Ilyushin Il-62

O Ilyushin Il-62 (alcumado Classic) foi o primeiro reactor de pasaxeiros de longo alcance producido na Unión Soviética.

Fixo o seu primeiro voo en xaneiro de 1963 e entrou en servizo con Aeroflot o 15 de setembro de 1967. Foi concibido como sucesor do turbohélice Il-18, e coa súa capacidade de case 200 pasaxeiros era o reactor de liña máis grande cando realizou o seu voo de estrea. Foi un dos catro pioneiros da súa clase (xunto co 707, o DC-8 e o VC10), e tratouse do primeiro avión do seu tipo en operar na Unión Soviética e varios países máis.

Ilyushin Il-62
Ilyushin Il-62
Il-62M de Air Koryo
TipoPasaxeiros
FabricanteIlyushin
Primeiro vooxaneiro de 1963
Introducido1967
Estadoactivo
Produción1963 - 1995
Unidades construídas292

Deseño

As esixencias do seu deseño foron moi semellantes ás do VC10, de aí o feito de que ambos os avións se asemellen bastante, e inclúan un longo alcance e que puidesen operar dende pistas curtas ou mal preparadas entre outras.

O primeiro prototipo estivo listo en setembro de 1962 e foi inspeccionado polo mesmo Nikita Khrushchev, pero ata xaneiro do ano seguinte non faría o seu voo inaugural. Durante catro anos o equipo de deseño, dirixido por Vladimir Kokkinaki, estivo traballando para mellorar determinados aspectos, e o avión entrou en servizo coa aeroliña Aeroflot en marzo de 1967.

Durante os seus primeiros meses de servizo o Il-62 estivo facendo unicamente rutas internas na Unión Soviética, realizando o seu primeiro servizo internacional en setembro de 1968 entre as cidades de Moscova e Montreal. A capacidade de pasaxe desta primeira versión do Il-62 variaba dos 122 pasaxeiros en dúas clases, aos 186 en clase única.

En 1971 apareceu o Il-62M, con motores máis potentes e económicos que, xunto coa instalación dun novo tanque de combustible na deriva, aumentaba o alcance operacional do avión. Esta variante entrou en servizo con Aeroflot en 1974.

En 1978 anunciouse o Il-62MK cunha serie de novas melloras, a meirande parte delas para axeitar o uso do avión dende pistas curtas ou mal acabadas. Propuxéronse outras versións, algunhas para "estirar" a capacidade de pasaxeiros ata os 250, e outras para adaptar o avión a aeroportos máis pequenos. Ningunha desas ideas chegou a acadar a fase de deseño, e dende entón non se coñecen máis desenvolvementos do modelo.


Ilyushin Il-62 
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

15 de setembro19631967AeroflotBoeing 707Douglas DC-8Ilyushin Il-18TurbohéliceUnión Soviética

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fran Alonso2008Sapoconcho comúnA Ponte Maceira, Portor, NegreiraFelipe Senén LópezPremio Espasa de EnsaioCalcioRMS TitanicColin FirthSayenAbraham BobaFrancisco Castro VelosoMoncho ReboirasPicapeixeTelescopio544A Pobra do CaramiñalMaría VázquezSexo analJosé Miñones (homónimos)Antigo ExiptoElopidaeContactChadLista de concellos da CoruñaHard GZMártires de CarralXornalismoSisteloBaiuca (banda)Llerena Perozo PorteiroXosé Antonio TouriñánLista de nomes masculinos en galegoMitoloxía galegaLotaríaBipartito galegoGolfo de CádizCertame de Narración Curta Ánxel FoleJosé Luis Sanmartín MatoCopa do Rei de fútbolMarca Hispánica86Malores Villanueva59XestaMarta DarribaFrancisco Fernández del Riego96Pedro ChoscoNacionalidade históricaRapa das bestasCartas dos indios CamarõesChanfaina galegaRosalía (cantante)Agricultura ecolóxicaPilar de LaraIllas BalearesTPBSDavid HarperFilipinasUnión EuropeaBillardaLinguas románicasJuan José BallestaGuerra da Tripla AlianzaLucía Rodríguez VázquezPantera RodríguezRamón Vilas GonzálezBiblioteca Galega 120Celestino Fernández de la VegaLoureiroMaría Antonieta de Austria🡆 More