Filolao

Filolao (en grego: Φιλόλαος, Filólaos), nado ca.

380 a.C., foi un matemático e filósofo grego pitagórico e presocrático. Considerou que toda a materia está composta por cousas limitantes e ilimitadas, e que o universo está determinado por números. Atribúeselle a orixe da hipótese de que a Terra non era o centro do Universo.

Infotaula de personaFilolao
Nome orixinal(grc) Φιλόλαος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 470 a. C. Editar o valor em Wikidata
Crotone Editar o valor em Wikidata
Mortec. 390 a. C. Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Tebas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCrotone Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , político , teórico da música , matemático , astrónomo , escritor Editar o valor em Wikidata
MovementoEscola pitagórica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosArquitas de Tarento, Xenófilo (pt) Traducir, Equécrates (pt) Traducir, Cebes (pt) Traducir, Phanto of Phlius (en) Traducir, Eurytus (en) Traducir e Diocles of Phlius (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Era natural da Magna Grecia, antiga rexión ao sur de Italia con numerosas colonias gregas. Non se sabe con seguridade de que colonia era orixinario: Crotona, Tarento ou Metaponto.

Filolao pertenceu á Escola pitagórica, establecida en Crotona, e foi discípulo de Pitágoras e probabelmente de Aresas. En Tebas foi mestre de Simnias e Cebes, quen despois se converterían en discípulos de Sócrates.

Dióxenes Laercio sinala, citando un epigrama da súa época, que morreu pola rebelión dos crotoniatas, que sospeitarían que Filolao preparaba a instalación dunha tiranía na cidade.

Filosofía

Participou e desenvolveu a cosmoloxía pitagórica entendendo un universo regular, predicíbel e aritmético no cal xiran planetas e astros. Entre eles aparece a Terra, que xira nunha órbita circular, polo que aparece dotado de movemento, a diferenza dos universos dos xonios. Ademais, explicou o movemento diúrno da Terra con base no xiro ao redor dun punto central fixo no espazo, idea que influíu, por exemplo, nun contemporáneo seu: o rapsodo Leurípides de Calamata.

Filolao 

Para Filolao o cosmos está formado por un lume central, chamado Hestia, e nove corpos que xiran ao seu redor: a Antiterra (Antichton), a Terra, a Lúa, o Sol (esfera de cristal que reflicte o lume central), os cinco planetas observábeis e a esfera das estrelas fixas (ou sexa, a bóveda celeste que engloba os astros anteriores).

Obra

Dióxenes Laercio reproduce, sen dala por auténtica ou falsa, a versión contemporánea de que Filolao sería autor dun libro. Platón compraríallo aos seus descendentes por unha importante cantidade de prata (40 minas alexandrinas) ou recibiríao dun discípulo pitagórico ao que axudaría cando era perseguido pola xustiza. Posteriormente usaría o texto como inspiración, fonte ou molde de copia para a súa propia obra Timeo.

Noutra pasaxe Dióxenes fala non dun, senón de tres libros. Respecto diso, o erudito Charles Peter Manson sinala que o primeiro libro trataría sobre o Universo; o segundo, sobre a natureza dos números, fonte da esencia das cousas de acordo ás ideas pitagóricas. O mesmo Dióxenes cita a Demetrio de Magnesia, quen na súa obra Περὶ ὁμωνύμων ποιητῶν καὶ συγγραφέων sinalaría que Filolao foi o primeiro pitagórico en publicar o corpo de dogmas do grupo, baixo a sentenza: "A natureza no mundo está coligadamente composta de finitos e infinitos, igualmente que o universo e canto nel se contén".

Eponimia

  • O cráter lunar Philolaus leva este nome na súa memoria.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Harmonía das esferas.

Ligazóns externas

Tags:

Filolao TraxectoriaFilolao NotasFilolao Véxase taménFilolao-470-380CircaFilosofíaGrecia antigaLingua gregaMatemático, matemáticaMateriaNúmeroPresocráticosTerraUniverso

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AdrenalinaAltriTito VilanovaFesta dos maiosHans ZimmerLola FloresTÁlex FidalgoRoberto Vidal BolañoCristiano RonaldoSanta CompañaJosé López CamposEstado NovoLista de estacións de tren de GaliciaFrancisco Porto MellaAna TurpinHolocaustoNormativa oficial do galegoXoán Manuel PintosRamiro CarregalLucie IdloutGoizuetaAna María Fernández MartínezLingua casteláConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesFranciaXosé Luís Méndez FerrínBritney SpearsLista de exónimos en galegoDeserto do SáharaAs leis de CelavellaFrancisco AsoreyLista de voces dos animaisRataJosé Luís Valladares FernándezPonte 25 de AbrilEstadio Municipal de RiazorTotó GarcíaListenbourgJennifer LopezAsteraceaeCharles DarwinAeroporto de VigoLalínLista de palabras galegas de orixe celtaOtelo Saraiva de CarvalhoRusiaFentoManuel MaríaIsabel II do Reino UnidoAntón Villar PonteEcce HomoFernando Salgado GarcíaGuerraAC-312Cabo Norte, NoruegaSan PetersburgoYolanda CastañoAna Luísa BouzaDía das Letras GalegasBispoAna Belén FortesEduardo IndaDigital object identifierCarlos NegroMedalla CastelaoMariano RajoyFauna de GaliciaJoan Manuel SerratGuillermo Alonso BarciaEnsaio (literatura)Universidade de Santiago de Compostela🡆 More