Elena Huelva

Elena Huelva Palomo, nada en Sevilla o 21 de maio de 2002 e finada en Sevilla o 3 de xaneiro de 2023, foi unha activista española pola loita contra o cancro.

Paciente con sarcoma de Ewing, foi coñecida por divulgar a súa experiencia coa enfermidade a través das redes sociais, e así axudar aos demais co mesma enfermidade. Tamén promoveu a investigación do cancro e acuñou a frase "Mis ganas ganan" para describir a súa actitude ante a enfermidade.

Infotaula de personaElena Huelva
Biografía
Nacemento(es) Elena Huelva Palomo Editar o valor em Wikidata
21 de maio de 2002 Editar o valor em Wikidata
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (20 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Sarcoma de Ewing (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturasen valor Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista , creadora de contido dixital , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm15971705 Twitter: elenahuelva02 Instagram: elenahuelva02 TikTok: elenahuelva Find a Grave: 248105978 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Elena Huelva naceu o 21 de maio de 2002 na cidade de Sevilla, sendo a segunda filla de Manuel Huelva e Emilia Palomo. En 2019, aos dezaseis anos, diagnosticáronlle o sarcoma de Ewing, momento a partir do que comezou a publicar información sobre este tipo de cancro a diario nas redes sociais, así como o seu día a día coa enfermidade.

Desde 2019, colaborou con varias organizacións sen ánimo de lucro relacionadas co cancro. En 2022 escribiu o libro Mis ganas ganan onde contaba a súa experiencia coa enfermidade.

En decembro de 2022 deseñou un pano para o xoguete "Baby Pelón", vendido pola Fundación Juegaterapia co obxectivo de recadar fondos para a investigación do sarcoma de Ewing. Para levar a cabo esta recollida, a Fundación Juegaterapia creou a "Beca Elena Huelva" xunto co Grupo Español de Investigación en Sarcomas (GEIS).

Elena Huelva faleceu o 3 de xaneiro de 2023 tras un continuo empeoramento da súa enfermidade. O seu falecemento provocou unha vaga de reaccións nas redes sociais, entre as que destacan as condolencias de gran número de personaxes públicos, que van desde o ámbito político, como o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, ata o mundo do espectáculo, os medios de comunicación e entidades deportivas como como o Real Betis Balompié.

Un día despois do seu falecemento, o 4 de xaneiro de 2023, celebrouse un acto conmemorativo ao que acudiron diversos personaxes públicos como a presentadora de televisión Sara Carbonero ou o cineasta Alberto Rodríguez Librero e, finalmente, tras o devandito acto, foi incinerada no tanatorio-crematorio de Camas (Sevilla).

Notas

Ligazóns externas

Tags:

2002202321 de maio3 de xaneiroCancroSevilla

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Revolución galega de 1846Vila de CrucesSaga da FundaciónMatria (filme)Coia, VigoProduto interior brutoDavid PerdomoMaría Xosé QueizánXoán (nome)Día Internacional dos TraballadoresDeputación de OurenseFrancisco Fernández del RiegoBaltar, MelideXogo da chaveAbel LosadaFrancisco FrancoFernando AlonsoThe Wedding DateSardiñaUIAFALuísa MerelasGaliciaPiardaA BañaClaudio Garrido MartínezPaíses BaixosEsgonzo comúnVacaLady GagaFragas do EumeLista de exónimos en galegoEucaliptoDolores O'RiordanMaría GalianaFiúnchoPremios da Cultura GalegaJesús Peleteiro SuárezPartido Comunista dos Traballadores de EspañaDani PedrosaGatoLingua inglesaCamba, Castro CaldelasXosé Antonio Ventoso MariñoAníbal MalvarHenrique López VeigaIsmael RamosSMaría JamardoPonte dos SantosEleccións municipais en CamariñasBFreixoMario ObreroEl LuísDonicelaEusebio Alonso VieitesRibadeoXoniaTuiXunta de GaliciaColocación do pronome átono en galegoSubstantivoLa Voz de GaliciaBrañaLista das aves de GaliciaA Pobra de TrivesMarta Fernández-TapiasCastroverdePobo galegoGalicia estremeiraLista de programas de Televisión EspañolaFolgoso, Castro CaldelasPoutaO Barco de ValdeorrasOrtigueiraSan Cibrao das Viñas🡆 More