Asedio: Acción militar consistente no bloqueo dunha cidade ou fortificación

Un asedio ou cerco é a acción militar que consiste en rodear con xente armada un lugar para combatelo, privalo de comunicacións e apoderase del.

Asediar implica o bloqueo militar prolongado dunha fortaleza, que adoita ir acompañado do asalto da mesma, co obxectivo da súa conquista mediante a forza ou o desgaste. Ten lugar cando un atacante se atopa cunha cidade ou fortaleza que rexeita a rendición e non pode ser tomada facilmente cun asalto frontal. Normalmente comporta o rodeo do obxectivo marrada e o bloqueo das liñas de abastacemento, e se fose preciso, axudados con maquinaria de asedio, bombardeo de artillaría e a construción de túneles subterráneos para superar as fortificacións. O termo provén do latín sĕdĭcum, "asento", derivado de sĕdēre, "sentar".

Asedio: Acción militar consistente no bloqueo dunha cidade ou fortificación
Representación do asedio dunha cidade medieval

Na historia, os asedios probablemente xurdiron paralelamente co desenvolvemento das cidades e os grandes centros de poboación. As cidades antigas de Oriente Medio, por exemplo, xa amosan restos arqueolóxicos de murallas fortificadas. Durante o período dos Reinos Combatentes na China, hai probas tanto textuais como arqueolóxicas de asedios prolongados e do emprego de máquinas de asedio contra os defensores da cidade.

Durante o Renacemento e na Idade Moderna, os asedios dominaron a forma de guerra en Europa até o punto que Leonardo da Vinci, por exemplo, acadou gran parte do seu renome mediante o deseño de fortificacións no seu estudio. As campañas medievais xeralmente se deseñaban a través dunha sucesión de asedios. Porén, na era napoleónica, o emprego cada vez maior de canóns moi poderosos reduciu o valor das fortificacións, de xeito que xa nos tempos modernos, as trincheiras substituíron as murallas, e os búnqueres substituíron os castelos. Xa no século XX a importancia do asedio clásico foi declinando por mor da chegada da guerra móbil. Unha fortificación concreta deixou de ser tan decisiva como o era antes e, por isto, malia que aínda se facían asedios concretos, xa non eran tan importantes nin tan comúns como o eran antes, sobre todo pola facilidade coa se poden dirixir grandes volumes de poder destrutivo contra un só obxectivo estático.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

ArtillaríaLingua latina

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A Trabe, San Román de Montoxo, CedeiraLontreiraAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoFundación WikimediaRosalía de CastroCabeza de ManzanedaSemellanza (xeometría)EstrasburgoHarry PotterAstrolabioRepública ChecaSalzburgoGreta ThunbergIgrexa ortodoxa coptaQEDSílabaBieito XVI, papaCopa LibertadoresPediastrumTopónimos célticos en GaliciaMicciónFernão de MagalhãesTexasBaltimoreCongresoAgora RepúblicasBenito KamelasMáximo común divisorRepública Popular da ChinaA morte na literatura popular galegaEstado de emerxenciaCarlismoBenidormBrasilBarbitúricosÁlex FidalgoCurtisPropagandaJake GyllenhaalAustraliaLuís Pérez BarralLingua latinaPontevedraManuscrito VoynichReal Academia GalegaTratado internacionalPablo PicassoKaty PerryGheadaMaría VázquezFrancisco Llanos MasEnciclopediaToni AcostaFonemaLista de WikipediasAlcóntarRocco SiffrediNoite de San Xoán (Fonoteca 92)LibertarioLingua galegaAraceli GestidoIlyushin Il-76Rachel WeiszRobert OppenheimerMelatoninaChorimaCinema pornográficoSexoFernando AlonsoAtol Bora Bora28 de marzoThe Interview🡆 More