Goslar: Cidade de Alemaña

Goslar é unha pequena cidade de Alemaña pertencente ao Land da Baixa Saxonia.

Modelo:Xeografía políticaGoslar
Goslar: Xeografía, Historia, Economía
Goslar: Xeografía, Historia, Economía
Imaxe

Localización
Goslar: Xeografía, Historia, Economía Editar o valor em Wikidata
 51°54′22″N 10°25′45″L / 51.906003, 10.42916310°25′45″L / 51.906003, 10.429163
EstadoAlemaña
Estado federadoBaixa Saxonia
District of Lower Saxony (en) TraducirGoslar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Goslar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación50.203 (2022) Editar o valor em Wikidata (306,34 hab./km²)
Xeografía
Superficie163,88 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude255 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
1167asedio Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoUrte Schwerdtner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal38640, 38642 e 38644 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico05321 e 05325 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webgoslar.de Editar o valor em Wikidata

Xeografía

Goslar: Xeografía, Historia, Economía 
Hotel Kaiserworth de Goslar

Situada a 358 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 92,56 km².

Segundo o censo do 31 de decembro de 2021, contaba con 50 010 habitantes, polo que a súa densidade de poboaión nese ano era de 305 hab./km².

A cidade encóntrase nas proximidades do Harz, zona montañosa do norte de Alemaña que ten as altitudes máis altas nesa rexión, e o seu terreo accidentado esténdese por partes da Baixa Saxonia, Saxonia-Anhalt e Turinxia. O nome Harz deriva da palabra do alto alemán medio Hardt ou Hart (bosque de outeiros), latinizada como Hercynia (Hercinia). O Brocken é o cumio máis alto do Harz, cunha altitude de 1 141,1 m sobre o nivel do mar. O Wurmberg (971 m) é o pico máis alto situado enteiramente dentro do estado de Baixa Saxonia.

Historia

Fundada en 922 para protexer as ricas minas de prata descubertas na montaña Rammelsberg. Na Alta Idade Media, nos séculos XI e XII, foi a residencia favorita dos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico da dinastía Salia, e foi o escenario de frecuentes reunións do Reichstag. Incluso o último desta dinastía, Henrique V, naceu en Goslar.

No século XIII uniuse á Liga Hanseática. En 1290 foi unha cidade imperial libre, até que foi anexionada por Prusia en 1802. Pasou a Westfalia en 1807, volveu a Prusia en 1814, pasou a Hannover en 1815 e, co reino de Hannover, ao reino de Prusia en 1866. Adolf Hitler converteuna na sede da organización agrícola nazi en 1936. Indemne durante a segunda guerra mundial, a cidade recibiu moitos refuxiados doutros lugares de Alemaña.

Economía

Goslar é un centro turístico, e unha importante porta de entrada para os turistas que van ás montañas do Harz. Ademais, produce produtos químicos, materiais sintéticos, materiais de construción, papel, vidro, produtos metálicos, téxtiles, alimentos e produtos eléctricos.

Goslar ten dúas especialidades culinarias: o queixo Harz e a cervexa Gose.

Restos de tempos antigos

Quedan partes das antigas murallas da cidade, así como as torres do século XVI, especialmente a Breites Tor (Porta Ancha). Hai interesantes edificios de pedra e entramado de madeira dos séculos XIII-XVI pertencentes aos gremios de panadeiros e comerciantes de panos; un destes últimos (de 1494) é hoxe o Hotel Kaiserworth. O Palacio Imperial (c. 1040, restaurado a finais do século XIX) foi construído polo emperador Henrique III, cuxa tumba está na capela de San Ulrico. A casa do concello do século XII, posteriormente reconstruída, contén unha singular sala de homenaxe. A catedral (consagrada en 1050) foi demolida en 1819, pero os mosteiros medievais e varias igrexas parroquiais sobreviven.

Patrimonio da humanidade

A cidade histórica de Goslar, coas minas de Rammelsberg, foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1992, uníndose á declaración o sistema de xestión hidráulica do Alto Harz en 2010.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Werner Gottschalk (1999): Chronik der Stadt Goslar: 919–1919; unter Einbeziehung des Reichs- bzw. Landesgeschehens und des Umlandes der Stadt. Goslar: Brumby. ISBN 3-9342-3120-9.

Ligazóns externas

Tags:

Goslar XeografíaGoslar HistoriaGoslar EconomíaGoslar Restos de tempos antigosGoslar Patrimonio da humanidadeGoslar NotasGoslar Véxase taménGoslarAlemañaBaixa SaxoniaLand

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TenerifeRenault na Fórmula 1Hibernia (personificación)CharadriiformesPorto RicoGarcía Pardiñas Vilar de FrancosAlbatros viaxeiroNoitevellaLazaÁcido vaccénicoJackie ChanAmieiroLingua galegaRomaVía da pentosa fosfatoNós (revista)Grupo EroskiO Canon da MedicinaCommelinidaeHaile GebrselassieGran Premio de Singapur de 2018Olaría da Grecia antigaEdicto de MilánLingua gregaXoves SantoPhoenicopteriformesHonoluluRetrato de Adele Bloch-Bauer IKiribatiÁcido docosahexaenoicoYorgos LanthimosViktoryja AzarankaPulqueriaGetty Thesaurus of Geographic NamesLinguas xermánicasTeleósteosBananaChamaeleo chamaeleonMercedes-Benz C112BadalonaLingüísticaPediastrumBilurico comúnEmpalme do ARNAporia crataegiHesperornithesGuerraADN ZSan Xoán de RíoEdgar de WahlSexo analMaruca do MediterráneoNana MouschouriIncubación dos ovosGaliciaLinguas románicasDobre hélice de ácidos nucleicosLunfardoPalenciaArcade, SoutomaiorFrank SinatraMachu PicchuBudismoLuís Pérez BarralCidadePobo uigurLleidaCaralloTaurotragus oryxOxalacetatoLocativoLista de países por superficieCopa do SarAsnoPolpa dentariaCloroformo🡆 More