Gran Baía Australiana: Baía situada ao sur de Australia, no océano Índico.

A Gran Baía Australiana (inglés: Great Australian Bight) é unha inmensa baía situada ao sur de Australia, no océano Índico.

Esténdese desde o cabo Pasley (no estado de Australia Occidental, dentro do Parque Nacional Cabo Árido) ata o cabo Carnot (en Australia Meridional, dentro do Parque Nacional Lincoln), cunha distancia total de 1.160 km. A súa maior parte esténdese ao sur da chaira de Nullarbor.

Gran Baía Australiana
Great Australian Bight
Gran Baía Australiana: Extensión, Costas, Exploración
Localización administrativa
EstadoAustralia Australia
DivisiónAustralia Australia Occidental
AustraliaAustralia Meridional
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Índico
ContinenteOceanía
Illa/sAustralia
Accidentes
CabosCabo Pasley e cabo Carnot
Características
Lonxitude máxima1 160 km
Outros datos
Descubrimento (occidentais)Pieter Nuyts e François Thijssen (1627)
Áreas protexidasParques nacionais de Cabo Árido, Nullarbor e Lincoln
Mapa
Gran Baía Australiana: Extensión, Costas, Exploración
Vista de satélite (Visible Earth, NASA)
Gran Baía Australiana: Extensión, Costas, Exploración

Localización en Australia

Extensión

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional (International Hydrographic Organization, IHO), considera a Gran Baía Australiana como un mar parte do océano Índico. Na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 62 e defíneo da forma seguinte:

No norte.
A costa sur de Australia.
No sur.
Unha liña que une o West Cape Howe (35°08′S 117°37′L / -35.133, -117.617), en Australia, co cabo South West, en Tasmania.
No leste.
Unha liña desde o cabo Otway, Australia, ata a illa King e de alí ao cabo Grim, o extremo noroeste de Tasmania.
Limits of oceans and seas, páx. 10.

Outra definición moi utilizada é a utilizada polo Servizo Hidrográfico de Australia (Australian Hydrographic Service, AHS) que establece que os seus límites son, desde o cabo Pasley, en Australia Occidental, ata o cabo Carnot, Australia do Sur, unha distancia de 1.160 km.

O nome máis xeralmente aceptado en Australia para o corpo de auga adxacente é o de océano do Sur ou Meridional (Southern Ocean) en lugar do océano Índico.

Gran parte da baía atópase ao sur da expansiva chaira de Nullarbor, que se estende entre os dous estados australianos de Australia Meridional e Australia Occidental. A autoestrada Eyre pasa preto dos cantís da baía entre Head of the Bight e Eucla.

Costas

As costas da baía caracterízanse polos seus grandes cantís de 60 metros de altura na contorna das praias, e as súas plataformas rochosas. As augas da baía, aínda que non son moi profundas, apenas contan con vida mariña, a diferenza da maioría das plataformas continentais, que acollen a multitude de especies. Isto é debido a que o deserto situado ao norte da baía é árido. As precipitacións son escasas e, cando se producen, a auga infíltrase ou forma lagos salgados. Por tanto, a Gran Baía recibe pouca auga doce e nutrientes fertilizantes, converténdose nun deserto submarino. Con todo, o número de quenllas que frecuentan estas augas costeiras é grande, así como o de baleas francas austrais.

Exploración

A Gran Baía Australiana foi explorada por primeira vez en 1627 pola expedición neerlandesa de Pieter Nuyts e François Thijssen, bordeando a parte occidental da costa. O explorador británico Matthew Flinders realizou un mapa da costa en 1802, durante a súa circunnavegación ao redor de Australia. En 1841, Edward John Eyre encabezou a primeira expedición á rexión por vía terrestre.

Economía

A baía foi explotada durante longos anos para a pesca, especialmente a de baleas, moluscos e crustáceos. O atún azul do sur (Thunnus maccoyii) era a principal captura da pesca na baía, pero a especie atópase actualmente ameazada.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Edminds, Jack (1976) Panorama of Western Australia : the Great Australian Bight Perth,W.A. Periodicals Division, West Australian Newspapers. ISBN 0-909699-11-9 (ANB/PRECIS SIN 0140147)

Ligazóns externas

Tags:

Gran Baía Australiana ExtensiónGran Baía Australiana CostasGran Baía Australiana ExploraciónGran Baía Australiana EconomíaGran Baía Australiana NotasGran Baía Australiana Véxase taménGran Baía AustralianaAustraliaAustralia MeridionalAustralia OccidentalBaíaLingua inglesaOcéano Índico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ApodiformesVíctor DupláPatacaCorpo cetónicoPontevedraCondado de DalarnaRanger 5BronquioliteRubén CelaÁcido palmíticoFrancisco Porto MellaAmazonFernando AlonsoXXIII dinastía exipciaCoreano (peixe)Oca (xogo)Lingua gregaRoberto II de FranciaÁcido nonacosílicoLámpada incandescenteBlastocistoAlto do FioucoJan Baptista van HelmontÉuscaroFentoEuropaUral AirlinesÁlxebraPlayoffs NBA 2021National Security AgencyShinovaManzanedaAntonio BanderasCanle (enxeñaría)McLarenAtún listadoBufo realPIsambard Kingdom BrunelArvicola amphibiusDelta do Río das PerlasDiteaBananaA TeixeiraCélula intersticial de CajalCangrexo comúnOrixe das avesInternational Statistical Classification of Diseases and Related Health ProblemsVästergötlandCryptosporidiumPedro I do BrasilEudoxo de CnidoXabier DeiveA MecaTroitaAndre DrummondPlovdivVesícula biliarColombiaGran Premio de Australia de 2017Cinema pornográficoEleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016Cirrio de chemineaDactiliaDistritos de PortugalGuerra de CroaciaMela CasalADN polimerasePedro RieloAmeixónMaría I de InglaterraGripeCélula nai🡆 More