Ecotón

O ecotón, do grego eco- (oikos ou casa) e ton, (tons ou tensión), é un lugar onde os compoñentes ecolóxicos están en tensión.

É a zona de transición entre dúas ou máis comunidades ecolóxicas (biocenose) distintas.

Ecotón
As marismas son lugares de transición marcada (bordo) entre comunidades e presentan grande interese ambiental.

Xeralmente, en cada ecotón viven especies de fauna e flora propias de ambas as comunidades, pero tamén poden atoparse organismos particulares, alleos a ambas. Ás veces a ruptura entre dúas comunidades constitúe un límite ben definido, denominado bordo; noutros casos hai unha zona intermedia cun cambio gradual dun ecosistema ó seguinte.

A miúdo, tanto o número de especies como a densidade de poboación dalgunhas das especies é maior no ecotón ca nas comunidades que o bordean debido a un efecto de bordo, baseado no empalme dalgunhas poboacións nunha mesma zona polo aproveitamento de nichos ecolóxicos compartidos en dúas comunidades con estruturas moi diferentes.

Desde o punto de vista sistémico é no ecotón onde se produce o maior intercambio de enerxía. Así, o ecotón representa a zona de máxima interacción entre ecosistemas limítrofes. É por este motivo que estes límites adoitan considerarse como zonas de maior riqueza e interese biolóxico.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Odum, Eugene; Gary Barret (2006). Rocío Cabañas Chávez, ed. Fundamentos de Ecología (5ta ed.). Thomson. ISBN 970-686-470-9. 

Tags:

Ecotón NotasEcotón Véxase taménEcotónBiocenoseLingua grega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

The Times of IndiaNCandorcaLabios (xenitais)PontedeumeXogo da chaveAs Pontes de García RodríguezGalicia estremeiraG1CogomeloMaría Xosé QueizánHéctor CajaravilleLa Voz de GaliciaGonzalo DuránMúsica tradicional galegaFiúnchoLinuxAsexualidadeFollaJulián Iglesias del RíoCouto MixtoPorqueiraDornelas, MosMarínBrais LamelaGoián, TomiñoXosé Ramón GayosoXosé Luís Méndez FerrínGrellaFesta dos maiosManuel DopazoXabier DeiveHenrique López VeigaSexo oralCaldas de ReisSabugueiroEucalipto1 de abrilTamara CanosaHidrografía de GaliciaEleccións municipais en San Cibrao das Viñasd91jvRoko (actriz)TECOR societarioGran Premio de Acerbaixán de 2023Ismael RamosFerreiriñoDaniel DomínguezConfessions of a Teenage Drama QueenBeatriz DouradoLista de castelos de PortugalOs ÁnxelesXunta de GaliciaLobios77Ilves NaisetMarta DoviroUXabier GonzálezColocación do pronome átono en galegoGrupo RompenteEstatuto de autonomía de Galicia de 1936Prefectura de ShizuokaToquioMaragotaVicente RiscoNatalia Puente PradoArzúaJuan Copa🡆 More