Galicia Estremeira: Territorios galegofalantes que se atopan fóra das fronteiras de Galiza

Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias.

Galiza estremeira
Localización en amarelo
Localización de
Datos
Administración 47 concellos
Comunidades actuais Castela e León e Asturias
Superficie aproximada 3.200 km²
Poboación aproximada 60.000 hab.

Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza, utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste.

Xeografía

A Galiza estremeira ou irredenta é un territorio en forma de franxa, de aproximadamente 175 quilómetros de longo e de 15 a 30 de anchura, situada polas terras máis occidentais das actuais provincias de León e Zamora, na Comunidade autónoma de Castela e León, así como os concellos máis occidentais do Principado de Asturias, situados entre a ría de Ribadeo e o río Frexulfe (próximo ao río Navia). A pesar das diferenzas administrativas entre as diversas zonas desta longa franxa, todas teñen en común unha lingua e por tanto en boa parte unha cultura que comparten aínda hoxe coa Galiza autonómica.

Tradicionalmente vénse dividindo ou agrupando estes territorios en tres partes: Eo-Navia, Bierzo e Portelas / Seabra. Se ben, recentemente apareceu unha nova proposta de comarcalización destes territorios por parte dunha organización política que divide estes territorios en cinco comarcas: Terra do Eo-Navia, Val do Ibias, O Bierzo, Cabreira e a Seabra. Estas son as diferentes comarcas segundo a primeira división, por ser a máis estendida e coñecida:

Terra Eo-Navia

A Terra Eo-Navia, Navia-Eo ou Entrambasaguas, son as denominacións que recibe a rexión de lingua galega que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galiza e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia. O termo Terra Eo-Navia, trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional, e na que se inclúen os seguintes concellos:

As Portelas e Calabor

As Portelas é unha rexión actualmente baixo administración zamorana (Castela e León), situada na fronteira con Galiza (á que pertenceu até o ano 1789) e na que historicamente se fala o galego, aínda que sen status oficial. Comprende os seguintes concellos:


O Bierzo

Situado entre a Serra do Courel, os Montes Aquilanos e a Serra de Fistedo, O Bierzo é unha comarca actualmente baixo administración leonesa e integrada polo tanto na Comunidade Autónoma de Castela e León. Con todo, a propia xeografía, historia e principalmente o idioma, fan do Bierzo occidental unha terra estreitamente ligada a Galiza, da que formou parte durante séculos. O uso do galego, que ten a súa celebración anual no día do nacemento de Martiño Sarmiento, mantense nos seguintes concellos:


Historia

Galicia Estremeira: Xeografía, Historia, Lingua 
Mapa do reino de Galiza elaborado por Gérard Mercator e Jodocus Hondius, cun detalle do mesmo no que aínda se situaba a Ponferrada como entrada do reino, así como as vilas de Vilafranca do Bierzo, Valcarce, Cacabelos ou A Ponte de Domingos Flórez en Galiza. 1619.

As diversas causas que orixinan que existencia de amplos territorios galego-falantes fóra de Galiza son resultado de diferentes sucesos -de carácter eminentemente político-, que desde o século XII ata o ano 1789, foron sucesivamente reducindo o territorio oficialmente galego. A conseguinte exclusión de zonas limítrofes, que antano formaban parte de Galiza, levou á súa forzosa integración nos territorios lindeiros, conservando as súas xentes con todo, o idioma galego así como outros trazos culturais afíns.

O Bierzo (1486)

Coa fragmentación do reino de Galiza e a individualización do recente reino de León a comezos do século XII as informacións sobre a adscrición do Bierzo a un ou outro reino son confusas e mesmo contraditorias. Mentres que para uns autores o reino de Galiza remataba na fronteira natural dos montes do Cebreiro, para outros facíao na periferia da vila de Ponferrada, chegándose incluso a considerar o territorio berciano como unha entidade propia debido á súa condición xeográfica limítrofe. Os séculos posteriores, porén, consolidarían finalmente o occidente do Bierzo na vida política e social galega ata finais do século XV.

