Exército De Liberación De Kosovo

O Exército de Liberación de Kosovo, ELK ou UÇK (siglas en albanés de Ushtria Çlirimtare Kombëtare) foi unha organización terrorista albanokosovar (aínda que houbo países que non a consideraron como tal) que pretendía a independencia de Kosovo de Iugoslavia e, posteriormente, de Serbia na década de 1990.

Exército De Liberación De Kosovo
Emblema do UÇK.

As autoridades iugoslavas consideraban o ELK como un grupo terrorista. Así mesmo, o ELK se encontraba na lista de grupos terroristas da Base de coñecemento do terrorismo elaborada polo Memorial Institute for the Prevention of Terrorism (MIPT) e do Consorcio Nacional para o estudo do terrorismo e respostas ao terrorismo do Departamento de Seguridade Nacional dos Estados Unidos.

A principal figura histórica do UÇK foi Hashim Thaçi, hoxe dedicado á política no Partido Democrático de Kosovo (PDK), quen proclamou a independencia kosovar. Tras os atentados do 11-S, comezaron a aparecer informacións que vinculaban ao UÇK co grupo terrorista xihadista Al Qaeda.

Historia

En febreiro de 1996, o UÇK levou a cabo unha serie de ataques contra obxectivos como estacións de policía, oficinas gobernamentais serbias e civís serbios en Kosovo occidental. As autoridades serbias denunciárono como unha organización terrorista e incrementaron o número de forzas de seguridade na rexión, o que tivo como efecto contraproducente o de aumentar a credibilidade do nacente UÇK entre a poboación albanokosovar.

A súa campaña contra as forzas de seguridade serbias precipitou unha importante ofensiva militar iugoslava que levou á guerra de Kosovo de 1998-1999. A intervención militar das forzas de seguridade iugoslavas e as milicias serbias en Kosovo produciu un éxodo da poboación albanokosovar e unha crise de refuxiados que provocou a intervención militar da OTAN para deter o que foi amplamente identificado (polos países membros da OTAN, organizacións pro dereitos humanos, a Unión Europea e os medios de comunicación occidentais) como unha campaña de limpeza étnica. O conflito chegou ao seu fin cun acordo negociado polo cal as Nacións Unidas tomaron o control provisional da administración e do proceso político de Kosovo.

Voluntarios estranxeiros

O UÇK incluíu nas súas filas a voluntarios estranxeiros procedentes de Suecia, Bélxica, o Reino Unido, Alemaña, os Estados Unidos e Francia. Tamén participaron de 30 a 40 voluntarios da Asociación Internacional de Voluntarios das Forzas Croatas no adestramento das tropas do UÇK.

Apoio internacional

Exército De Liberación De Kosovo 
Hashim Thaçi, un dos fundadores do UÇK, e posteriormente primeiro ministro de Kosovo.

En 1996, o semanario británico The European publicou un artigo dun experto francés que afirmaba que

Os servizos de intelixencia civil e militar alemáns estiveron involucrados no adestramento e equipamento dos rebeldes co propósito de cimentar a influencia alemá na área dos Balcáns [...] O xurdimento do ELK en 1996 coincidiu co nomeamento de Hansjoerg Geiger como o novo director do Bundesnachrichtendienst (servizo secreto alemán). [...] Os homes do Bundesnachrichtendienst estaban a cargo de seleccionar recrutas para a estrutura de mando do ELK de 500.000 kosovares en Albania.

O ex conselleiro do parlamento alemán Matthias Küntzel intentou probar despois que a diplomacia secreta alemá fora un instrumento de axuda ao UÇK desde a súa creación.

