Chévere: Compañía de teatro galega

O Grupo Chévere (Chévere Producciones S.L.U.) é unha compañía de teatro independente e produtora audiovisual galega, con sede en Teo.

Chévere
Logo
Tipocompañía de teatro
Data de fundación1987
Persoas relacionadasMiguel de Lira e Patricia de Lorenzo
PremiosPremio Nacional de Teatro
Na rede
http://www.grupochevere.eu/
Facebook: grupochevere Twitter: chevereteatro Instagram: chevereteatro Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Chévere: Traxectoria, Montaxes, Recoñecementos 
Chévere presentando o Music.gal en 2008.

Foi creada en Santiago de Compostela ao redor de 1987 por Miguel de Lira, John Eastham, Vicente Mohedano Mira e Xesús Ron (en 1988 engadiuse Blanca Cendán e nos anos sucesivos Manuel Cortés). O grupo impulsou en 1992 a apertura da Sala Nasa (Nave de Servizos Artísticos), converténdose nunha das denominadas compañías residentes de teatro. Nela ficaron ata o 30 de setembro de 2011, ano en que a abandonaron pola falta de apoio do Concello de Santiago. O 9 de marzo do ano seguinte, comezaron cunha nova residencia estable no veciño concello de Teo.

Alí continuaron desenvolvendo a súa actividade habitual ata que en 2014 recibiron o Premio Nacional de Teatro do Ministerio de Cultura. Como resposta ao galardón crearon A Berberecheira, un espazo de creación e experimentación teatral de xestión colectiva, co obxectivo de apoiar proxectos externos á compañía, ofrecendo aos seus colaboradores a estrutura, os medios e a experiencia da compañía. Os primeiros resultados deste laboratorio de creación foron as pezas Goldi Libre (2016) de César Goldi, Salvador (2017) de Borja Fernández e Anatomía dunha serea (2018) de Iria Pinheiro. .Todos eles teñen en común o seu carácter autobiográfico ou o uso de materiais e experiencias propias, así como a experimentación nos rexistros e nas narrativas escénicas.

Como produtores teatrais destacaron pola posta en marcha das denominadas Ultranoites, espectáculos teatrais de variedades e cabaret con grande importancia da participación do público, onde se deron a coñecer moitos artistas noveis como Luís Tosar ou Fran Narf, motivo polo que terminaron sendo "un catálogo vivo das xentes do teatro galego". A primeira Ultranoite tivo lugar o 30 de xaneiro de 1993, contando cunha actuación dos actores Miguel de Lira e Manuel Cortés cunha "homenaxe ás traballadoras do sexo" do compostelán barrio do Pombal. Co tempo foron incorporándose ao grupo novos artistas multidisciplinares como Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar ou César Goldi, actuais integrantes e protagonistas das últimas producións. Tras a mudanza a Teo, as Ultranoites celebradas neste concello cambiaron o nome para Ultranoiteo durante o ano 2012, recuperando posteriormente a denominación orixinal.

O 12 de novembro de 2014 estreouse no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu documental A viaxe dos Chévere do director compostelán Alfonso Zarauza, que narra e analiza o nacemento e percorrido da compañía nesta cidade e o seu éxodo cara Teo. A finais do mesmo ano editouse o disco-libro-DVD Máis alá da Ultranoite, onde se recolle a historia das dúas décadas de Ultranoites na Sala Nasa. Outra das súas obras audiovisuais foi a curtametraxe En Plan Galicia (2005), incluída no filme-documental colectivo Hai que botalos.

No ano 2016 estrea Eroski Paraíso, espectáculo cuxa adaptación cinematográfica levan á pantalla grande no 2019 da man da produtora OlloVivo. Tamén en 2016 dirixiu o espectáculo da edición dos Premios María Casares, mentres que en 2017 celebrou o seu 30 aniversario recuperando as súas obras mestras Río Bravo, Annus Horríbilis e Ultranoite no País dos Ananos, esta última representada nunha ateigada Praza da Quintana de Santiago de Compostela. Tamén nese ano publicou xunto coa editora Kalandraka a colección Biblioteca de Teatro, cos textos das obras máis representativas da compañía. En 2018 estrea a súa primeira coprodución co CDG Divinas Palabras Revolution, unha adaptación da obra de Valle-Inclán.

En 2022 Kalandraka editou Chévere (1987 – 2022), trinta e cinco anos de axitación cultural.

