Hidronio: Composto químico

O ión hidronio é un catión monovalente coa fórmula H3O+, que resulta da protonación da auga.

Atópase en auga pura e en todas as solucións acuosas.

Ión hidronio
Hidronio: Termo, Características, Sales de hidronio sólidos

Estrutura do ión hidronio
Hidronio: Termo, Características, Sales de hidronio sólidos
Modelo de bólas e barras do ión hidronio
Identificadores
Número CAS 13968-08-6
PubChem 123332
ChemSpider 109935
ChEBI CHEBI:29412
Referencia Gmelin 141
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular H3O
Masa molar 19,02 g mol−1
Acidez (pKa) 0

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Termo

Aínda que o termo hidronio é moi usado entre os químicos, a IUPAC non o acepta e propón os nomes de oxonio ou hidroxonio.

O bUSCatermos recolle os termos hidronio e oxonio.

Características

O ión hidronio non está libre porque é moi reactivo e está solvatado polas moléculas de auga circundantes. Calquera composto que produce catións de hidronio chámase normalmente ácido. Non obstante, a propia auga podería actuar como un ácido e formar catións de hidronio aínda que sexa pura. Nese caso a concentración de ións é moi baixa: CH+ = 10–7 M. Fórmanse pola reacción de dúas moléculas de auga.

2H2O ⇌ OH + H3O+

A constante desta reacción, é dicir, o produto iónico da auga, é: Kw = 1,00 × 10−14 (25 en °C). Ambos ións teñen unha vida moi curta.

O hidronio é a especie máis ácida que pode haber na auga. Como resultado, a súa acidez é o estándar polo que se mide a acidez doutras especias. Os ácidos fortes deben ser mellores doadores de protóns que os hidronios, se non, unha gran parte do ácido permanecería unionizado na solución (caso dos ácidos débiles). A diferenza dos hidronios en solucións neutras, os hidronios en solucións ácidas duran moito tempo en proporción á forza do ácido disolto.

Sales de hidronio sólidos

Moitos ácidos fortes son capaces de formar cristais dos seus sales de hidronio, que poden ser bastante estables. Como regra xeral, calquera ácido cunha constante de ionización de 109 ou máis pode formar estes cristais. Por outra banda, os ácidos cunha constante inferior a 109 xeralmente non poden formar sales de hidronio estables.

A constante do ácido nítrico é 101,4 e a do ácido perclórico é 1010. O primeiro non forma sales de hidronio e as súas solucións acuosas son líquidas a temperatura ambiente. O segundo, pola contra, cando se mestura con auga nunha proporción 1:1, reacciona formando perclorato de hidronio sólido (H3O+·ClO4).

Hidronio interestelar

No medio interestelar, o ión hidronio é abundante tanto nas nubes moleculares dispersas como nas densas. Tamén se atopou na cola de plasma dos cometas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Zavitsas, A. A. (2001) Properties of water solutions of electrolytes and nonelectrolytes. J. Phys. Chem. B 105 7805-7815.
  • Hulthe, G.; Stenhagen, G.; Wennerström, O. & C-H. Ottosson, C-H. (1997) Water cluster studied by electrospray mass spectrometry. J. Chromatogr. A 512 155-165.
  • Zundel, G. & Metzger, H. (1968) Energiebänder der tunnelnden Übershuß-Protenon in flüssigen Säuren. Eine IR-spektroskopische Untersuchung der Natur der Gruppierungen H5O2+ Z. Phys. Chem. 58 225-245.
  • Wicke, E.; Eigen, M. & Ackermann, Th. (1954) Über den Zustand des Protons (Hydroniumions) in wäßriger Lösung. Z. Phys. Chem. 1 340-364.
  • Marx, D.; Tuckerman, M. E.; Hutter, J. & Parrinello, M. (1999) The nature of the hydrated excess proton in water. Nature 397 601-604.

Ligazóns externas

Tags:

Hidronio TermoHidronio CaracterísticasHidronio Sales de hidronio sólidosHidronio interestelarHidronio NotasHidronio Véxase taménHidronioAugaCatión

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Vómito (grupo musical)Álex FidalgoAntón Villar PonteGarbiñe MuguruzaVladimir PutinTaylor Swiftoyz9z1928BélxicaVichelocregoJosé SaramagoMiguel de CervantesAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoO GroveFiúnchoEleccións municipais en SadaRaffaella CarràLingua casteláCarlos SoberaHelsingin JalkapalloklubiCamiño de SantiagoRevolución dos caraveisNeptunoBandeira de GaliciaDodecágonoPosición do misioneiro invertidaHorteláQuenllaSri LankaXosé FortesAC-211Cromosoma homólogoSonDeSeuVacaPapuxa das amorasHistoria de GaliciaUcraínaXurxo AyánPontedeumeMercedes QueixasLista de filmes coas maiores recadaciónsAntón LamazaresJuan CorralFrida KahloRefraneiro galego sobre o mes de maioMamen MendizábalManuel Gago MariñoLista de exónimos en galegoAbril na cultura popular galegaDiego AnidoInfinitivo conxugadoPMergullón cristadoTarragonaGheadaInstagramAmieiroLedicia CostasXosé Manuel BeirasEmilio Aragón BermúdezHarvey WeinsteinCarbohidratoGuerraMaría JamardoSílvia OrriolsPorno suaveVigoCamilo Díaz BaliñoBidueiroPontevedraValentín García Gómez🡆 More