Eleonora Duse

Eleonora Giulia Amalia Duse, máis coñecida como Eleonora Duse, nada en Vigevano o 3 de outubro de 1858 e finada en Pittsburgh o 21 de abril de 1924, foi a máis soada actriz de teatro italiana de finais do século XIX e principios do século XX.

Infotaula de personaEleonora Duse
Eleonora Duse
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1858 Editar o valor em Wikidata
Vigevano (Reino de Sardeña) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 1924 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Pittsburgh (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaAsolo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Italia (1861–1924)
Reino de Sardeña (–1861) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de teatro , guionista , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
ParellaGabriele d'Annunzio Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Eleonora Duse

IMDB: nm0244598 IBDB: 38814
Discogs: 2770398 Find a Grave: 6892620 Editar o valor em Wikidata
Eleonora Duse
Eleonora Duse
Retratada por Franz von Lenbach.

Alcanzou gran fama por interpretar os papeis do escritor noruegués Henrik Ibsen, ademais dos clásicos. Foi contemporánea das divas británicas Patrick Campbell e Ellen Terry e tamén da diva francesa Sarah Bernhardt, coa que sostivo unha longa rivalidade profesional e persoal.

Traxectoria

Inicios

Cóntase que naceu nun vagón de tren e que o seu primeiro papel o interpretou aos catro anos, xa que a súa familia era de actores teatrais. Os seus pais foron os actores Alessandro Vincenzo Duse e Angelica Cappelletto. O seu primeiro papel protagonista realizouno aos 14 anos cando encarnou a Xulieta de Shakespeare.

Tivo rivalidade coa famosa actriz francesa Sarah Bernhardt, quen era contemporánea súa; con todo, posuían estilos moi diferentes, xa que Eleonora buscaba comprender a mentalidade da personaxe e Sarah imprimíalle o seu selo persoal ás personaxes que interpretaba. A pesar destas diferenzas de estilo, ambas as actrices sostiveron unha longa rivalidade para lograr ser consideradas "a mellor actriz do mundo" por parte do público. No persoal, a relación que Gabriele d'Annunzio sostivo coas dúas divas fomentou aínda máis a rivalidade.

Matrimonio

En 1881 casou con Tebaldo Checchi, unión da que naceu a súa filla Enrichetta. En 1885 aceptou un contrato para unha xira por América do Sur, e entón a súa fama, xa excepcional en Italia, excedeu as fronteiras. Nesta época coñeceu o libretista e compositor Arrigo Boito, de quen aprendeu o valor do estudo e da elevación espiritual e cultural.

No transcurso dunha xira triunfal por Europa (1891-1892) iniciou, en Viena, a batalla en favor de Ibsen, impondo ao público a discutida Casa de bonecas. En 1893 obtivo un grande éxito en América do Norte e noutros países estranxeiros. En 1899 tivo compañía teatral co gran actor Ermete Zacconi.

D'Annunzio

En 1894 produciuse o seu primeiro encontro con D'Annunzio, que estaba entón na cúspide da súa fama. O triunfo obtido en París con Il sogno di un mattino di primavera (1897), obra deste autor, convenceuna de que atopara o creador da traxedia moderna. Dende entón o seu repertorio estivo formado case exclusivamente por obras deste autor. Esta relación terminou en 1910, cando o polémico escritor se involucrou en asuntos políticos (o escritor foi precursor do fascismo italiano) e se despreocupou totalmente de Eleonora.

A ruptura deses amores e unha crise espiritual levárona, despois do seu éxito con La locandiera de Goldoni, en 1909, a abandonar inesperadamente o teatro; este retiro durou doce anos.

Última época

Durante a guerra de 1914-18 a actriz prodigou a súa asistencia aos feridos e deu recitais nas frontes.

En 1916 filmou Cenere de Febo Mari, o seu único testemuño cinematográfico cando tiña case sesenta anos.

Reapareceu ante o público en Turín en 1921 con Fruen fra havet, de Ibsen, negándose a ser maquillada e preocupándose tan só de ofrecer ao público non unha ficción, senón o froito dunha ansiosa procura da verdade interior. Tras engadir ao seu repertorio outras obras, reemprendeu unha nova etapa da súa vida artística, iniciando outra xira por Norteamérica, onde a sorprendeu a morte en Pittsburgh.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Eleonora Duse TraxectoriaEleonora Duse Véxase taménEleonora Duse1858192421 de abril3 de outubroActrizItaliaPittsburgh, PensilvaniaSéculo XIXSéculo XXTeatro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Transformador (modelo de aprendizaxe automática)Fauna de GaliciaCamilo Díaz BaliñoLista de paísesCarlos de Matos GomesEnsaio (literatura)Pedro RieloJesús Vázquez AlmuíñaEva MejutoBélxicaTelevisión de GaliciaBritney SpearsDodecágonoJosé Luis Rodríguez ZapateroRamón Otero PedrayoJoan Manuel SerratSílvia OrriolsCarballedo, Cerdedo-CotobadeHarvey WeinsteinParafusoGran Guerra IrmandiñaEduardo Blanco AmorRamón CabanillasAna María Fernández MartínezAmaia Martínez GrisaleñaCamiño de SantiagoUniversidade de Santiago de CompostelaAlberto Núñez FeijóoXabier FortesAC-101Provincia da CoruñaValentín García GómezBoyanka Kostova (grupo musical)CubaReal Academia Galegac70mgToxo arnalRéptilesRacing Club de FerrolRocco SiffrediVerbos galegos ser, estar e irAlfonso RuedaGalileo GalileiPortugalÁnxel CasalPalmaSonDeSeuSonia MéndezBortziriakEva CárdenasDavid MellaGonzalo Pérez JácomeGuillermo Alonso BarciaRembrandtSete Sabios de GreciaDelfínXogo da chaveNoelia ReyIsaac NewtonPontedeumeLucie IdloutMoisés Rodríguez PérezClint EastwoodSlumdog MillionaireMariano RajoyMerloAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoCoordenadas xeográficasJulio Iglesias RedondoCatedral de Santiago de CompostelaDistritos de PortugalBubela🡆 More