Ikurriña: Bandeira do pobo vasco

A ikurriña (en éuscaro: ikurrina, e cuxa pronunciación é igual cá anterior) é a bandeira do pobo vasco e símbolo oficial da comunidade autónoma do País Vasco.

Esta bandeira consiste nunha cruz branca sobre unha cruz verde oblicua sobre un campo vermello. Foi deseñada en 1894 polos irmáns Luis e Sabino Arana Goiri.

Bandeira do País Vasco
Bandeira do País Vasco
Características
Uso
Proporción14:25
Adopción18 de decembro de 1978
Cores     Vermello     Verde     Branco

Terminoloxía

O termo é un neoloxismo creado por Luis e Sabino Arana, a partir de ikur "marca, sinal" (que tamén é un neoloxismo extraído de irakurri "ler"), comparable á Senyera catalá ou ao Merkið feroés. En éuscaro, ten o significado xenérico de "bandeira", mais especialmente aquela de País Vasco, segundo é definido pola Euskaltzaindia (a Real Academia da Lingua Éuscara). A ortografía orixinal en biscaíño dos Aranas era ikuŕiñ (p -a final é o artigo definido vasco, en singular). A ortografía vasca estándar moderna é ikurrin.

Historia

Ikurriña: Terminoloxía, Historia, Galería de imaxes 
Ikurriña coas proporcións do deseño orixinal dos irmáns Arana.

Segundo explicaba Arana (por exemplo, en 1895, por boca dun personaxe bizkaitarra en La bandera fenicia Arquivado 01 de maio de 2007 en Wayback Machine.), o deseño da bandeira baseouse no do escudo de Biscaia. Ten un fondo vermello, cor do señorío de Biscaia e, segundo Arana, cor do antigo fondo do escudo. Sobre este fondo, superponse unha aspa verde, símbolo do apóstolo santo André, patrón de Biscaia, tomada das sete cruces da bordura do escudo. Simbolizaría a independencia biscaina por terse acadado o día de santo André a vitoria de Arrigoriaga contra os españois. Á cruz de santo André superponse unha cruz branca, símbolo da relixión católica, como a que aparece inserida no carballo do escudo. Esta orde na colocación das cruces significaba que a lexislación biscaína debía "supeditarse en todo ás leis relixiosas e morais".

Arana deseñou esbozos de bandeiras para outros territorios vascos, pero non se chegaron a difundir. A ikurriña, inicialmente símbolo de Biscaia, converteuse nuns anos en símbolo do País Vasco, arreconchegando símbolos máis antigos como o lauburu ou o arrano beltza (aguia negra) do Reino de Navarra. Adoptouse como estandarte oficial do País Vasco en 1934, pero foi ilegalizada polo goberno militar sublevado en 1936. Durante o goberno de Francisco Franco a súa exhibición foi duramente perseguida en España, o que a converteu nun símbolo antifranquista. En parte por iso, foise popularizando no País Vasco francés. Durante os inicios da transición española trala morte de Franco, a súa exhibición seguiu sendo castigada en ocasións, pero relaxouse a presión. Así, por exemplo, o 5 de decembro de 1976, ó inicio dun partido de fútbol entre a Real Sociedad de Donostia e o Athletic Club de Bilbao, os capitáns de ambos os equipos saíron ó campo portando unha ikurriña, sen ser detidos. O 19 de xaneiro de 1977 volveu a permitirse o seu uso en España, e en 1979 o estatuto do País Vasco recoñeceuna como a bandeira oficial.

Utilízana tamén os nacionalistas vascos en Navarra. No País Vasco francés, aínda que non é oficial, é un símbolo aceptado pola práctica totalidade dos habitantes como símbolo cultural.

Na Comunidade Foral Navarra, principalmente na zona vascófona, varios concellos exhibían a ikurriña nas súas fachadas: o de Leiza, por exemplo, facíao desde a legalización da bandeira en 1977. Esta situación cambiou despois de que en 2003 o Parlamento Navarro aprobara a Lei Foral de Símbolos de Navarra. Esta lei obriga a tódalas entidades da Administración Local de Navarra a exhibir a bandeira de Navarra no exterior de tódalas súas sedes e edificios de servizos públicos, así como en despachos e salóns de plenos corporativos e prohibe que ondeen máis bandeiras que a oficial de cada entidade local, a bandeira oficial de Navarra, a bandeira de España, e a Bandeira da Unión Europea, salvo por protocolo en actos de irmandamento ou en visitas oficiais de autoridades doutro país, comunidade autónoma ou entidade local. Baseándose nesta lei, as autoridades forais denunciaron e pediron a inhabilitación de alcaldes que permitían a colocación de ikurriñas nos edificios municipais.

Por isto algúns concellos navarros recorren a invitar a conselleiros da comunidade autónoma do País Vasco ás súas festas locais, podendo colgar así legalmente a ikurriña nas fachadas das casas consistoriais. Outros concellos navarros colocan o estandarte nun lugar público destacado alleo ó consistorio, como se fai en varios municipios da comunidade autónoma vasca, onde si é legal que a ikurriña ondee na fachada, pero só cando se coloca a bandeira española en lugar preferente. Moitos outros concellos navarros limítanse a facer ondear as bandeiras oficiais.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Ikurriña TerminoloxíaIkurriña HistoriaIkurriña Galería de imaxesIkurriña NotasIkurriña Véxase taménIkurriña1894Bandeira étnicaComunidade autónomaLingua éuscaraLuis AranaPaís VascoPobo vascoSabino Arana Goiri

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

XestaHéitor PicalloRamón CabanillasSantoalla, Santoalla do Monte, PetínPioverdinaAntonio López DíazXeaMarc MárquezA GuardaLareiraPsicoloxíaFelipe Senén LópezMártires de CarralPenafielEuropaPAmesRamón López RodríguezForxásJosé Miñones TrilloHeorhiy NarbutJules VerneEuromillónsRoko (actriz)Álvaro CunqueiroPrimeira guerra mundial1Ames NovoGJosé Miñones BernárdezWikipediaLiga do PeloponesoEscola Politécnica Superior de FerrolAvesJuan Miguel Diz GuedesMaría JamardoJuan Almeida de Sousa e SaaMadridEleccións municipais de 2015 en GaliciaConverxencia Nacionalista GalegaHomosexualidadeManuel Gago MariñoThomas K. DeLoreyLista de nomes femininos en galegoChinche das camasIntelixencia artificialPesticidaJean-Claude Van DammeMaría KodamaXosé Manuel BeirasArticulación frontoparietalIslandiaAbraham BobaVenresXeneVerónica Martínez DelgadoCachenaLista de WikipediasCemiterio de Santo Amaro da CoruñaFesta da Reconquista45Hells AngelsAciñeiraToxo arnalLista de ríos de GaliciaMucha e Nucha2005Yves MontandLabirintos de pedra na Illa Bolshoi ZayatskyMaría López SándezLista de xentilicios de concellos galegosArcos de ValdevezMitoArandoFrancisco Vázquez VázquezPatacas frixidas🡆 More