Instituto Galego De Análise E Documentación Internacional: Organización galega

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro creada en 1991, que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios.

Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional
Logo
Tipolaboratorio de ideas
Data de fundación1991
SedePontevedra
PaísGalicia
Na rede
https://www.igadi.gal/
editar datos en Wikidata ]

Documentación e investigación

O IGADI recibe e analiza a prensa de numerosos países; arquiva obras, xornais, revistas e outros soportes documentais (anuarios estatísticos, teses, actas de coloquios, conferencias etc) referidos á situación económica, social e política de cada país, rexional e mundial. Estes materiais constitúen a base para a creación do Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea.Así mesmo o IGADI promove a realización de investigacións sobre as máis diversas problemáticas de orde internacional.

Á disposición da sociedade

Ámbolos dous servizos concretan un programa de apoio ás colectividades de diferentes niveis educativos, ás empresas e outros axentes sociais, que se complementa coa activa divulgación de información ós medios de comunicación, movementos asociativos, parlamentarios, personalidades e institucións galegas.

Apoio e mediación

O IGADI ofrece un servizo de apoio e mediación para empresas e institucións que inclúe os seguintes aspectos particulares: realización de estudos sectoriais, de monografías, acompañamento de delegacións, tradución e interpretación, investimento e comercio exterior. Este servizo forma parte dun proxecto máis amplo que contempla a creación en Galicia dun Observatorio Exterior económico e sociopolítico.

Actividades públicas

Para difundir información e promover debates na opinión pública, o IGADI organiza seminarios, mesas redondas e conferencias. En permanente contacto con todo tipo de medios e institucións, facilita a presenza de membros do IGADI nos medios de comunicación, practicando unha política de intervención inmediata en cuestións de actualidade. Igualmente programa a realización de cursos de formación.

Relacións con outros centros e institucións

O IGADI mantén relacións de cooperación e de intercambio con outros centros de investigación estatais e internacionais. Ademais é signatario de convenios de colaboración con Universidades e con Administracións de diferentes niveis.

Ademais é promotor da Fundación Plácido Castro, e participa na concesión anual do Premio de Tradución Plácido Castro, que dita fundación outorga.

Financiamento

O IGADI financiase coas achegas dos seus membros e colaboradores; coa remuneración dalgunhas das súas actividades e co apoio prestado polas administracións públicas, entidades financeiras e organizacións sociais.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Instituto Galego De Análise E Documentación Internacional Documentación e investigaciónInstituto Galego De Análise E Documentación Internacional Á disposición da sociedadeInstituto Galego De Análise E Documentación Internacional Apoio e mediaciónInstituto Galego De Análise E Documentación Internacional Actividades públicasInstituto Galego De Análise E Documentación Internacional Relacións con outros centros e instituciónsInstituto Galego De Análise E Documentación Internacional FinanciamentoInstituto Galego De Análise E Documentación Internacional Véxase taménInstituto Galego De Análise E Documentación InternacionalGalicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FranciaLista de concellos de Pontevedra1953Xavier Suárez-VenceCañita BravaObxectivos de Desenvolvemento SostíbelSabugueiroJavier LosadaXinzo de LimiaBProduto interior brutoJosé CoronadoO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoMarga PazosCouto MixtoSantoalla do Monte, PetínMoncho ReboirasJosé MiñonesFauna de GaliciaRuxe RuxeDoce homes sen piedadePatacaToniña comúnCopa España (fútbol)Singular e plural en galegoCerroteSistema urinarioJosé Miñones TrilloTelevisión de GaliciaCastiñeiroMinisterio de Sanidade de EspañaJosé Miñones CondeIsabel I de InglaterraDigital object identifierItaliaYCastelo de MesíaManuel MaríaWikiSisteloJuan Almeida de Sousa e SaaMalores Villanueva8El Correo GallegoLista de voces dos animaisOCroaciaPazos, Verín1914Ismael RamosA Ponte Maceira, Portor, NegreiraPepo SuevosTECOR societarioÓscar García PatiñourlBunkyōEleccións municipais en ArteixoXosé Ramón GayosoLaosDaniel BasteiroPepe MiñonesRevolución FrancesaLípidoAs bestasGaliza7CogomeloHerexíaLiexa🡆 More