Condoleezza Rice

Condoleezza Rice, nada en Birmingham (Alabama) o 14 de novembro de 1954, é unha política republicana estadounidense.

Infotaula de personaCondoleezza Rice
Condoleezza Rice
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Birmingham, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Condoleezza Rice 66ª Secretario de Estado dos Estados Unidos
26 de xaneiro de 2005 – 20 de xaneiro de 2009
← Colin PowellWilliam Joseph Burns (pt) Traducir →
Conselheiro de Segurança Nacional dos Estados Unidos (pt) Traducir
20 de xaneiro de 2001 – 26 de xaneiro de 2005
← Sandy BergerStephen Hadley (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Denver (pt) Traducir
Universidade de Notre Dame (pt) Traducir
Josef Korbel School of International Studies (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia política, política e diplomacia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Stanford Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , pedagoga , profesora universitaria , pianista , autobiógrafa , politicóloga , diplomática , escritora , académica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa, lingua rusa, lingua francesa, lingua castelá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Condoleezza Rice Editar o valor em Wikidata

Páxina webprofiles.stanford.edu… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1110666 Facebook: condoleezzarice Twitter: CondoleezzaRice Instagram: condoleezzarice Discogs: 1639150 WikiTree: Rice-10913 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Formación

Condoleeza naceu no Holy Family Community Hospital de Birmingham, Alabama. É filla única de John W. Rice. Jr e Angelena Ray, profesora de secundaria. Estudou na St. Mary's Academy, licenciada en artes na Universidade de Denver e doutora en Filosofía na mesma universidade en Denver.

Comezos na política

Rice foi demócrata até 1982. Despois cambiou a republicana porque non estaba de acordo coa política exterior do presidente demócrata Jimmy Carter, e tamén por influencia do seu pai, que era republicano.

Carreira

Foi a 66ª Secretaría de Estado dos Estados Unidos e a segunda secretaria de Estado do ex presidente George W. Bush. Ela tomou o relevo de Colin Powell o 26 de xaneiro de 2005, despois de que este renunciase. Rice foi a primeira muller afroamericana, a segunda afroamericana (despois de Powell) e a segunda muller (despois de Madeleine Albright) en servir como secretaria de Estado.

Antes de converterse en secretaria de Estado, Condoleezza Rice foi a asesora de Seguridade Nacional de Bush durante o seu primeiro mandato (20012005), exercendo o cargo durante os ataques do 11 de setembro. Antes de diso, foi profesora de ciencias políticas na Universidade Stanford de 1993 a 1999, onde tamén foi reitora.

Relacións internacionais

Condoleezza Rice 
Rice reunida co ministro S. Lavrov.

Rice foi Secretaria de Estado na década seguinte ao final da guerra fría. Tiña visitado a URSS en 1979. Aínda que deslizou certas críticas ao réxime de Vladimir Putin, en xeral mantivo boas relacións coa Federación Rusa, de quen dixo que colaboraron na chamada "guerra contra o terrorismo" e nas relacións con Oriente Medio, cando o Ministro de Exteriores Sergey Lavrov asegurou que non se oporían á resolución sobre Irán. Rice criticou máis tarde a intervención rusa en Osetia do Sur.

Críticas á súa xestión

Condoleezza Rice 
Condoleezza Rice saúda a William Lehigh. Durante o discurso, Rice foi interrompida repetidamente polos opositores á "guerra contra o terror". Boston College. 22 de maio de 2005.

As actividades de Condoleezza Rice na Administración de George W. Bush foron sometidas a unha dura crítica tanto nos EEUU como no estranxeiro.

Sobre a guerra de Iraq

A senadora demócrata de California Barbara Boxer criticou a Rice en relación coa guerra de Iraq: "Persoalmente, creo -esta é a miña visión- que a súa lealdade a esta operación, a xustificación desta guerra, superou o seu respecto pola verdade." .

Na Universidade

Insatisfeitos coas súas políticas tentaron impedir que Rice falase en público en institucións educativas, como a Universidade de Princeton e o Boston College, cuxa administración suxeriu que Rice dimitise como profesora asociada.

Sobre o Katrina

Durante o paso do furacán Katrina e o agravamento da situación en Nova Orleáns, rumoreuse que Rice asistiu a unha representación en Broadway. No documental do cineasta afroamericano Spike Lee When the Dams Collapsed, Michael Eric Dyson criticouna: "Ao mesmo tempo que a xente afogaba, ela camiñaba pola Madison Avenue, comprando zapatos Ferragamo. Despois foi ver Spamalot!"

Vida persoal

Desde 2006 até 2011 rumoreouse que mantiña unha relación co ministro canadense Peter MacKay; Rice negou o romance pero afirmou que fora un bo amigo e grazas a el continuou no seu cargo, que ela planeaba deixar.

Tamén foi vinculada polos medios ou a opinión pública cos ministros de Relacións Exteriores italiano (Massimo D'Alema) e británico (Jack Straw) e segundo ela suxeriu despois do asasinato de Muamar al-Qadafi, o líder libio tiña unha "obsesión arrepiante" con Rice, a quen lle fixo un álbum de fotos e un vídeo dos seus encontros con Vladimir Putin e Hu Jintao, e a quen chamaba "flor negra na Casa Branca" e "princesa africana".

Participación audiovisual

Rice participou no documental de 2011 Miss Representation ririxido e producido por Jennifer Siebel Newsom. A película explora como os medios principais contribúen á sub-representación das mulleres en posicións influentes ao facer circular retratos limitados e, a miúdo, despectivos delas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Condoleezza Rice TraxectoriaCondoleezza Rice NotasCondoleezza Rice Véxase taménCondoleezza Rice14 de novembro1954AlabamaBirmingham, Alabama

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CangasVíctor CoyoteEsther EstévezÁnxel CasalAlbaniaO Carreiro, Aguiño, RibeiraJuan CopaNJosé Manuel Rodríguez PuenteWayback MachineXesús PisónO Carregal, Valadares, VigoLois DiéguezOrtigueiraOVacaLedicia CostasMaría Xosé QueizánBetanzosJosé Manuel Baltar BlancoEleccións municipais en CamariñasLingua casteláA Coruña29 de abrilFontao, A TeixeiraMarina Castaño8BugalloCarbohidratoLeite CeltaSantuario de Nosa Señora da PenedaSexo oralEvelina HervellaMoscovaRevolución galega de 1846Pablo VioqueLagarto arnalAntón LouroMaría José Caldelas6Pablo López JiménezDavid RegadesDani PedrosaGerardo Pardo de VeraPorta SantaSésBoimortoO reino medieval de Galicia na historiografíaSabugueiroOurenseLuís Álvarez PousaThe Notebook (filme)Adiós, MaríaCalendario hebreoSubstantivoPedra de SconeParque Nacional das Illas AtlánticasLista de nomes masculinos en galegoGalipediaLuís TorrasBandeira de GaliciaDaniel AsoreyIslamNomenclatura binomialAnxo Xoán Rajó PazóCouto MixtoXaime Isla CoutoManuel Lourenzo GonzálezDe catro a catroEucalipto7-ZipIulia DrúninaGoián, Tomiño🡆 More