Será precisamente nese século cando o conde de Lemos, Pedro Álvarez Osorio, el mayor señor de aquel reyno de Galicia sufra o acoso total dos irmandiños (incluídos os bercianos), cando máis de 30.000 deles o sitien no Castelo de Ponferrada, corazón do Bierzo, a súa confrontación coa Real Audiencia e os Reis Católicos suporíalle á casa de Lemos, a división do condado no ano 1486, mercando Ponferrada os propios Reis Católicos e creando o marquesado de Vilafranca. Dese xeito recaeu o Bierzo en mans castelán-leonesas, definíndose o límite entre o reino de Galiza e o de León, que pasaba a situarse no Cebreiro.

A Real Audiencia de Galiza, órgano de goberno e tribunal de xustiza do reino, conforme a Provisión de 7 de outubro de 1480 (ano de fundación da institución), estendía os seus dominios polo Bierzo e Terra de Valcarce. Descoñécese até cando isto se mantivo; porén, aínda en 1521, após a Asemblea de Melide, o rei encargou ao gobernador de Galiza pór tropas na fortaleza de Ponferrada.

A división do condado, non obstante, non impediu que o territorio berciano continuase a ser tradicionalmente considerado parte integrante de Galiza, así escritores e humanistas como Fernán Pérez de Oliva, Jerónimo Zurita, Lope de Vega, e viaxeiros como Bartolomé de Villalba y Estraña, Caumont, Claude de Bronseval, Arnold von Harff e outros, continuaron a considerar na súa obra o Bierzo occidental como parte do reino de Galiza, aludindo a diferentes enclaves como galegos, (Ponferrada) llave e principio del reyno de Gallizia, (Vilafranca do Bierzo) tiene esta villa buena vega, aunque ya está en Galicia, mesmo afirmando firmemente que: Pont Ferrat (Ponferrada), fin d’Espagne, commencement de Galice (Ponferrada, fin de España e comezo de Galiza). Aínda na segunda metade do século XVIII, en decembro de 1772, a propósito do pasamento de frei Martín Sarmiento, o xornal Mercurio Histórico y Político informaba que era natural de «Villafranca del Vierzo en Galicia».

Mapa do reino de Galiza elaborado por Fernando Ojea (ano 1634) e detalle: nel apréciase a pertenza a Galiza da Ponte de Domingos Flórez e das aldeas das Portelas (Lubián, Porto, Pías e mesmo Requeixo).

As Portelas e Calabor (1789)

Os catro concellos que forman hoxe en día As Portelas sempre estiveron ligados a Galiza e foron parte do antigo Reino de Galiza durante boa parte da Idade Media. A situación xeográfica e orográfica deste territorio separado do resto de Seabra polas montañas, e que fica máis envorcado cara Galiza ca ao resto de Seabra e da Provincia de Zamora, é responsable de que os seus habitantes falen galego. Estes concellos pertenceron durante a Idade Moderna á Provincia de Valladolid, agás Hermisende; este concello foi portugués ata a Guerra de independencia portuguesa no século XVII, tralo cal ficou incorporado a España, e por conseguinte ás Portelas. Certamente, As Portelas pasaron polas mans de varios grandes señores e bispos. Ata o século XIV, estiveron ligadas á Casa de Lemos e pasaron despois ao Ducado de Benavente. O mesmo ocorreu no terreo eclesiástico. Algunhas das vilas e aldeas pertenceron á diocese de Ourense ata hai ben pouco; mesmo outras aldeas deste pequeno recuncho da Alta Seabra estiveron ligados ás dioceses de Oviedo e Astorga. Hoxe en día todos dependen da diocese de Astorga no terreo eclesiástico. A súa relación nominal co antigo Reino de Galiza rematou en 1789. Pasaron a ser galegas durante o Trienio liberal en 1822 (sendo parte da provincia de Ourense). Porén, todo isto rematou cando estes catro concellos pasaron a formar parte de Zamora coa división provincial creada por Felipe Bauzá y Larramendi, e asinada polo ministro Javier de Burgos o 30 de novembro de 1833.

No concello de Porto, o 26 de agosto de 2018, coincidindo coa maior feira de gando do ano, celebrouse unha consulta informal sobre a hipotética separación de Castela e León, coa intención de pasar a Galiza. Os veciños quéixanse do afastados que se atopan da capital zamorana, o uso da lingua galega pola maioría dos moradores e o abandono que, din, teñen dende a administración castelá. O resultado foi de 202 votos a prol da escisión, 19 en contra e 6 en branco. A consulta non se limitou ao censo senón que puido votar calquera que se achase nese momento na localidade.

