Véxase no texto
Xanzás (xénero Gentiana) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
(Gentiana verna) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
As xanzás son plantas pertencentes ao xénero Gentiana, integrado na familia Gentianaceae. É un xénero grande con arredor de 400 especies.
É un xénero cosmopolita que se distribúe polas rexións temperadas de Asia, Europa e América. Atópanse tamén algunhas especies en África, Australia e Nova Zelandia. En Galiza aparecen distintas variedades da especie Gentiana lutea (xanzá amarela), con flores que van dende cores amarelas até arroibadas.
Son plantas perennes anuais ou bienais. A maioría con rosetón básico. As flores con forma de trompeta son xeralmente azuis, mais pode variar a branco, crema, amarelo ou encarnado. As especies de flores azuis predominan no hemisferio norte, o vermello nos Andes, as brancas en Nova Zelandia. Son flores tubulares con cinco pétalos (corola) e cinco sépalos (nunha especie ten 4-7). O ovario é sésil e ten glándulas nectíferas.
Segundo Plinio o Vello e Dioscórides, o seu nome deriva do de Xentio (Genthius), rei de Iliria no século II a. C., a quen se atribuía o descubrimento do valor curativo da Gentiana lutea (xanzá amarela).
|
|
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gentiana |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gentiana |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Gentiana, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.