ChinaAltriCarme ChacónMarco AurelioCastelo de PambreKarmaPRECFelipe González🡆 More