George Marshall

George Catlett Marshall, nado en Uniontown (Pensilvania) o 31 de decembro de 1880 e finado en Washington, D.C.

En 1953 foi galardoado co Premio Nobel da Paz grazas ao desenvolvemento do Plan Marshall, un plan de axuda económica para 18 países europeos devastados pola guerra.

Infotaula de personaGeorge Marshall
George Marshall
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) George Catlett Marshall, Jr. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Catlett Marshall Editar o valor em Wikidata
31 de decembro de 1880 Editar o valor em Wikidata
Uniontown, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de outubro de 1959 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington, Section 7, grave 8198 38°52′37″N 77°04′13″O / 38.87699, -77.070355 Editar o valor em Wikidata
Secretario de Defensa dos Estados Unidos de América
21 de setembro de 1950 – 12 de setembro de 1951
← Louis A. Johnson (pt) TraducirRobert A. Lovett (pt) Traducir →
George Marshall 50º Secretario de Estado dos Estados Unidos
21 de xaneiro de 1947 – 20 de xaneiro de 1949
← James ByrnesDean Gooderham Acheson (pt) Traducir →
Xefe de Estado Maior do Exército dos Estados Unidos de América
1 de setembro de 1939 – 18 de novembro de 1945
Embaixador dos Estados Unidos de América na República da China (1912-1949)
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa episcopal nos Estados Unidos Editar o valor em Wikidata
EducaciónVirginia Military Institute (en) Traducir
United States Army Command and General Staff College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, militar (pt) Traducir e diplomacia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xogador de fútbol americano , oficial , diplomático , soldado Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1902 Editar o valor em Wikidata - setembro de 1951 Editar o valor em Wikidata
Partido políticosen valor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral do Exército
Xeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial, segunda guerra mundial, Guerra filipino-estadounidense, Fronte Occidental e Ofensiva Meuse-Argonne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
DeporteFútbol americano Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- VMI Keydets football (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElizabeth Carter Coles Marshall
Katherine Boyce Tupper Brown Marshall
PaiGeorge Catlett Marshall, Sr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
George Marshall Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0550895 Musicbrainz: 3b2187ab-0d81-414f-b985-fe03dfeabc42 WikiTree: Marshall-4835 Find a Grave: 673 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Mocidade e estudos

George Marshall naceu o 31 de decembro de 1880 na pequena cidade de Uniontown, no estado norteamericano de Pensilvania, nunha familia de clase alta. Foi educado no Instituto Militar de Virxinia, e despois de graduarse alistouse no Exército dos Estados Unidos.

Ao entrar no instituto militar de Virxinia, Marshall sufriu prexuízos polo seu característico acento do norte e tivo que demostrarse a si mesmo e aos demais o seu potencial. Neste lugar foi onde aprendeu e desenvolveu habilidades como autocontrol, disciplina, e ciencias militares. Logo de graduarse Marshall insistiu en ter un lugar no exército e xurdiu a anécdota de que Marshall tomara a decisión de ir ata Washington sen cita previa a falar co presidente William McKinley. Non se sabe se isto deu resultados, mais o 4 de xaneiro de 1902 xa ocupaba o cargo de subtenente do exército dos Estados Unidos. Nove días máis tarde casou con Elizabeth "Lily" Carter Coles.

De maio de 1902 a novembro de 1903 serviu no rexemento de infantaría nas illas Filipinas.

De decembro de 1903 a agosto de 1906: a súa seguinte misión foi no forte Reno, Oklahoma.

Graduouse primeiro na súa clase na Escola Superior do Persoal do Exército en 1908, en Fort Leavenworth, Kansas; e foi ascendido a Primeiro Tenente.

O mozo oficial distinguiuse nunha variedade de postos nos seguintes nove anos, polo que gañou un lugar no Estado Maior, na primeira guerra mundial.

Carreira militar

Durante a primeira guerra mundial serviu como planificador dos adestramentos e das operacións. En 1917 foi trasladado a Francia, onde se ocupou da planificación das operacións da Primeira División de Infantaría. En 1918 foi trasladado ao cuartel xeral do exército dende onde planificou e coordinou unha das operacións máis importantes da Guerra e que permitiron a derrota do exército alemán na fronte occidental: a ofensiva de Argonne.

A partir de 1920, sendo axudante do xefe de persoal do exército John J. Pershing, Marshall foi encomendado a reordenar os adestramentos do exército así como o ensino de novas e antigas técnicas militares. En 1934 foi nomeado coronel, para converterse en xeneral en 1936. En 1939 Franklin D. Roosevelt nomeouno Xefe do Estado Maior do Departamento de Guerra, cargo que desempeñou ata 1945.

