Giuseppe Bergomi: Futbolista italiano

Giuseppe Raffaele Bergomi, tamén coñecido como Beppe, nado en Settala, provincia de Milán, o 22 de decembro de 1963, é un exfutbolista italiano.

Bergomi
Giuseppe Bergomi: Traxectoria, Características técnicas, Palmarés
Información persoal
Nome Giuseppe Raffaele Bergomi
Nacemento 22 de decembro de 1963
Lugar de nacemento Milán e Settala
Altura 1,85 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1972–1977 Settalese
1977–1980 Inter de Milán
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1979–1999 Inter de Milán 519 (23)
Selección nacional
1981–1984 Italia sub-21 7 (0)
1982–1998 Italia 81 (6)
Na rede
IMDB: nm1449301 FIFA: 174391 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Considerado un dos mellores defensas da súa xeración, desenvolveu toda a súa carreira como futbolista no Inter de Milán, club que capitaneou desde 1992 ata 1999 e co que conquistou un campionato da Serie A, unha Copa Italia, unha Supercopa italiana e tres Copas da UEFA.

Foi 81 veces internacional coa selección italiana, da que foi capitán de 1988 a 1991, e participou con ela en catro Copas do Mundo (España 1982, México 1986, Italia 1990 e Francia 1998) e unha Eurocopa (Alemaña Occidental 1988). A vitoria no Mundial de 1982 converteuno, con 18 anos, no segundo futbolista máis novo en gañar o torneo, só superado en precocidade por Pelé.

É o segundo xogador con máis partidos na historia do Inter de Milán, só por detrás de Javier Zanetti, e o futbolista con máis partidos disputados na historia da Copa da UEFA/Europa League (96). No seu día foi tamén o futbolista con máis encontros na Copa Italia (119), e en competicións de clubs da UEFA (117). No momento da súa retirada era tamén o xogador con máis partidos disputados cun só club italiano.

Foi incluído tres veces consecutivas, de 1989 a 1991, no once ideal da revista Onze Mondial, e en 1997 gañou o Premio Scirea. Trala súa retirada foi incluído no FIFA 100, no Salón da Fama do Fútbol Italiano e no Salón da Fama do Inter de Milán.

Traxectoria

Inter de Milán

Despois de ser descartado dúas veces polo Milan por mor dun reumatismo en sangue, incorporouse ao equipo xuvenil do Inter de Milán. Impresionado polo seu talento, Eugenio Bersellini fíxoo debutar co primeiro equipo o 30 de xaneiro de 1980, con 16 anos e 39 días (récord absoluto de precocidade na historia do Inter), nun partido da Copa Italia contra a Juventus que rematou 0-0. Ese mesmo ano, perdeu ao seu pai, mentres estaba concentrado coa selección italiana xuvenil en Leipzig.

Debutou na Serie A ao ano seguinte, con 17 anos e dous meses, na vitoria por 1-2 ante o Como o 22 de febreiro de 1981. O seu debut foi propiciado pola ausencia de Nazzareno Canuti e a lesión de Gabriele Oriali, que tivo que ser substituído durante o partido, sendo Bergomi o elixido para entrar no seu lugar. O 4 de marzo debutou na Copa de Europa, nos cuartos de final ante o Estrela Vermella (1-1).

Marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Inter na Copa Italia, o 6 de setembro de 1981, nun derbi de Milán contra o Milan, partido que rematou 2-2 grazas ao seu gol no minuto 89. O seu primeiro tanto na Serie A chegou o 10 de xaneiro de 1982 nun partido contra o Bologna que rematou 2-1 para o Inter. Ese mesmo ano entrou na selección nacional e foi convocado in extremis por Enzo Bearzot para o Mundial de 1982. Na tempada 1983/84 foi un dos mellores laterais dereitos da liga.

Durante a campaña 1988/89, co traspaso de Alessandro Altobelli á Juventus, Bergomi saíu moitas veces ao campo como capitán, aínda que o verdadeiro posuidor do brazalete era Beppe Baresi, suplente habitual. Esa mesma tempada gañou o único campionato de liga da súa carreira, despois de que o equipo adestrado por Giovanni Trapattoni conseguise 58 puntos de 68 posibles, establecendo un récord na era dos dous puntos por vitoria. En novembro do mesmo ano gañou tamén a Supercopa italiana. O ciclo de Trapattoni rematou coa conquista da Copa da UEFA 1990/91, a primeira na historia do club.