James Bissett, que fora embaixador do Canadá en Iugoslavia, Bulgaria e Albania e que abandonou o seu traballo diplomático para traballar nunha organización internacional en Moscova, axudando ao goberno ruso a establecer unha nova axencia de inmigración, escribiu que "xa en 1998, a CIA, axudada polos servizos especiais británicos, estaba armando e adestrando a membros do Exército de Liberación de Kosovo en Albania para fomentar unha rebelión armada en Kosovo [...] A esperanza era que, con Kosovo en chamas, a OTAN podería intervir". Segundo Tim Judah, os representantes do UÇK xa reuniran coas axencias de intelixencia norteamericana, británica e suíza en 1996 e, posibelmente, "varios anos antes". Así mesmo, The Sunday Times publicou que "axentes de intelixencia estadounidenses admitiron que axudaron a adestrar ao Exército de Liberación de Kosovo antes do bombardeo da OTAN a Iugoslavia".

Esta actitude do goberno de Washington recibiu severas críticas, por prestar apoio a un grupo conectado ás redes internacionais do terrorismo islamista.

Financiamento

Durante o conflito kosovar, The Washington Times informou do financiamento das actividades do UÇK a cargo da mafia albanesa, grazas ao tráfico de heroína e cocaína en Europa occidental. Incluso o Departamento de Estado dos Estados Unidos o incluíra na súa lista de organizacións terroristas. Aínda que o seu líder Hashim Thaçi fundou o Partido Democrático de Kosovo, o UÇK seguiu utilizando a violencia e a intimidación de rivais políticos para manter o control da rexión. Isto fíxose co fin de protexer a empresas criminais que dependían da cooperación amistosa das autoridades locais. Tamén a actividade das mafias enviadas a España, destinadas ao roubo en urbanizacións e residenciais de luxo, contribuíu ó financiamento da guerra contra Serbia.

Repercusións da guerra de Kosovo

Despois da guerra, a OTAN e as autoridades serbias firman un acordo de paz que deixaba a Kosovo baixo o protectorado das Nacións Unidas. O UÇK acorda desarmarse, aínda que no firmou os tratados de paz. A OTAN logrou convencer ao UÇK para que se desmilitarizara e participara no proceso de paz, coa promesa de formar o Corpo de Protección de Kosovo (CPK ou TMK en albanés), grupo que traballaría, xunto coas forzas da OTAN, na patrullaxe da provincia. O legado do UÇK segue a ser moi forte no interior de Kosovo. Así, os seus antigos membros desempeñan un importante papel na política kosovar actual. Por exemplo, o seu antigo xefe político Hashim Thaçi é agora o líder do Partido Democrático de Kosovo e primeiro ministro de Kosovo desde xaneiro de 2008.

O antigo comandante militar do UÇK, Agim Çeku, converteuse tamén en primeiro ministro de Kosovo despois da guerra. O seu nomeamento causou controversia en Serbia, pois Belgrado o vía como un criminal de guerra, aínda que nunca foi acusado polo Tribunal da Haia.

Ramush Haradinaj, un antigo comandante do EÇK, exerceu brevemente como primeiro ministro de Kosovo antes de entregarse voluntariamente ao Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPII) na Haia para enfrontar os cargos presentados contra el por crimes de guerra. Nove dos dez testemuñas que in declarar contra el morreron en diferentes circunstancias, e o outro retirou o seu testemuño tras sufrir un intento de asasinato.

Fatmir Limaj, un dos antigos comandantes do UÇK, tamén foi procesado na Haia e absolvido de todos os cargos en novembro de 2005. Actualmente, é Ministro de Transportes e Telecomunicacións de Kosovo.[Cómpre referencia]

Hajredin Bala, un ex garda de prisión do UÇK, foi sentenciado o 30 de novembro de 2005 a 13 anos de cárcere polo maltrato de tres prisioneiros de Llapushnik e debido ao seu papel persoal no "mantemento e imposición das condicións inhumanas" no campo, axudando na tortura dun dos prisioneiros e participando no asasinato de nove prisioneiros do campo que marchaban ás montañas de Berisha entre o 25 e o 26 de xullo de 1998. Bala apelou a súa sentenza e na primavera de 2006 aínda estaba pendente a súa resolución.[Cómpre referencia]

