Conspiración Coudenhove-Kalergi

A conspiración Coudenhove-Kalergi, máis coñecida como Plan Kalergi, é unha teoría de conspiración difundida en círculos ultraconservadores, antisemitas, nacionalistas brancos e de extrema dereita no mundo occidental desde a década de 1970.

Fai referencia a un suposto proxecto xa en curso que promove a mestura entre persoas brancas con grupos inmigrantes non brancos procedentes do Terceiro Mundo co fin de eliminar a raza branca do planeta. Segundo a teoría, o plan foi creado polo austríaco Richard Coudenhove-Kalergi e posteriormente difundido en círculos sociais europeos aristocráticos.

Conspiración Coudenhove-Kalergi
Bandeira da Unión Internacional Paneuropea, organización liderada por Richard Coudenhove-Kalergi. Fundada baixo os piares do nacionalismo europeo, o liberalismo e o cristianismo, foi prohibida polo nazismo durante a Segunda Guerra Mundial. As organizacións euroescépticas radicais e neonazis utilízana como símbolo do "poder xudeu e a destrución das diferentes culturas brancas" en Europa

A teoría de conspiración asóciase principalmente a grupos e partidos de Europa e América do Norte. Porén, no século XXI, o Plan Kalergi viuse un incremento dos seguidores en América Latina, especificamente en México e o Cono Sur. Este feito está relacionado coas comunidades de colonos brancos e descendentes de crioulos ante as migracións centroamericanas, andinas e caribeñas aos seus respectivos territorios. Moitas veces o plan Kalergi é concibido como sinónimo doutras teorías conspirativas, entre elas o marxismo cultural e o xenocidio branco.

Orixes

Segundo a revista Il Foglio, o escritor austríaco Gerd Honsik, destacado negacionista do Holocausto, comezou a publicar obras que distorsionaban os escritos de Richard Coudenhove-Kalergi na década de 1970. As controvertidas interpretacións de Honsik culminaron no seu libro Kalergi Plan de 2005. O xornal de investigación Linkiesta describiu o Plan Kalergi como un engano comparábel á fabricación antisemita dos protocolos dos sabios de Sion. Nun esforzo por loitar contra unha «invasión hispana de Texas», o supremacismo branco de orixe estadounidense adheriuse á teoría de conspiración da gran substitución.

Influencia

O grupo de interese Hope Not Hate, de tendencia antirracista e antifascista, describiuno como unha teoría de conspiración racista. Alega que Kalergi pretendía influír nas políticas europeas sobre inmigración para crear unha «poboación sen identidade» supostamente gobernada por unha elite xudía. O Southern Poverty Law Center, unha ONG a prol dos dereitos civís, salienta que o mito do Plan Kalergi é «unha maneira claramente europea de empurrar a narrativa do xenocidio branco no continente, con nacionalistas brancos que citan fóra de contexto os escritos de Kalergi para afirmar que as políticas de inmigración da Unión Europea son tramas insidiosas incubadas hai décadas para destruír a xente branca».

Na novela de 2018 Middle England, o autor Jonathan Coe satiriza o Plan Kalergi co seu personaxe do teórico da conspiración Peter Stopes.

George Soros, como na maioría de teorías de conspiracións vencelladas co sionismo, é acusado de estar detrás do Plan Kalergi.

Notas

Véxase tamén

= Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Conspiración Coudenhove-Kalergi OrixesConspiración Coudenhove-Kalergi InfluenciaConspiración Coudenhove-Kalergi NotasConspiración Coudenhove-Kalergi Véxase taménConspiración Coudenhove-Kalergi = Véxase taménConspiración Coudenhove-KalergiAntisemitismoAustríacoDécada de 1970Nacionalismo brancoOccidenteRaza brancaRichard Coudenhove-KalergiTeoría da conspiraciónTerceiro MundoUltradereita

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BananaRakel WinchesterOviedoIllas CookAscaris lumbricoidesLevantamento Kerenskii-KrasnovYouTubeProvincia de OurenseMela CasalVästergötlandAlexander MostovoiApp Store (iOS)Max VerstappenArma nuclearLand Rober Tunai ShowCristovo ColónColesAC-960ShinovaHaile GebrselassieIllas SalomónLocativoAporia crataegiHarry BelafonteCarlito syrichtaLingüísticaLingua osetaReiquiavikAirbus A220Cabassous unicinctusMasturbación coas mamasMustela nigripesTeixugoRoko (actriz)LogroñoNADPHISBN2019RomaPorto da LúaCarlos GardelCarboxiloAviónBacaladaCharles LeclercIllas CanariasToledoAeroporto de Berlín-TegelPigmento biolóxicoSegunda República EspañolaBisexualidadeLexión EspañolaEdward R. MurrowCentrocampistaRetrato de TenochtitlanVisbySistema nervioso somáticoBalthasar GérardAtún listadoPessachNana MouschouriJohn Horton ConwayWikipediaBearizPirelliSabuguido, Vilariño de ConsoA lei de Lidia PoëtCircuíto Ricardo TormoRibocimaColocación do pronome átono en galegoXoves SantoDécada de 1170CarotenoCarlos XV de Suecia🡆 More