Federación Republicana Gallega

A Federación Republicana Gallega (FRG) foi unha plataforma política que se argallou na xuntanza, coñecida como o Pacto de Lestrobe, celebrada o 26 de marzo de 1930 no Pazo de Hermida entre partidos e personalidades republicanas galegas.

Federación Republicana Gallega
Pazo de Hermida.

Traxectoria

A FRG agrupaba catro organizacións: a ORGA, o Partido Radical, o Partido Radical Socialista e o Partido Republicano Federal. Esta plataforma pretendía establecer unha estratexia conxunta e autónoma dos republicanos galegos e designou a Santiago Casares Quiroga como o representante galego na xuntanza dos republicanos españois que se celebrou en Donostia o 17 de agosto de 1930, o Pacto de San Sebastián que tiña como finalidade elaborar o programa dun futuro goberno provisorio da república.

Nos meses anteriores á proclamación da república, a FRG organizou mobilizacións de masas contra o goberno do xeneral Berenguer e participou nas eleccións do 12 de abril de 1931 en coalición co PSOE, conseguindo vencer na maioría das cidades. Tras a proclamación da república a disparidade de estratexias no seo da FRG leva á marcha dos partidos minoritarios dela, permanecendo tan só a ORGA no seo da FRG. Nas eleccións a Cortes Constituíntes a ORGA presenta os seus candidatos baixo as siglas da FRG que manterá ata abril de 1932.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Avilés Farré, Juan (2006). La izquierda burguesa y la tragedia de la II República (en castelán). Madrid: Comunidad de Madrid. Publicaciones Oficiales. ISBN 978-8445128817. 
  • Alfonso Bozzo, Alfonso (1976). Los partidos políticos y la autonomía en Galicia 1931-1936. Col. Arealonga (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 9788473391351. 
  • De la Granja, José Luis; Beramendi, Justo; Anguera, Pere (2003). La España de los nacionalismos y las autonomías (en castelán). Madrid: Síntesis. ISBN 84-7738-918-7. 

Tags:

193026 de marzoPacto de LestrobePazo de Hermida

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de nomes masculinos en galegoMeteoGaliciaAves acuáticasEva MejutoSalgueiro MaiaCatedral de MilánEleccións municipais de 2015 en Galicia633CSSEscherichia coliJosep CarrerasPortadaXabier DeiveAlfabeto galegoFermin MuguruzaPaddington 2Rosalía Fernández RialInterrogación retóricaOs outros feirantesA Ponte do Porco, Miño, MiñoAbril na cultura popular galegaÁrbores senlleiras de GaliciaAlba ManceboBatalla de CacheirasHentaiCarlos MeixideMaría JamardoNarónLista de palabras galegas de orixe celtaFentaniloGuerra civil españolaGarbiñe MuguruzaLingua casteláCurtisÁlex de la IglesiaAguaneiroCarlos NegroLingua xavanesaCantiga de amigoJéssica BouzasModelo OSIShinovaEstadio Municipal de RiazorAndrés Mellado FernándezJava (linguaxe de programación)Raffaella CarràCarballo comúnBarcelonaCaso Asunta BasterraMoinanteReino Armenio de CiliciaJoaquín SabinaRaquel AtanesCentro público integradoPitbullXavier AlcaláDistritos de PortugalRevolución dos CaraveisHalobacteriumEduardo Blanco AmorLuís SeoaneNapoleón I de FranciaLedicia CostasNuno García PicoBerta DávilaAvesRelación sexual humanaA ComarcaTomiñoFieito realCorfúEuropa2004🡆 More