Forzas Armadas Revolucionarias De Colombia: Grupo guerrilleiro marxista-leninista de Colombia

As Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Exército do Pobo (FARC-EP) son un grupo guerrilleiro marxista-leninista de Colombia.

Son consideradas un grupo terrorista tanto en Colombia como a nivel internacional. As FARC operan en Colombia e na zona fronteiriza con Venezuela. Participan no conflito armado colombiano dende a súa conformación oficial en 1964 e eran dirixidas por un secretariado de sete membros que estivo baixo o comando de Pedro Antonio Marín, coñecido polos alias de Manuel Marulanda Vélez ou Tirofijo até o seu falecemento en marzo de 2008 por causas naturais. Dende entón, o seu líder en xefe foi Guillermo León Sáenz alias Alfonso Cano até que foi dado de baixa polo Exército de Colombia o día 4 de novembro de 2011. O 15 de novembro, a organización confirmou por medio dun comunicado que o seu novo Comandante en xefe era Rodrigo Londoño Echeverri, alias «Timochenko» ou «Timoleón Jiménez».

Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia
Logo
Forzas Armadas Revolucionarias De Colombia: Grupo guerrilleiro marxista-leninista de Colombia
Forzas Armadas Revolucionarias De Colombia: Grupo guerrilleiro marxista-leninista de Colombia
AcrónimoFARC, FARK e РВСК-АН
Tipomovemento guerrilleiro e organización terrorista
IdeoloxíaMarxismo-leninismo e Bolivarianismo
Data de fundación1964 e 2019
Data de disolución2017
Presidente/aTimoleón Jiménez (pt) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
PaísColombia
editar datos en Wikidata ]

As orixes das FARC son anteriores a 1964, ano no que o daquela presidente Guillermo León Valencia decidiu bombardear Marquetalia, un lugar onde estaba asentado un grupo de homes, mulleres e nenos labregos liberais e comunistas. Estes lugares foron denunciados como repúblicas independentes.

As súas accións consistían no narcotráfico, guerra de guerrillas, minaría ilegal, así como técnicas terroristas como a implantación de minas antipersoa, o asasinato de civís, membros do goberno, policías e militares, o secuestro con fins políticos ou extorsivos, atentados con bombas e armas non convencionais (cilindros de gas, animais bomba), actos que provocaron desprazamentos forzados de civís, recrutamento de menores, destrución de pontes e estradas por medio de bombas con dinamita, ademais de destrución de estacións de policía e as casas dos civís que se atoparan preto. Segundo as Nacións Unidas, as FARC e o ELN son responsables do 12 % dos asasinatos de civís do Conflito armado en Colombia.

Contra o ano 2010, estimábase que as FARC tiñan presenza e exercían a súa influencia nalgunhas zonas de 24 dos 32 departamentos de Colombia sobre todo no sur e leste do país, concretamente en Putumayo, Tolima, Nariño, Cauca e Valle del Cauca. O goberno de Colombia reportou a existencia de operacións militares e campamentos nos países que teñen fronteira con Colombia, como Venezuela, Ecuador, Panamá e o Brasil.

O seu número de efectivos varía segundo as fontes. No 2001, estimábanse até en 16 000, pero despois das derrotas sufridas posteriormente, o grupo viuse minguado. Porén, malia o debilitamento por mor da morte dos seus principais líderes, as Forzas Militares de Colombia a través do sector Defensa, e a Consultora en Seguridade e Defensa Decisive Point aseguran que dende 2010 as FARC perdera preto de 2 300 homes. Grazas á presión das forzas estatais colombianas, o grupo armado pasou de ter 10 100 hombres a 7 800. Segundo un informe de Human Rights Watch, entre o 20 e o 30% son menores de 18 anos, moitos dos cales recrutados pola forza.

O 23 de xuño de 2016, despois de case catro anos de diálogos entre o goberno colombiano e as FARC-EP desenvolvidos na Habana (Cuba), declarouse o remate das accións militares de ámbolos dous bandos ademais da desmobilización, entrega de armas e reinserción na vida civil dos militantes do grupo subversivo, sendo a fin das FARC como organización insurxente e alzada en armas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

15 de novembro1964ColombiaConflito armado colombianoGuerrillaManuel MarulandaMarxismo-leninismoVenezuela

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

María Antonieta de AustriaA EstradaTECOR societarioRepública ChecaRaposo comúnMoinanteFranciaCarrasco (planta)Isabel II do Reino UnidoSonia MéndezEstados Unidos de AméricaUnión AfricanaUniversidade de Santiago de CompostelaGalileo GalileiMaría Xosé QueizánRoberto BautistaFerroAtlánticaCristina LosadaCarmen LovelleBeraBubelaReino de GaliciaBatalla das Termópilas (-480)Immanuel KantAntonio López FerreiroAsunta Basterra PortoForcareiXosé Manuel PiñeiroLista de filmes coas maiores recadaciónsGoizuetaNúmero piRepública Democrática do CongoAntónio de SpínolaPadrónLaurent CantetXunta de GaliciaJorge PeteiroRetorno a Tagen AtaA chave das nocesDiáspora galegaAntiga CartagoMoisés Rodríguez PérezLuísa VillaltaGonzalo Pérez JácomeCopia por contactoFermin MuguruzaXunta Suprema do Reino de GaliciaJoan Manuel SerratNormativa oficial do galego2015Selección de fútbol de GaliciaXXX edición dos Premios GoyaGoretti SanmartínFauna de GaliciaVila de CrucesLeitzaThe ArtistDepartamento de ApurímacMariano RajoyManuel Gago MariñoIgantziFrancisco FrancoTeixugoRefraneiro galego sobre o mes de maioVladimir PutinAgustín Fernández PazGrupo SargadelosCunnilingusNava CastroHolocaustoNational Portrait GalleryO Pedrouzo, Arca, O PinoEl Pueblo GallegoTradescantia fluminensis🡆 More