Turbohélice

Un turbohélice (en inglés: turboprop) é un tipo de turbina a gas.

É un motor a reacción mixto, xa que basicamente é un reactor que acciona unha hélice. Entre o eixe da turbina e a hélice hai un redutor de velocidade. A forza impulsora deste motor é producida nun 90% pola hélice e nun 10% polos gases de escape.

Turbohélice
Esquema dun motor turbohélice.
Turbohélice
ATR-72, típico avión con motores turbohélice.

Os motores turbohélice adoitan a usarse en pequenos avións subsónicos, pero algunhas aeronaves que os utilizan teñen velocidades de cruceiro que superan os 926 km/h. Grandes avións civís e militares, como o Lockheed L-188 Electra e o Tupolev Tu-95, usaron tamén turbohélices. O Airbus A400M está impulsado por catro motores Europrop TP400, que son os terceiros turbohélices máis potentes fabricados, despois dos Kuznetsov NK-12 e os Progress D-27.

Na súa forma máis sinxela un turbohélice consiste nunha entrada de aire, un compresor, unha cámara de combustión, unha turbina e unha tobeira propulsora. O aire é aspirado pola entrada e comprimido polo compresor. Entón engádeselle combustible ao aire comprimido na cámara de combustión, onde a mestura de queimase. Os gases quentes da combustión expándese a través da turbina. Parte da potencia xerada pola turbina úsase para accionar o compresor, e o resto transmítese pola engrenaxe cara a hélice. Unha maior expansión dos gases prodúcese na tobeira de propulsión, onde os gases expúlsanse a presión atmosférica. A tobeira proporcional unha relativamente pequena proporción da potencia xerada por un turbohélice.

Os turbohélices son moi eficientes en voos con velocidades por debaixo dos 725 km/h debido a que a velocidade de chorro da hélice (e da saída de gases) é relativamente baixa. Debido ao alto prezo dos motores turbohélice son principalmente usados cando se precisa eficiencia en velocidades de voo modestas e unha boa actuación en capacidades de aterraxes e engalaxes curtas. A aplicación máis común destes motores en aviación civil é en pequenos avións rexionais, onde a súa maior fiabilidade compensan o seu alto custo inicial. Os avións de turbohélices na actualidade operan case á mesma velocidade que un pequeno avión impulsado por motores turboventilador, pero queiman só dous terzos de combustible por pasaxeiro en comparación con estes. Porén, comparado cun turbojet (que pode voar a grande altura para mellorar a velocidade e a eficiencia de combustible) un avión de hélice ten un teito de servizo moito máis baixo.

Tags:

HéliceTurbina a gas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eleccións municipais de 2015 en GaliciaMáquina comecartosDaniel de la TorreDinamarcaLoxosceles reclusa1963Alcaldes da CoruñaEstados Unidos de AméricaLa Voz de GaliciaPablo DíazEuromillónsGrecia antigaBodeng sarRicardo Varela SánchezIndiaQueiroaLista de monarcas de GaliciaEmilio Antón IboleónJosé MiñonesMaría KodamaBrasil89CerámicaLucía Rodríguez VázquezDrag Race España (segunda tempada)BubelaLista de nomes masculinos en galegoGrupo NósRafael DiesteTrisónElvis PresleyDiego AnidoCatedral de BurgosAlberte MománCaxade (grupo)QuenllaAntonio ReigosaCampo da RataLisboaAs bestasCentro público integradoExeria (escritora)São PauloLingua árabeOs pronomes persoais galegosA Pobra do CaramiñalCaralloManuel CabezasRaquel AtanesCultura castrexaQueixoLeonarda de TalloVagalumeRaposoA LarachaRubén Fernández GarcíaEscola Universitaria Politécnica de FerrolO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoBorja VereaNosce te ipsumTiburónsAna RomaníJaime AlguersuariTECOR societarioTaiwánPantera RodríguezFrancisco Vázquez VázquezRevolución FrancesaCoalición PopularXosé Antonio Touriñán54Cristina VillóJosé Miñones Trillo🡆 More