Montaxes

Chévere: Traxectoria, Montaxes, Recoñecementos 
Presentación das actividades do 30 aniversario de Chévere en 2017.
  • Servicio discrecional (sketches) (1987)
  • Supersónic, o mal non acouga (1988)
  • Salomé (1989)
  • Río Bravo (1990)
  • Big Bang (1992)
  • Máquina total (1994)
  • Cabaret tan tan (1994)
  • Annus Horríbilis (Pícola Ópera Portábile) (outubro de 1994)
  • Órbita Mutante (pachanga teatral) (maio de 1997)
  • A rutina é o deber de todas as criaturas (xaneiro de 1999)
  • Show sincero de Ana Pudor (1999)
  • Hero.es (marzo de 2000)
  • Clownfútbol (xullo de 2000)
  • O Navegante (outubro de 2001)
  • Humana (xullo de 2002)
  • Río Bravo 02 (outubro de 2002)
  • Escapárate (teatro en escaparates comerciais) (2003, 2010 e 2012)
  • Radio Universo (abril de 2004)
  • Tentacular (2006)
  • Alá no fondo hai sitio abondo (espectáculo sobre nanotecnoloxía) (2007)
  • S.O.S. planeta terra (espectáculo sobre as ciencias da Terra) (2008)
  • Unha noite chévere na casa das campás (2008)
  • Testosterona (febreiro de 2009)
  • Citizen 1 (outubro de 2010)
  • Citizen 2 (novembro de 2010)
  • Citizen 3 (febreiro de 2011)
  • I'll be watching you (espectáculo xuvenil para a prevención da violencia machista) (2011)
  • Citizen. Edición completa (marzo de 2011)
  • Eurozone (febreiro de 2013)
  • As fillas bravas (2014)
  • Ultranoite no País dos Ananos (2014)
  • Eroski Paraíso (2016)
  • Divinas Palabras Revolution (2018), coprodución co CDG
  • Curva España (2019)
  • Chévere: Traxectoria, Montaxes, Recoñecementos 
    Chévere presentando o Music.gal en 2008.
    N.E.V.E.R.M.O.R.E. (2021)

Berberecheira

  • Goldi Libre (2016)
  • Salvador (2017)
  • Anatomía dunha serea (2018)

Recoñecementos

Recibiu, entre outros, o Premio da Crítica de Barcelona ao mellor musical (decembro de 1996), o Premio de Honra da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e o Premio Nacional de Teatro (2014). Tanto a compañía coma os seus integrantes foron galardoados con numerosos Premios María Casares ao longo da súa traxectoria, destacando os tres premios a mellor espectáculo por Citizen Total (2012), Eurozone (2014) e Eroski paraíso (2017). En 2018 recibiu o Premio Gala do Libro Galego na modalidade de Teatro polo texto de Rio Bravo, editado por Kalandraka.

En 2022, Premio da Crítica de Galicia por N.E.V.E.R.M.O.R.E.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Chévere TraxectoriaChévere MontaxesChévere RecoñecementosChévere NotasChévere Véxase taménChévereTeatroTeo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingConcha BuikaCanle (comunicación)Lista de estacións de tren de GaliciaAmorodeiraCLonga noite de pedraPhil CollinsSobreiraFoliadaEva Iglesias MiguénsAmieiroMadridManuel AzañaCastiñeiroLoeweChubby CheckerAriadna Fernández GonzálezCromosomaCódigo QRCarbohidratoKarl MarxCosta da MorteDeus, porque es tan fato!Reino UnidoFragas do EumeAs Pontes de García RodríguezPremio Nacional de Literatura de EspañaXosé Ramón Fernández-OxeaTelexornalA rendición de BredaRede privada virtualMariano RajoyPedro J. RamírezGerardo Pardo de VeraReino de GaliciaSevillaDesviación típicaThe BeatlesOs ResentidosCantabriaJulio Ulloa VencePontecesuresLista de paísesAndorraQueiroaNicolás González CasaresIslandiaNúmero piComarcas de GaliciaImperio BritánicoBrad PittColocación do pronome átono en galegoAranésIllas BalearesChantadaCarballoMoción de confianzaGabriel AlénClub dos 27Sabela (Operación Triunfo)Xosé Luís Franco GrandeConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesLareiraCélula amácrinaWikipedia en igalaPablo Carpintero AriasXurxo de CapadociaSete Sabios da Fraga de BambúCarlos CasaresLince (zooloxía)🡆 More