Elena Alexandra Apostoleanu, máis coñecida como Inna, nada en Mangalia o 16 de outubro de 1986, é unha cantante romanesa de música dance.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ro) Elena Alexandra Apostoleanu 16 de outubro de 1986 (37 anos) Mangalia, Romanía |
Datos persoais | |
Outros nomes | Inna |
País de nacionalidade | Romanía |
Educación | Ovidius University (en) |
Altura | 163 cm |
Peso | 49 kg |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2008 - |
Xénero artístico | Música para bailar |
Lingua | Lingua romanesa, lingua inglesa e lingua castelá |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Global Records |
Premios
| |
Páxina web | innaofficial.com |
|
Debutou en 2008 co seu álbum Hot producido por Play & Win, un grupo house composto por tres mozos romaneses. O sinxelo principal do álbum, tamén titulado "Hot" liderou os primeiros postos das listas de éxitos en Romanía, Bulgaria, Portugal, Polonia, España, Países Baixos, Rusia, Hungría, Turquía e Grecia. O segundo sinxelo promocional do álbum titúlase "Love". Foi nomeada como mellor cantante e mellor sinxelo nos "Eska Awards" en Polonia. Inna lanzou como terceiro sinxelo promocional unha canción titulada "Déjà Vu" en colaboración con Bob Taylor que se converteu nun éxito en Romanía, Bulgaria, Rusia, Hungría e España. Nos Romania Music Awards que tiveron lugar en Craiova, Inna gañou os premios a Mellor Coreografía, Mellor Posta en Escena, e o premio Best Border Breaker, outorgado a aqueles cantantes que máis éxitos cultivaron fóra de Romanía.
Inna asinou un contrato coa discográfica Ultra Records para promocionar Hot nos Estados Unidos, Canadá e o Reino Unido.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inna |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Inna, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.