Estrés

O estrés (do latín stringere ‘apertar’ a través do seu derivado en inglés stress ‘fatiga de material’) é unha reacción fisiolóxica do organismo no que entran en xogo diversos mecanismos de defensa para afrontar unha situación que se percibe como ameazante ou de demanda incrementada.

Fisiolóxica ou biolóxica é a resposta dun organismo a un factor de tensión tales como unha condición ambiental ou un estímulo. O estrés é o xeito dun corpo de reaccionar a un desafío. De acordo co evento estresante, a maneira do corpo a responder á tensión é mediante o sistema nervioso simpático de activación que dá lugar á resposta de loita ou fuxida. Debido a que o corpo non pode manter este estado durante longos períodos de tempo, o sistema parasimpático ten tendencia a facer regresar ó corpo a condicións fisiolóxicas máis normais (homeostase). Nos humanos, a tensión normalmente describe unha condición negativa (distrés) ou pola contra unha condición positiva (eustrés), que pode ter un efecto mental, físico e mesmo de benestar ou malestar nun ser humano, ou mesmo noutra especie de animal.

Estrés
Clasificación e recursos externos
Estrés
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Eustrés e distrés

Aínda que case sempre, principalmente nos humanos, a palabra estrés adoita posuír unha connotación negativa (o oposto quizais sería o nirvana budista ou o principio de nirvana de S.Freud) a ciencia distingue dous tipos de estrés, tanto en animais como en humanos:

  • Eustrés ou estrés positivo: é un proceso natural e habitual de adaptación, que consiste nunha activación durante un período curto de tempo co obxectivo de resolver unha situación concreta que require máis esforzo. Nos animais non humanos o eustrés evidénciase nos estímulos que por reacción favorecen á vida.
  • Distrés ou estrés negativo: é aquel que nun animal (incluído o ser humano) supera o potencial de homeostase ou equilibrio do organismo causándolle fatiga, maiores niveis de ansiedade, de irritabilidade e de ira. A tensión mantida pode provocar a aparición de consecuencias físicas, debidas ó aumento do gasto de enerxía, unha maior rapidez de actuación, menor descanso do necesario e o consecuente esgotamento das forzas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Selye, H. (1956): The Stress of Life
  • C. Sandi, C. Venero, M. I. Be. (2000): ""Estrés, Memoria y Trastornos Asociados. Implicaciones en el Daño Cerebral y el Envejecimiento". Colección Ariel Neurociencia. Editorial Ariel.

Tags:

Estrés Eustrés e distrésEstrés NotasEstrés Véxase taménEstrésHomeostaseLingua inglesaLingua latinaSistema nervioso parasimpáticoSistema nervioso simpático

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ánxel CasalSubgrupoScarlett JohanssonFelaciónRefraneiro galego sobre o panDeportivo da CoruñaBob DylanJesús Vázquez AlmuíñaTeoría de númerosDavid SuchetLugoVietnamBélxicaÁlvaro Porto DapenaAlberto Núñez FeijóoEscáncerFigueresInglaterraVichelocregoAmieiroCarles PuigdemontPobo palestinoIsabel Díaz AyusoAntónio de Oliveira SalazarSexo analJéssica BouzasForcareiClint EastwoodBojan KrkićPapuxa das amorasSerés, Serés, CastroverdeBibTeXFauna de GaliciaHistoria de GaliciaLucie IdloutJordi PujolFalange EspañolaAC-101TECOR societarioAsunta Basterra PortoEstanislao FiguerasMiguel SolísRosario Porto OrtegaMVicente RiscoAlbert EinsteinEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024GalaicosVómito (grupo musical)PontevedraMúsica tradicional galegaFederico Jiménez LosantosDonald TrumpGonzalo Pérez JácomeEsencia de trementinaXunta Suprema do Reino de GaliciaLista de paísesSusana FortesAlexander VórticeBubelaMíster EspañaToniña comúnDomingoGabriel AlénValenciaJavier CasqueiroRacing Club de FerrolSalvador DalíMimosaClara CampoamorMark WahlbergAmaia Martínez Grisaleña🡆 More