Trala despedida de Trap, o equipo viviu un período de irregularidade. O subcampionato da Serie A na tempada 1992/93 e o triunfo na Copa da UEFA 1993/94 intercaláronse con tempadas negativas, como a 1991/92, cun oitavo posto en liga, ou a propia 1993/94, na que a pesar de se proclamaren campións da Copa da UEFA, acabaron preto do descenso, logrando a permanencia na Serie A na penúltima xornada. Branco de fortes críticas, das que tampouco se librou o xa primeiro capitán Bergomi, a retagarda do Inter sufriu unha revolución no verán de 1994, coas vendas de Riccardo Ferri e Walter Zenga á Sampdoria como parte do acordo que levou a Gianluca Pagliuca aos nerazzurri.

Despois de dous campionatos máis sen éxitos, o Inter recuperou os bos resultados entre 1996 e 1998. Dirixido por Roy Hodgson, o equipo milanés logrou o terceiro posto na Serie A 1996/97 e chegou á final da Copa da UEFA do mesmo ano, perdendo na quenda de penaltis contra o Schalke 04. Bergomi, moitas veces xogando como lateral esquerdo, rendeu a un alto nivel. Para a tempada 1997/98 chegou un novo adestrador, Luigi Simoni, e este situou a Bergomi no centro do seu proxecto táctico, facéndoo ocupar o papel de líbero. Realizou actuacións convincentes e contribuíu ao segundo posto en liga e á vitoria na Copa da UEFA, a terceira tanto para o club como para Bergomi. Tamén estableceu varios récords de partidos disputados, superando a Ray Clemence como o xogador con máis encontros en competicións europeas, a Pietro Vierchowod en partidos da Copa Italia, a Giacinto Facchetti en partidos de liga coa camiseta do Inter, a Gianni Rivera en número de derbis de Milán e a Franco Baresi en partidos totais cun único equipo italiano. A excelente tempada disputada valeulle o regreso á selección nacional e un posto para o Mundial de 1998.

Na tempada 1998/99, na que superou a barreira dos 750 partidos coa camisola nerazzurra, non tivo tanta sorte: o Inter acabou un ano complicado na oitava posición, e Bergomi (que mentres tanto cedera a Ronaldo os galóns de capitán) decidiu retirarse porque non formaba parte dos plans do novo adestrador Marcello Lippi. O seu último encontro como profesional disputouno o 23 de maio de 1999, na vitoria por 3-1 diante do Bologna.

Retirouse como o futbolista con maior número de partidos na historia do Inter de Milán, 757, nos que marcou 28 goles. Deles, 519 foron na Serie A (23 goles), 117 en competicións europeas, 119 na Copa Italia (5 goles), 1 na Supercopa italiana e 1 no Torneo di Capodanno. Máis tarde foi superado polos 858 partidos de Javier Zanetti coa camiseta do Inter.

Selección italiana

Categorías inferiores

Debutou coa selección sub-21 de Azeglio Vicini o 12 de novembro de 1981, ante Grecia durante a clasificación para a Eurocopa sub-21 de 1982. Disputou os dous únicos partidos de Italia na fase final do torneo. A continuación alternou a selección sub-21 coa absoluta, sumando un total de 7 partidos coa sub-21, o último deles nas semifinais da Eurocopa de 1984, perdidas diante de Inglaterra.