Durante a segunda guerra mundial, Marshall reordenou a estrutura do exército de terra e do aire, dotándoos dunha visión máis moderna, e preparándoos para entrar en combate. Deseñou a estratexia central de todas as operacións aliadas en Europa, seleccionou a Dwight Eisenhower como comandante supremo do exército aliado en Europa, e deseñou a Operación Overlord, que serviu para a invasión de Normandía. Winston Churchill chamouno o organizador da vitoria aliada, e foi nomeado en 1944 home do ano pola revista Time. Marshall, despois da vitoria dos aliados, retirouse do exército en 1945.

Carreira política

George Marshall 
Primeira páxina do plan Marshall.

Despois da segunda guerra mundial foi enviado á China para negociar unha tregua e construír un goberno de coalición entre os nacionalistas e os comunistas que loitaban nunha guerra civil. A súa mediación non tivo efecto e en 1947 abandonou a China para volver aos Estados Unidos.

Aquel mesmo ano foi nomeado Secretario de Estado, preparando dende o primeiro momento un plan para a recuperación económica europea, unha economía que quedara devastada como consecuencia da segunda guerra mundial. Este plan de recuperación europea, coñecido como Plan Marshall, axudou economicamente a dezaseis países europeos, todos eles aliados, e conseguiu que a revista Time o volvese nomear Home do ano en 1948. Como Secretario de Estado, opúxose ao recoñecemento do Estado de Israel, en contra da opinión do presidente Harry S. Truman. Este enfrontamento provocou a súa dimisión en 1949, sendo nomeado en 1950 Secretario de Defensa, posto ao que renunciou en 1951, despois de ter diversas disputas co senador Joseph McCarthy. Posteriormente foi nomeado presidente da sección norteamericana da Cruz Vermella.

En 1953 foi galardoado co Premio Nobel da Paz pola súa axuda á reconstrución europea despois da segunda guerra mundial co Plan Marshall.

Andrei Gromiko, representante da Unión Soviética nas Nacións Unidas entre 1946 e 1948 e posterior Ministro de Asuntos Exteriores, dixo en 1988 sobre George Marshall:

George Marshall foi un militar influente e unha personaxe pública durante a guerra. Nomeado xefe do Estado Maior en 1939, durante o período comprendido entre 1939 e 1945 tivo ao seu mando as forzas estadounidenses de desembarco e adoitaba entrevistarme con el durante as súas curtas viaxes dende Europa. Pode deducirse a importancia de Marshall se se ten en conta que foi incluído nos traballos das conferencias de Teherán, Ialta e Potsdam e a Administración contou tamén con el despois da guerra. Porén, como Secretario de Estado de 1947 a 1949, deu nome ao plan que tiña por obxecto levar a doutrina de Truman a Alemaña Occidental e outros países de Europa Occidental, cuxo propósito era consolidar o capitalismo e impedir que se producise un progresivo cambio social. Máis tarde, Marshall foi partidario da creación da OTAN e terminou a súa carreira como Secretario de Defensa. A George Marshall sentáballe igualmente ben o chaqué de diplomático e o uniforme militar.
Andrei Gromiko, Memorias (1988) páx. 73

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

George Marshall TraxectoriaGeorge Marshall NotasGeorge Marshall Véxase taménGeorge Marshall16 de outubro1880195931 de decembroEstadounidenseMilitarPensilvaniaPlan MarshallPremio Nobel da PazSegunda guerra mundialWashington, D.C.

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Literatura galegaLeonardo da VinciMark Lewis JonesGuerra civil españolaFrancisco Varela OuroSan PetersburgoOldhamBella ciaoAsunta Basterra PortoRibadeoLalínDiego AnidoMMarmelo (doce)Fillas de CassandraLisboaFigueresRefraneiro galego sobre o mes de maioSílvia OrriolsTeoría de númerosJavier CasqueiroCaraveleira2015Xogos floraisPalauSelección de fútbol de GaliciaPosición do misioneiroRoberto Vidal BolañoXosé Luís Méndez FerrínCoco (bacteria)Toniña comúnPadrónpdwqjProxySusana FortesJacinto BenaventeLareiraMerloJude BellinghamScarlett JohanssonIsabel II do Reino UnidoSete SabiosAlbert EinsteinEduardo MendozaTito ValdésAlfabeto galegoMoinanteVladimir PutinEuropaPecados capitaisRéptilesO Barco de ValdeorrasFabiola GarcíaDodecágonoPosición do misioneiro invertidaDiego Rivas RegoMadridFauna de GaliciaLeninEstados Unidos de AméricaFerroAtlánticaBandeira de GaliciaNeptunoConcellos de GaliciaAntonio López FerreiroEsther EstévezAC-211Juana AcostaFC Ilves (feminino)GalaicosRepública Democrática do CongoRetorno a Tagen AtaAires da miña terraDaniel Basteiro🡆 More