Resto de Seabra

A terra de Seabra pertenceu ao Reino de Galiza polo menos ata o século XVI, cando formaba parte do ducado de Benavente.

O feito de que Calabor sexa actualmente un enclave onde se fala galego débese a que o sur do concello de Requeixo tamén era galegofalante mais ficou despoboado.

O 27 de xuño de 1931, cando se proclamou a Primeira República Galega, na Pobra de Seabra realizouse unha manifestación na cal se izou a bandeira galega e se exhibiu un cartel que puña: «Queremos anexarnos a Galicia».

A identificación das súas xentes con Galicia foi recolleita por Joaquín Díaz ―dentro da súa obra de 1986― nas palabras dun xabrés: «Nosotros somos castellanos de Galicia».

Eo-Navia (século XII)

No caso do territorio comprendido aproximadamente entre os ríos Eo e Navia, integrante durante varios séculos da diocese de Britonia, as súas terras aínda eran considerados na diplomática medieval do século X, como parte da Galiza, tal e como recolle unha confirmación do rei Ordoño III, onde menciona: in Gallecia: (..) Vallebona (Valboa), Triacastella (Triacastela), Zerbantes (Cervantes), Nabia (Navia) cum Deganeis (Degaña) suis , Vitrico , Arborsola (Boal) , Soorna (Navia de Suarna), Trabersas de Fraxino , Ibias ambas, Ausecos (Vilanova de Ozcos) et Neiro (Neira).

A aproximación histórica ao conflito territorial no entanto chegou case douscentos anos despois, no século XII, cando toca teito a gran disputa entre os bispos de Lugo e Oviedo, reclamando á curia real cada unha das partes a súa xurisdición sobre a zona. As pretensións ovetenses débense contextualizar dentro do proxecto de engradecemento impulsado polo bispo Paio de Oviedo, quen comezou preitos semellantes contra Ourense, Burgos e até Toledo, chegando mesmo a reclamar tamén practicamente todo o bispado ourensán. O bispo lucense aseguraba que pertencían desde antano á súa diocese, porén os documentos achegados polo prelado de Oviedo ―alcumado "o falsificador"―, farían que o rei Afonso VII desestimase as demandas do lucense. Deste xeito, algúns destes territorios caeron definitivamente so xurisdición ovetense e leonesa por moito que os Papas sucesivos solicitasen ao León a devolución dos seus dominios adquiridos. Se ben algunhas das vilas eonaviegas seguiron a ser consideradas parte de Galiza como amosa a cartografía, o resto recaeron na diocese de Oviedo integrándose paulatinamente na xurisdición asturiana, mais conservando durante os séculos e até a actualidade, a lingua galega na súa variante local (eonaviego).

Así e todo, Ibias pertenceu a Galiza na metade do século XVIII.

Durante o século XIX realizáronse varios proxectos de organización territorial que incluían o Eo-Navia en Galiza, pero ningún se chegou a levar a cabo. En 1808, no contexto da Francesada, Napoleón fixo que a coroa española caese nas mans do seu irmán Xosé. Deste xeito, en 1810, o goberno xosefino tentou ordenar o territorio, dividíndoo en prefecturas, ó estilo das estabelecidas en Francia, segundo o proxecto do enxeñeiro e matemático Xosé Lanz. Xa que logo, o Eo-Navia foi incorporado na prefectura de Miño Alto, con capital en Lugo. Esta división non chegou a entrar en vigor. De novo o proxecto de división provincial de 1821, realizado por Bauzà e Larramendi, e ratificado pola comisión de Cortes, incluía a terra entre os ríos Eo e Navia na provincia de Lugo. Isto provocou unha importante oposición dos deputados asturianos, a cal foi contestada polos galegos, que presentaron unha proposta a prol do plan gobernamental. O deputado suplente por Galiza, Juan Osorio, propuxo unha solución intermedia, de xeito que a parte costeira pasase para Asturias e a parte montañosa ficase en Lugo. Con todo, finalmente, as Cortes decidíronse polas teses asturianas. Posteriormente, no ano 1842, após a reforma territorial de 1833 que abolía o reino de Galiza e o dividía en catro provincias, propúxose crear a provincia de Ribadeo, a cal abranguería o territorio eonaviego, mais a proposta foi rexeitada.