Selección absoluta

1982-1986

Debutou internacionalmente coa selección absoluta italiana o 14 de abril de 1982, aos 18 anos, nun partido amigable contra Alemaña Oriental no antigo Zentralstadion de Leipzig, que rematou con vitoria italiana por 1-0. O seleccionador Enzo Bearzot convocouno para o Mundial de 1982, converténdose así no futbolista italiano de menos idade en participar nunha Copa do Mundo. Estreouse no certame mundial na segunda fase, no partido contra o Brasil, substituíndo ao lesionado Fulvio Collovati na primeira metade. Coa tarefa de marcar ao dianteiro centro Serginho, completou un excelente partido e Italia clasificouse para as semifinais contra Polonia. Aínda que en principio ía comezar o partido contra o equipo centroeuropeo dende o banco, acabou saíndo como titular debido a que o porteiro Dino Zoff sufría unha pequena molestia nunha perna e precisaba un defensor extra para repartir o xogo dende atrás. Italia gañou o encontro por 2-0, grazas a dous tantos de Paolo Rossi e meteuse así na súa cuarta final.

Debido á lesión de Giancarlo Antognoni, Bergomi tivo a oportunidade de saír tamén dende o inicio na final contra Alemaña Occidental. Cos seus 18 anos, marcou eficazmente ao dianteiro alemán Karl-Heinz Rummenigge e participou na acción do gol de Marco Tardelli que colocaba o 2-0 no marcador, antes do 3-1 definitivo. Co triplo asubío do árbitro Coelho, Bergomi proclamouse campión do mundo, converténdose no segundo xogador máis novo en gañar o título, só por detrás de Pelé.

Trala vitoria no torneo, Bergomi consolidouse como titular a partir de 1983 e participou en catro dos oito partidos de clasificación para a Eurocopa de 1984, á que Italia finalmente non chegou, ao quedar penúltima do seu grupo. Foi titular no Mundial de 1986, ao que a nazionale accedeu como vixente campioa. Cun equipo desgastado, formado por moitos xogadores ao final das súas carreiras, a selección de Bearzot non convenceu e foi eliminada na segunda volta por Francia.

1986-1998

Marcou os seus seis goles coa selección durante o paso de Azeglio Vicini polo banco, facendo os dous primeiros o 8 de outubro de 1986 contra Grecia, coincidindo co debut do novo adestrador. En dito encontro, no que portou por primeira vez o brazalete de capitán trala substitución de Alessandro Altobelli, converteuse no primeiro defensa en marcar dous tantos nun partido da selección italiana.

A partir do 20 de febreiro de 1988, no que Italia venceu nun amigable por 4-1 á Unión Soviética, converteuse en capitán dos azzurri a todos os efectos, e levou o brazalete en 33 partidos. Disputou dous grandes torneos baixo as ordes de Vicini, acadando en ambos as semifinais: a Eurocopa de 1988, na que foi incluído no equipo ideal do torneo, e o Mundial de 1990.

O 5 de xuño de 1991, durante un partido de clasificación para a Eurocopa de 1992 contra Noruega, no penúltimo partido da era Vicini, Bergomi foi expulsado poucos segundos despois da súa entrada no campo, tras un choque con Erik Pedersen, seguido dun altercado con Gøran Sørloth. A sanción de seis xornadas que recibiu e a chegada ao banco azul de Arrigo Sacchi provocou unha longa interrupción da súa carreira na selección. O novo adestrador preferiu confiar en xogadores máis afeitos á defensa en zona, renunciando ás veces a xogadores de maior nivel técnico pero non axeitados ao seu método de xogo, como Bergomi.

Sete anos despois da súa última aparición coa selección, Bergomi volveu ser convocado internacionalmente aos 34 anos, incluído por Cesare Maldini na lista de xogadores para o Mundial de 1998 no lugar do lesionado Ciro Ferrara. Xogou un amigable previo ante Suíza, e xa no Mundial saltou ao campo no último partido da fase de grupos, substituíndo nos primeiros instantes do partido ao lesionado Alessandro Nesta ante Austria. A continuación foi o lateral dereito titular nos oitavos de final contra Noruega e nos cuartos de final contra Francia, selección esta última que eliminou a Italia na quenda de penaltis. O de cuartos de final foi o 81º e último partido como internacional de Bergomi, que deixou a selección como o cuarto futbolista con máis partidos da historia do equipo nacional ata aquel entón.