Acusacións de abusos

Crimes de guerra

Existen informes de crimes de guerra cometidos polo UÇK tanto durante como despois da guerra de Kosovo. Estes estarían dirixidos directamente contra serbios e outras minorías étnicas (principalmente xitanos) e contra os albaneses acusados de colaborar coas autoridades serbias. Segundo o informe de 2001 elaborado por Human Rights Watch (HRW):

O ELK foi responsábel de varios abusos [...] entre eles secuestros e abusos contra serbios e albaneses considerados colaboradores do Estado. Elementos do ELK son tamén responsábeis de ataques posconflito contra serbios, xitanos e outros non albaneses, así como contra rivais políticos albaneses [...] queima e saqueos estendidos e sistemáticos de fogares serbios, xitanos e doutras minorías e da destrución de igrexas ortodoxas e mosteiros [...] combinados co acoso e intimidación deseñados para forzar ás persoas a saír fóra das súas casas e comunidades [...] elementos do ELK son claramente responsábeis por moitos destes crimes.

O UÇK emprendeu ataques contra cidadáns serbios en Kosovo, represalias contra albaneses que "colaboraron" co goberno serbio e bombardearon estacións de policía e cafeterías coñecidas por seren frecuentadas por oficiais serbios, matando a civís inocentes no proceso. O goberno serbio informou que o UÇK asasinara e secuestrara a non menos de 3.276 civís de varias etnias, e tamén a algúns albaneses.[Cómpre referencia] O número exacto de vítimas do UÇK descoñécese. Segundo un informe do goberno serbio, desde o 1 de xaneiro de 1998 ao 10 de xuño de 1999, o UÇK asasinou a 988 persoas e secuestrou 287; no período do 10 de xuño de 1999 ao 11 de novembro de 2001, cando a OTAN tomou o control de Kosovo, foron asasinados 847, e 1.154 secuestrados. Estas cifras comprenden tanto a civís como a membros das forzas de seguridade: dos asasinados no primeiro período, 335 foron civís, 351 soldados, 230 policías e 72 non foron identificados; por nacionalidade: 87 foron civís serbios, 230 albaneses e 18 doutras nacionalidades.[Cómpre referencia] Despois da retirada das forzas de seguridade serbias e iugoslavas de Kosovo en xuño de 1999, todas as mortes foron de civís, a maioría serbios. Segundo Human Rights Watch, "tantos como mil serbios e xitanos foron asasinados ou desapareceron desde o 12 de xuño de 1999".

Tráfico de órganos

Carla Del Ponte, fiscal-xefe do Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia, denunciou no seu libro The Hunt: Me and the War Criminals que existiron casos de tráfico de órganos en 1999 despois do fin da guerra de Kosovo. Estas acusacións foron negadas por autoridades kosovares e albanesas, mentres que o TPII sostivo que "non se conseguiu ningunha evidencia confiabel que probe as acusacións.

Estas acusacións vinculaban ao que se convertería en primeiro ministro de Kosovo, o antigo dirixente do UÇK Hashim Thaçi.

O asunto reabriuse en decembro de 2010, cando a Comisión Europea presentou un informe, elaborado por Dick Marty, no que se acusaba a Thaçi de ser o xefe dunha organización mafiosa que perpetrou asasinatos e traficou con droga e órganos de prisioneiros, reafirmando as denuncias de Del Ponte.

Algúns membros do UÇK, como Adem Demaçi e Rexhep Qosjas están implicados nos crimes cometidos despois da guerra e contribuíran, na súa busca da creación dunha Gran Albania, á desestabilización dos Estados veciños de Kosovo: Macedonia do Norte ou Montenegro.

