Ilyushin Il-18

O Ilyushin Il-18 (nome en clave da OTAN: Coot) é un grande avión de pasaxeiros turbohélice que voou por vez primeira en 1957 e converteuse nun dos avións soviéticos máis coñecidos e duradeiros da súa época.

O Il-18 foi un dos principais avións de pasaxeiros do mundo durante varias décadas e foi amplamente exportado. Debido á resistencia da súa fuslaxe, moitos exemplares acadaron as 45.000 horas de voo e o modelo aínda opera tanto en versións militares como civís. O sucesor do The Il-18 foi o reactor de longo alcance Ilyushin Il-62.

Ilyushin Il-18
Ilyushin Il-18
Tipopasaxeiros e recoñecemento
FabricanteIlyushin
Primeiro voo4 de xullo de 1957
Produción1957 - 1985
Unidades construídaspolo menos 678
VariantesIlyushin Il-38

Deseño e desenvolvemento

A principios dos anos 50 precisábase substituír os deseños máis antigos e incrementar o tamaño da frota de transporte civil soviética. O 30 de decembro de 1955 publicouse unha directiva do Consello de Ministros Soviético destinada ás oficinas de deseño Kuznetsov e Ivchenko para desenvolver novos motores turbohélice e a Ilyushin e Antonov para deseñar un avión que usase eses motores. Os dous aparellos desenvolvidos foron o Ilyushin Il-18 e o Antonov An-10 e o motor elixido foi o Kuznetsov NK-4 en lugar do Ivchenko AI-20.

O deseño do Il-18 iniciárase en 1954, antes da publicación da directiva, e usouse a experiencia con ese avión con motores de pistón para realizar un novo aparello. O deseño era un catrimotor con á baixa, unha fuselaxe circular presurizada e unha cola convencional. Tiña un tren de aterraxe en triciclo con catro rodas nas patas traseiras, que rotaban 90 graos e agachábanse nos motores internos. O aparello contaba cunha nova característica no seu tempo, un radar meteorolóxico instalado no nariz, e era o primeiro avión de pasaxeiros soviético cun sistema de aproximación automático. O avión tiña dúas portas de entrada no lado de babor, antes e despois da á, e dúas saídas de emerxencia en cada lado sobre as ás.

O prototipo SSSR-L5811 presentouse en xuño de 1957 e tras realizar probas en terra comezou a facer probas de rodadura e carreiras a gran velocidade o 1 de xullo de 1957. O 4 de xullo o avión realizou o seu voo de estrea en Khodynka. O 10 de xullo voou ata o aeroporto de Moscova-Vnukovo para ser presentado ante unha comisión do goberno soviético; na presentación tamén estaba presente os prototipos dos Antonov An-10 e Tupolev Tu-114. O Il-18 foi formalmente chamado Moskva e o nome pintouse na fuselaxe, aínda que esa denominación non foi usada cando o avión entrou en produción.

A Planta de Maquinaria de Moscova Nº 30 situada en Khodynka, preto de onde se fabricou o prototipo, foi a elixida para a fabricación do avión. Durante o ano 1957 a planta comezou a reducir a súa produción de Ilyushin Il-14 e preparouse para construír o modelo de produción designado Il-18A. O Il-18A só se diferenciaba do prototipo en pequenos detalles, principalmente da configuración interna para incrementar os asentos de 75 a 89.

O primeiro avión de produción estaba equipado cos Kuznetsov NK-4, pero od motores tiñan moitos problemas polo que o Consello de Ministros decretou en xullo de 1958 que toda a produción a partir do mes de novembro usaría os Ivchenko AI-20 e os primeiros exemplares serían remotorizados. Só se fabricaron 20 Il-18A antes de que a produción cambiase ao mellorado Il-18B. Esta nova variante tiña maior peso e o seu nariz redeseñouse cun radomo máis grande, incrementando a súa lonxitude en 20 cm. O primeiro Il-18B voou o 30 de setembro de 1958 impulsado polo AI-20; tamén se fabricou unha variante VIP para a Forza Aérea Soviética coñecida como Il-18S. Dende abril de 1961 instalouse unha unidade de potencia auxiliar (APU) TG-18 para o acendido en terra en vez do grupo de baterías de chumbo e ácido. Algúns avións modificáronse para permitir que a APU puidese funcionar durante o voo.

Coa experiencia dos primeiros modelos desenvolveuse outra variante mellorada, o Il-18V. O Il-18V era estruturalmente igual, pero redeseñouse o seu interior movendo a cociña e realizando pequenos cambios nos sistemas. O primeiro Il-18V apareceu en decembro de 1959 e continuou fabricándose ata 1965, construíndose 334 unidades. Tamén se desenvolveron versións especializadas do Il-18, como un avión modificado para realizar tarefas de calibración de voo e outra variante polar de longo alcance. Houbo ademais versións militares como o avión antisubmarino Ilyushin Il-38.

Notas

Bibliografía

  • Gordon, Yefim and Komissarov, Dmitry. Ilyushin Il-18/-20/-22 - A Versatile Turboprop Transport. Hinckley, Leicestershire, UK: Midland Publishing, 2004, ISBN 1-85780-157-1
  • Gordon, Yefim; Dmitry Komissarov (2004). OKB Ilyushin. Sergey Komissarov (1st ed.). Hinkley: Midland publishing. pp. 193–251. ISBN 1-85780-187-3. 

Ilyushin Il-18 
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

1957Ilyushin Il-62OTANTurbohélice

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GheadaPasaporte de FidxiFudbalski Klub Crvena ZvezdaSloganJagoba ArrasateEncoro de PortodemourosHenrique VIII de InglaterraJulián MuñozNúmero piPrivacidadeReino de GaliciaArenque1401Florencia PeñaRosa LuxemburgThe InterviewDavid BroncanoOPMLBilbaoLucía VeigaIdeoloxíaÁcido desoxirribonucleicoISBNSanxenxoAtol Bora BoraJulian AssangeGreta ThunbergO SalvadorSoberaníaIsabel Díaz AyusoManuel FragaSegunda República EspañolaSelección de fútbol do CamerúnLleidaRosalía (cantante)Gran DepresiónUlpiano VillanuevaPobo triquiÁngel LlanosTarazonaBenidormTesalónicaDodecágonoBandeira de IrlandaFernando AlonsoNordés (vento)Os ÁnxelesLista de episodios de SerramouraAnxo ArcaEconomía de GaliciaVladimir PutinGalego-portuguésSemana Santa de ViveiroRío UllaHorteláNicomedes Pastor DíazCaliforniaUNVIArboIgrexa ortodoxa coptaLímite matemáticoConil de la FronteraImperio RomanoSelena GomezOviedoNew DealDaniel BasteiroXXX edición dos Premios GoyaCornizóCoímbraCastro CaldelasAWStatsMarylandComunismo🡆 More