Con catro Copas do Mundo disputadas, Bergomi é segundo, só por detrás de Gianluigi Buffon, entre os xogadores italianos con máis participacións na competición mundial, empatado con Enrico Albertosi, Fabio Cannavaro, Paolo Maldini, Gianni Rivera e Dino Zoff. A diferenza destes últimos, con todo, nunca disputou as fases de clasificación, dado que en 1982 e 1998 o defensa foi convocado in extremis despois de que xa se conseguira o pase, mentres que nas edicións de 1986 e 1990 Italia clasificouse automaticamente por ser na primeira delas a vixente campioa e na seguinte a anfitrioa.

Trala retirada

Dende 1999 traballou como comentarista na televisión, a miúdo xunto a Fabio Caressa, primeiro para TELE+ e despois para Sky Sport. Tamén con Caressa, puxo a súa voz en varias edicións do videoxogo de fútbol FIFA.

En febreiro de 2008 iniciou unha carreira como adestrador de fútbol base, comezando na canteira do Inter de Milán e dirixindo nos seguintes anos nas categorías inferiores do Monza, do Atalanta e do Como.

Características técnicas

De talento precoz, distinguiuse dende o principio como un defensor de físico robusto e atlético, con boa técnica e habilidade no xogo aéreo e no anticipación. Era un dos marcadores máis fiables e tenaces da Serie A, considerado por Marco van Basten como un dos máis difíciles de encarar. Dotado dun gran espírito competitivo, tamén era propenso ao xogo de ataque. No momento álxido da súa carreira, as súas frecuentes subidas ofensivas convertérono nun dos mellores laterais dereitos do mundo, puntual no envío de centros e afeito a anotar, grazas a un bo disparo dende lonxe. Malia algúns escepticismos sobre a súa adaptabilidade á defensa en zona, na segunda metade da década de 1990 demostrou que sabía adaptarse a ela, grazas a unha notable flexibilidade, que lle permitía tamén actuar como lateral esquerdo, central e líbero, posición esta última na que pechou a súa carreira, compensando coa súa experiencia as limitacións físicas.

A pesar do seu forte temperamento e dun estilo de xogo bastante duro (foi expulsado 12 veces, 11 delas na Serie A), Bergomi distinguíase pola súa deportividade e profesionalidade, gañando o aprecio de adestradores, compañeiros e adversarios.

Palmarés

    Inter de Milán
    Selección italiana

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Sacchi, Arrigo (2015). Calcio totale. La mia vita raccontata a Guido Conti (en italiano). Milán: Arnoldo Mondadori Editore. ISBN 978-8804648048. 

Ligazóns externas

Tags:

Giuseppe Bergomi TraxectoriaGiuseppe Bergomi Características técnicasGiuseppe Bergomi PalmarésGiuseppe Bergomi NotasGiuseppe Bergomi Véxase taménGiuseppe Bergomi196322 de decembroFútbolPobo italianoProvincia de Milán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Colocación do pronome átono en galegoLareiraEvento MiyakeTom HanksBandeira de Galicia1963Guerra da Tripla AlianzaMeat Is MurderXenebra, SuízaContactTeoría cuántica de camposPantera RodríguezSen SenraA Ponte Maceira, Portor, NegreiraAngkor WatXCharles BronsonXosé MonteagudoPneumáticaSexoLista de xentilicios de concellos galegosDominio de primeiro nivelThe ArtistMesopotamia1825Xosé Antonio TouriñánRafaela Hervada CarnereroBarbadosChus PatoGheadaAustriaCarcinoma lobular in situPortugalDie ZauberflöteEuromillónsBidueiroCasa de AndradeMario ObreroCentro público integradoObxectivos de Desenvolvemento SostíbelLingua inglesaLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingSapoconcho comúnXogos popularesMalores VillanuevaEstípite (arquitectura)CarrachaGerardo Pardo de VeraAs crónicas do sochantreFábrica Nacional de Moneda y TimbreFesta da ReconquistaPenafielMáis alá!Lista de palabras galegas de orixe celtaAnagnórise (novela)LiexaJosé Juan FigueirasMarga PazosResistencia (libro)Raquel AtanesRevolución Francesa89TahuataMáquina comecartosXinzo de LimiaMiguel Ángel Zabalza BerazaManuel Miñones BarrosQuenllaAndoriñaLaxe99Lingua irlandesaAmes NovoLeonardo da Vinci🡆 More