Vinculo con Al Qaeda

Despois dos atentados do 11-S a prensa internacional comezou a facerse eco da vinculación existente (debida a motivos relixiosos) entre o UÇK e o grupo terrorista xihadista Al Qaeda, afirmando que Estados Unidos protexeu a terroristas de Al Qaeda en Kosovo. Segundo estas informacións o comandante das forzas de elite do grupo terrorista kosovar era Muhammad al-Zawahiri, irmán do médico exipcio Ayman al-Zawahiri, o número dous de Osama bin Laden, chegando a afirmar que Estados Unidos protexeu a terroristas de Al Qaeda en Kosovo.[Cómpre referencia] Esta versión mantéñena outros estudosos do tema, que consideran a al-Zawahiri xefe operativo de Al-Qaeda nos Balcáns.

Segundo un estudo do Observatoire de l'action humanitaire, Muhammad al-Zawahiri desenvolveu unha importante rede islamista de apoio ao UÇK, coa incorporación de activistas procedentes de países árabes. Michel Chossudovsky publicou en 2005 que tanto a intelixencia alemá e a CIA como Al Qaeda colaboraron en actos terroristas perpetrados na ex Iugoslavia. Para Chossudovsky, a Alianza Atlántica apoio a unha organización terrorista que non loitaba polos dereitos dos albaneses, senón todo o contrario.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • "KLA Action Fuelled NATO Victory", Jane's Defence Weekly, 16 de xuño de 1999
  • "The KLA: Braced to Defend and Control", Jane's Intelligence Review, 1 de abril de 1999
  • "Kosovo's Ceasefire Crumbles As Serb Military Retaliates", Jane's Intelligence Review, 1 de febreiro de 1999
  • "Another Balkan Bloodbath? Part Two", Jane's Intelligence Review, 1 de marzo de 1998
  • "Albanians Attack Serb Targets", Jane's Defence Weekly, 4 de setembro de 1996
  • "The Kosovo Liberation Army and the Future of Kosovo", James H. Anderson e James Phillips, 13 de maio de 1999, Heritage Foundation, Heritage Foundation (Washington, USA)

Ligazóns externas

Tags:

Exército De Liberación De Kosovo HistoriaExército De Liberación De Kosovo Apoio internacionalExército De Liberación De Kosovo FinanciamentoExército De Liberación De Kosovo Repercusións da guerra de KosovoExército De Liberación De Kosovo Acusacións de abusosExército De Liberación De Kosovo Vinculo con Al QaedaExército De Liberación De Kosovo NotasExército De Liberación De Kosovo Véxase taménExército De Liberación De Kosovo1990Albaneses de KosovoIugoslaviaLingua albanesaSerbia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Canle (enxeñaría)Vilamartín de ValdeorrasCúpulaBoborásChikungunyaBicogrosoBalthasar GérardÁcido nonadecanoicoEnciclopediaRuth BrownGiotto di BondoneCobra viperina2005PatacaXoves SantoDavid BroncanoKagoshimaInés ArrimadasParafiléticoOpisthocomiformesLingua alemáGuerra civil rusaFukuokaNordés (vento)Lingua malékuSan Xoán de RíoTangoPonte das PíasMúsicaOurenseSelenaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoCorpo cetónicoXXX edición dos Premios GoyaCelanovaApp Store (iOS)Orixe das avesPedro I do BrasilAnfipáticoChadFosfatidilglicerolViroidePragaLista de reis de BabiloniaHonoluluCarpa comúnCrimeaEscitasPhilip GlassArchaeopteryxHistoria dos eslavos do surXVI dinastía exipciaLeicesterTaurotragus oryxPLámpada incandescenteJohn F. KennedyAndre DrummondAngela MerkelFrancisco, papaNiccolò MachiavelliCinque TerreCharles LeclercCelastrina argiolusTroitaLista de nomes femininos en galegoMundial de Fútbol de 2014ArtemisaBrendon HartleyFauna de GaliciaPlebePimpíns de DarwinLingua samoanaEvoluciónGaliciaMaría Cristina de Habsburgo-LorenaLingua birmana🡆 More