Hastings Kamuzu Banda, nado preto de Kasungu en marzo ou abril de 1898 e finado en Xohanesburgo o 25 de novembro de 1997, foi un médico e político que chegou a ser o primeiro presidente de Malaui.
Gobernou dende o 6 de xullo de 1966 ata maio de 1994. Tamén foi primeiro ministro do país entre 1964 e 1966.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ny) Akim Kamnkhwala Mtunthama Banda 1896 ↔ 1898 Kasungu (Protetorado Britânico da África Central) |
Morte | 25 de novembro de 1997 (97/107 anos) Xohanesburgo, Suráfrica |
Presidente de Malawi | |
6 de xullo de 1966 – 24 de maio de 1994 ← sen valor – Bakili Muluzi → | |
Lista de chefes de governo do Malawi (pt) | |
6 de xullo de 1964 – 6 de xullo de 1966 ← sen valor – Supresión do cargo → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Malaui |
Relixión | Igrexa de Escocia |
Educación | Universidade de Edimburgo Meharry Medical College (en) Universidade de Chicago Central State University (en) Wilberforce University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Política |
Ocupación | político , diplomático , médico |
Partido político | Partido do Congresso do Malawi (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Premios
|
Banda realizou gran parte dos seus estudos no estranxeiro e volveu ao seu país en 1958, denunciando o colonialismo. Despois de conflitos de partidarios da independencia e as autoridades coloniais, Banda foi encarcerado en 1959. Ese mesmo ano fundou o Partido do Congreso de Malaui (Malawi Congress Party, MCP).
Coa independencia do país o 6 de xullo de 1964, Banda converteuse no primeiro ministro durante os dous primeiros anos. En 1966 converteuse en presidente e a partir de 1971, foi presidente vitalicio. Banda suprimiu toda a oposición e encarcerou os seus líderes.
Na política interior, favoreceu unha forma de tribalismo. Como líder do bloque prooccidental en África recibiu apoio de Occidente durante a guerra fría. En xeral, apoiou os dereitos das mulleres, mellorou as infraestruturas do país e mantivo un bo sistema educativo en relación con outros país africanos. Non obstante, presidiu un dos réximes máis brutais de África. O seu goberno totalitario torturou e asasinou opositores políticos. Os grupos de apoio aos dereitos humanos estiman que polo menos 6000 persoas foron asasinadas, torturadas e encarceradas sen xuízo. Segundo estimacións puideron ser 18 000 persoas as asasinadas. Foi desprezado por manter relacións diplomáticas totais coa Suráfrica da era do apartheid.
En 1993 enfrontouse á presión internacional e as amplas protestas. Un referendo acabou co sistema unipartidista e unha asemblea especial puxo fin á súa presidencia vitalicia, retirándolle a maioría dos seus poderes. Presentouse como candidato ás eleccións presidenciais de 1994, nas que foi derrotado. Banda faleceu nun hospital de Suráfrica en 1997. Estímase que a fortuna persoal que acumulou durante os anos que gobernou superaba os 320 millóns de dólares estadounidenses.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hastings Banda |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Hastings Banda, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.