Lingua

Galicia Estremeira: Xeografía, Historia, Lingua 
Mapa do Galego cos bloques, as áreas e as subáreas lingüísticas. Os falantes de galego na Galiza irredenta supoñen máis do 60% dos falantes da variedade oriental da lingua galega.
Galicia Estremeira: Xeografía, Historia, Lingua 
Rúa dunha vila leonesa da Galicia estremeira.

O idioma galego é o principal nexo de unión na actualidade, entre os territorios da Galiza irredenta e da Galiza autonómica. Pola súa situación xeográfica, a variedade do galego falado nestes territorios é a do galego oriental, que comparte cos concellos -oficialmente considerados como galegos- máis orientais. Esta variedade dialectal posúe polo tanto características comúns afíns a un lado e outro dos lindes provinciais e autonómicos:

  • Variedade altamente conservadora, mantendo algunhas características medievais do galego-portugués, hai tempo desaparecidas no resto do territorio lingüístico galego, tales como vogais nasais (Ancares).
  • Sistema tónico con oito vogais, as sete do galego común mais o a palatal.
  • Plurais de palabras terminadas en -an -en -on, -ais -eis -ois: pantalón-pantalois
  • conservación dos ditongos latinos qua e gua: cuatro, guardar.

Peculiaridades

Xa dentro da variedade oriental do galego, cada territorio posúe peculiaridades lingüísticas propias que os filólogos tenden a dividir do seguinte xeito (de norte a sur):

Galiza irredenta

O termo irredenta, que é o máis amplamente estendido, fai referencia, segundo o dicionario da Real Academia Galega, a aquilo que está sen redimir, aplicado en particular ao territorio que, por razóns étnicas ou históricas unha nación quere anexionar. De xeito máis minoritario, este territorio tamén recibe o nome de Faixa oriental, Faixa Leste, Galiza exterior, Galiza oriental, Galiza Leste ou Galiza non autonómica.

Reivindicación

Se ben tradicionalmente era unha reivindicación do nacionalismo, na actualidade esta reivindicación tendeu a relaxarse e centrarse máis en aspectos culturais (reivindicación da lingua), ficando como reivindicación principalmente do independentismo (ben sexa organizado como Nós-UP, ben sexa non organizado politicamente). A pesar de que nas súas intervencións públicas o nacionalismo maioritario non teña feito bandeira da reivindicación territorial, o propio BNG recolle estas reivindicacións na súa Proposta de Estatuto de Galiza de 2005 onde, na súa disposición final terceira, di:

Poderán incorporarse a Galiza aqueles concellos limítrofes de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante procedementos democráticos que serán regulados por lei.
Galicia Estremeira: Xeografía, Historia, Lingua 
Anteproyeito de Estatuto da Galiza (1931), íntegro en pdf.

A posición tradicional do nacionalismo galego é a de negar a lexitimidade e validez da división administrativa provincial de Javier de Burgos de 1833, cuxa primeira manifestación foi o provincialismo. A posición do nacionalismo anterior a 1936 é claramente a de reivindicar estes territorios, desde a Xeración Nós até o Partido Galeguista, pasando polo arredismo ou a representación galega no IX Congreso de Nacionalidades Europeas e como vén reflectido en numerosas publicación afíns da época como A Nosa Terra, Nós ou A Fouce.

En 1931, o Anteproyeito de Estatuto da Galiza redactado polo Seminario de Estudos Galegos, a pesar de establecer no seu Artigo 4 que:

Art. 4º O territorio da Galiza comprende as antigas catro provinzas da Cruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.

incluía a continuación, no seu artigo quinto, unha clara referencia a estes territorios:

Art. 5º Poderáse agregar ô territorio da Galiza calquera outro colindante, por acordo dos dous tercios dos seus eleitores, aprobado pol-a Asambreaia do Estado galego e a legislatura a que estivere sometido o territorio en custión; todo isto cô refrendo do Poder federal. O plebiscito ao cal se refire o primeiro parágrafo deste artigo terá lugar por iniciativa do Consello do Estado galego ou da vixésima parte dos eleitores do país que se trata d'anexar.

Esta reivindicación mesmo se trasladará ao texto final do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 onde, no artigo 2 do Título I Preliminar, se afirma:

Art. 2º Podrá agregarse a Galicia cualquier territorio limítrofe de características históricas, culturales, económicas y geográficas análogas, mediante los requisitos que las leyes generales establezcan.

A Lei de Compilación do Dereito Civil Especial de Galiza, promulgada en 1963, estabelecía que se habían aplicar as disposicións dos títulos I e II da propia Lei nas comarcas das provincias limítrofes de Oviedo, León e Zamora cando se acreditase a existencia e uso das institucións referidas nos mesmos.

Logo da Transición, as correntes maioritarias do nacionalismo tenderon a relaxar as reivindicacións neste sentido, limitándoas na maioría dos casos a aspectos culturais, case sempre en relación coa lingua. Deste xeito, a reivindicación de galeguidade destes territorios quedou reducida por un lado, á propia minoría de habitantes deses lugares que conservan unha identificación con Galiza e, por outro, a sectores independentistas.

No 13 de abril de 2021 a deputada do BNG María González Albert, presentou no pleno do parlamento galego unha proposición non de lei solicitando o respaldo da Cámara á declaración do Bierzo como provincia, unha demanda rexeitada polo PP e PSOE.

Controversia

A existencia desta reivindicación dentro do nacionalismo galego esperta certa controversia tanto en Galiza, coma nas terras irredentas ou nos territorios aos que administrativamente pertencen. Un dos aspectos fundamentais dentro do debate parte da propia definición de nación da cal se derivaría, en principio, a pertenza ou non destes territorios á nación galega. Case todas as definicións de nación actuais falan de aspectos "obxectivos" como dispor dunha lingua común, historia, costumes etc., e máis duns factores "subxectivos" (a vontade dunha comunidade de pertencer a unha mesma entidade política) que sería precisamente o punto máis polémico sobre a galeguidade destes territorios.

Aínda que en boa parte das comarcas en cuestión poida existir un sentimento de irmandade ou simpatía co pobo galego, ou mesmo un sentimento de galeguidade aberta como demostra a existencia de militantes de organizacións nacionalistas galegas na zona e os votos obtidos por estas formacións, as posicións de pertencer a unha mesma nación chamada Galiza son minoritarias. Porén, no ano 2020 leváronse a cabo varios estudos demoscópicos que preguntaban aos bercianos que configuración territorial preferían para a súa comarca, e 4 de cada 10 optaban por integrar O Bierzo en Galiza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Galicia Estremeira XeografíaGalicia Estremeira HistoriaGalicia Estremeira LinguaGalicia Estremeira Galiza irredentaGalicia Estremeira NotasGalicia Estremeira Véxase taménGalicia EstremeiraAsturiasCastela e LeónGalizaLingua galega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Jimmy GaroppoloJaime Fraiz FernándezAuto de feAlexandra Fernández GómezElisa LoncónPexegueiro (árbore)Moncho ValcarceLípidoAMasculino e feminino en galegoXogo de apostaOrdoño III de LeónÁngel CarracedoDie ZauberflöteLepa MladjenovicTuberculoseTVGAmes NovoPneumáticoJosé Miñones (homónimos)Lista de episodios de O detective ConanSoajoMarta DacostaRotacismoEduardo de Almeida NavarroO vento que axita o orxoGaliciaContigo PódeseMarta DarribaMcDonnell Douglas DC-10Colocación do pronome átono en galegoHistoria da lingua galegaEncyclopædia BritannicaAlberto Luis DíazAndrea MaceirasIlla de CretaRomanía45Cultura castrexaMarzo na cultura popular galegaExtremo, Arcos de ValdevezCaralloWayback MachineTimeHeorhiy NarbutPratos combinadosCerámicaA fiestra valdeiraMarga PazosBunkyōContactorBaionaGolfo de CádizMoldaviaEduardo Blanco AmorIntelixencia artificialColin Firth1Mario ObreroJosé Cornide SaavedraSingular e plural en galegoCangasEuroNadalEscola de FrankfurtDécimas ao Apóstolo SantiagoMartiño de Dumio1994TahuataSen Senra🡆 More